Ir al contenido principal

Pentecoste

Canto para comezar  ( se se considera oportuno )

(Música.- Hoxe aquí, mañá alí...) Domingo 31

Hoxe volve ser domingo,
Xuntase a comunidade.
No día do Espírito Santo
Acollámo-la Palabra.

Ai elelelé,ai alelelé, ai elelé, ai elelelala

Hoxe somos a metade,
Cada vez uns poucos máis.
Pra de xeito paseniño ,
Estar toda a comunidade.

Ai elelelé,ai alelelé, ai elelé, ai elelelala

E xa nos dispoñemos,
No nome do noso Pai,
Do Fillo e mais do Espírito,
Esta misa comezar.

Ai elelelé,ai alelelé, ai elelé, ai elelelala...




Acollamos o vento do Espírito que zoa invitándonos á renovación

            Remol               

Rezando na Casa 

“Festa de Pentecostes”

(Celebramos hoxe a festa de Pentecostes, a festa do Espírito Santo. Case que sen parecelo, xa van alá cincuenta días da Pascua. Sendo xa algúns máis os que hoxe xa participamos presencialmente na celebración realizada nos templos; outros, polas causas que sexan, seguen a rezar desde a casa, afondando nese ser Igrexa Doméstica.
Volvemos buscar un lugar tranquilo para rezar. Poñemos, coma os outros días, un pano branco sobre unha mesa, acendemos unha candea e colocamos ao lado un vaso con un pouco de auga).

No nome do Pai... 

Canto.-

Que ledos hoxe estamos, cantando a nosa fe!

a fe en Xesucristo, amigo que nos quer!


El guía os nosos pasos, El ten conta de Nós.

Seguros imos todos, da man do Salvador.


LUZ DE ESPERANZA CON OLLOS DE MISERICORDIA

A celebración de hoxe, Pentecostes, cincuenta días despois da Pascua, sinala o remate do tempo de Pascua, conmemora a chegada do Espírito Santo e o comezo do tempo da Igrexa.
Unha Igrexa en saída, como adoita a dicir Francisco, que camiña de xeito sinodal, é dicir: xunt@s, tomando conciencia de ser Pobo de Deus e da necesidade de ir ao encontro dos demais, deixándonos tocar pola realidade do noso tempo e sentíndonos parte do mundo.
Que a forza resucitadora do Espírito tamén acompañe ao noso país e sande os corazóns rotos pala dor e a pobreza, que nos encha de esperanza e poidamos seguir sendo Igrexa en saída, que busca un renovado Pentecostes nestes momentos actuais.

ABRÍMONOS Á MISERICORDIA

— Para que fagamos da humildade actitude persoal: SEÑOR, QUE FAGAMOS OCO Á PRESENZA DO ESPÍRITO EN NÓS.
— Para que non teñamos medo a estar no medio das persoas necesitadas e rexeitadas do noso mundo: CRISTO, QUE FAGAMOS OCO Á PRESENZA DO ESPÍRITO EN NÓS.
— Para que non fagamos do idioma nin da cultura muro senón ponte, como ocorreu en Penstecostes: SEÑOR, QUE FAGAMOS OCO Á PRESENZA DO ESPÍRITO EN NÓS.

POÑEMOS O OÍDO Á ESPREITA

Lectura dos Feitos dos Apóstolos

Cando se cumpriron os días de Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles. Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito.

Había daquela en Xerusalén xudeus piadosos de todas as nacións da terra. Ao se producir aquel estrondo, xuntouse a xente e ficou moi desconcertada, porque cada un sentíaos falar na súa propia lingua.

Pasmados e admirados, dicíanlles uns a outros: "Olla! E todos estes que están aí a falar non son galileos? E logo como é que os sentimos falar cada un de nós no noso propio idioma nativo? Partos, medos, elamitas, xente da Mesopotamia, Xudea, Capadocia, Ponto, Asia, Frixia e Panfilia, do Exipto e da parte de Libia contra Cirene, forasteiros romanos tanto xudeus coma prosélitos, cretenses e árabes, sentimos falar nas nosas linguas das grandezas de Deus". 

Estaban todos pasmados de admiración e dicíanlles uns a outros: "¿Que será isto?" Outros facían riso deles e dicían: "¡Están cheos de viño!"

Palabra do Señor

Grazas a Deus


Do Evanxeo segundo Xoán


Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:

Paz convosco.

Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez:

Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.

E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:

‑Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.

Palabra do Señor

Gloria a Ti, Señor Xesús


REMOENDO A PALABRA

Hoxe, festa de Pentecoste invítasenos a que teñamos sempre presente que como segrares, invitad@s a comprometernos na construción dun mundo máis xusto, solidario e respectuoso co coidado da Casa Común, non debemos facelo buscando protagonismo, senón poñendo o noso servizo, de xeito humilde e participativo, ao dispor de facer do mundo espazo de encontro e acollida; onde nos poidamos entender a pesares das múltiples linguas, culturas ou cores da pel que, uns e outros poidamos ter..

O Espírito faise presente onde habitaba o desalento, a sensación de fracaso e a incertidume. A pesares de saber que a forza de Xesús os acompañaba, os apóstolos seguían estando en “off”; a súa seguía ser a noite escura de quen non vía saída nin perspectivas de cambio e renovación. Tivo que chegar o Vento Forte, a cada un/ha deles/delas para que deixaran atrás os laios, perderan os medos e sairan a anunciar a ledicia da proposta que lles tiña legado Xesús. A forza do Espírito que van sentindo sácaos do seu adormecemento; a presenza do Espírito pon en marcha a Igrexa. Xa non hai marcha atrás! Esa mesma presenza é a que nos pide hoxe a nós unha actitude semellante. Deixemos atrás os laios, os derrotismos, as tristezas, asumamos as nosas limitacións, si, pero non para quedar parados nelas, senón para tomar conciencia de que inda temos moito que facer neste noso mundo tan necesitado das actitudes que nos mostra Xesús: escoitar, acoller, acompañar, alentar, solidarizarnos coas persoas máis débiles e vulnerables.

Porque unha vez que o Espírito se fai presente no medio da comunidade e esta é capaz de percibilo, xa non nos deixa; ao contrario, pon en marcha o noso ser comunidade misioneira e evanxelizadora. Comunidade que constrúe o ben común e crea compromiso e respecto pola Casa Común e cant@s nela vivimos. O que precisa de nós un xeito novo de mirar e mirarnos. Unha mirada limpa e renovadora que nos axude a descubrir o rastro da presenza do Resucitado no noso mundo a través da fe que se proclama, da esperanza que se comparte e da caridade que se constrúe na comuñón comunitaria e sempre fraterna.

NA ORACIÓN COMPARTIDA

Convócanos o Señor a compartir a oración comunitaria. Acollemos a invitación e dicimos:

QUE A PRESENZA DO ESPÍRITO ALENTE OS NOSOS PASOS

  • Pidamos para que sexamos unha Igrexa aberta, dialogante, sinodal, unha comunidade que asuma as periferias xeográficas e humanas, roguemos ao Señor. 

QUE A PRESENZA DO ESPÍRITO ALENTE OS NOSOS PASOS

  • Pidamos polos países do mundo, para que poidan superar unidos as pandemias da guerra, da fame, da desigualdade, do maltrato ecolóxico, roguemos ao Señor. 

QUE A PRESENZA DO ESPÍRITO ALENTE OS NOSOS PASOS

  • Pidamos polas persoas máis débiles, polas que sofren as consecuencias da inxustiza que divide e enfronta ao ser humano. Para que saibamos acompañar sempre as súas tristezas e esperanzas, roguemos ao Señor. 

QUE A PRESENZA DO ESPÍRITO ALENTE OS NOSOS PASOS

  • Pidamos por nós, comunidade cristiá, para que saiamos das nosas zonas de conforto e nos sintamos familia que sabéndose Igrexa se deixa alentar e renovar pola presenza do Espírito santo, roguemos ao Señor.

QUE A PRESENZA DO ESPÍRITO ALENTE OS NOSOS PASOS


Grazas, Señor, por poñer realismo na nosa vida, para que poidamos descubrir a necesidade que temos de axudar e colaborar unhas persoas coas outras. Porque só así seremos capaces de superar e loitar contra as dificultades. P.X.N.S. Amén.

Noso Pai...



AQUECENDO O CORAZÓN

É importante promover unha participación significativa, unha cidadanía activa, unha cidadanía cultural e institucionalmente significativa en tódolos ámbitos da vida. A vida teologal da persoa cristiá ten unha dimensión social e tamén política que nace da fe. Esta dimensión afecta ao exercicio das virtudes cristiás ou, o que é o mesmo, ao dinamismo da vida cristiá. Desde esta perspectiva adquire toda a súa nobreza e dignidade social e política a caridade. Trátase do amor eficaz ás persoas. Cando o compromiso social ou político é vivido con verdadeiro espírito cristiá convertese nunha dura escola de perfección e nun esixente exercicio das virtudes. A dedicación á vida política debe ser recoñecida como unha das máis altas posibilidades morais e profesionais do ser humano” (Segundo o Compendio da Doutrina Social da Igrexa)


CANTO

Manda o teu Espírito.

Manda o teu Espírito;

manda o teu Espírito

e renova a faciana da terra.


A miña alma bendice ao Señor,

meu Deus, que grande es.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel