BENAVENTURADAS AS PERSOAS QUE DESCUBREN CRER, CONFESAR E AMAR COMO FOLLA DE RUTA NO CAMIÑO DA VIDA   CANTO GOZOSO   ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10)   LECTURAS:  O Señor é o meu pastor (Nº 27)   OFERTORIO:  Benaventurados (Nº 119)   COMUÑÓN:  Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   CELEBRANDO A ACOLLIDA   Bo día!. A festa de tódolos santos, a festa das persoas sinxelas de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis neste comezo de novembro para que fagamos memoria agradecida de tanta xente de tantos tempos e lugares que camiñaron como servos e servas de Deus; tantos homes e mulleres que creron sempre que o amor era o meirande ben; de tanta xente, dunha moitedume tan inmensa que nos enche o corazón de esperanza, porque, coñecidas ou descoñecidas, todas aquelas persoas que hoxe celebramos viviron o que nós queremos vivir, e por iso nos axudan e nos acompañan. Que Deus non é de mortos senón de vivos é unha realidade. Que Deus sigue presente no mundo por medio da Igrexa e d@s cristiáns é unha r...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra