Ir al contenido principal

21 DOMINGO TO B 2021

 DOMINGO XXI DO T.O.

GRAZAS, SEÑOR, POR DARNOS UNHA PALABRA QUE É VIDA

CANTO GOZOSO

  • ENTRADA:  Que ledicia a miña (Nº  4)

  • LECTURAS: As túas palabras, Señor (Nº 113)

  • OFERTORIO:  Eu soñei (Nª 58)

  • COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61)


OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN

Vivimos nunha sociedade que se esquece de Deus, dicimos moitas veces e dicimos ben. A experiencia relixiosa e algo pasado de moda e nin tan sequera paga a pena cuestionarnos sobre a existencia ou non de Deus; é unha perda de tempo pensar nesas cuestións. Para que precisamos a Deus?

Porén, nós estamos aquí nesta mañá como comunidade crente porque, como discípulas e discípulos de Xesús, a súa Palabra é para nós, espírito e vida. Por iso proclamamos que a fe non é unha realidade que se incorpora como un engadido á nosa vida, senón un xeito diferente de ser e de vivir que nos enche de gozo e de esperanza. Nela atopamos a forza para abrirnos a unha visión nova e positiva do mundo no que nos tocou vivir. Gocemos, xa que logo, da celebración comunitaria da nosa fe que agora comezamos!

PRECISAMOS DA TÚA MISERICORDIA

  • En demasiadas ocasións, Señor, coas nosas palabras e coas nosas obras, temos sido antitestemuñas da fe que profesamos, por iso che dicimos;  SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA NOS ENCHA DE ESPERANZA.

  • Moitas veces, Cristo, convertemos a fe en consumo de ritos, esquecendo que é unha opción persoal; CRISTO, QUE A TÚA PALABRA NOS ENCHA DE ESPERANZA. 

  • Cantas veces, Señor,  o noso falar de máis ten ferido aos que estaban ao noso lado, levando amargura e tristeza as súas vidas; SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA NOS ENCHA DE ESPERANZA.

ESCOITAMOS A TÚA PALABRA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOSUÉ

Xuntou Xosué a todas as tribos de Israel en Xequem, e chamou aos anciáns de Israel, aos xefes, aos xuíces e mais aos oficiais, e presentounos diante de Deus.
E Xosué falou a todo o pobo deste xeito:
Se vos anoxa servir ao Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se aos deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou aos deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e maila miña familia serviremos ao Señor".
E respondeu o pobo:
"Lonxe de nós arredármonos do Señor para servir a outros deuses, pois o Señor, o noso Deus, fíxonos subir a nós e aos nosos devanceiros da terra de Exipto, da casa do asoballamento, e fixo diante de nós aqueles grandes prodixios e protexeunos ao longo de todo o camiño que percorremos, e mais por todos os poboados por onde pasamos. Así que tamén nós serviremos ao Señor, pois El é o noso Deus".

PALABRA DO SEÑOR


PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, moitos dos discípulos de seus discípulos dixeron:
- ¡Que dura é esta doutrina! ¿Quen pode admitir tal cousa?
Comprendendo Xesús que os seus discípulos murmuraban do asunto, díxolles:
- ¿Escandalízavos iso? ¿E logo se vísedes o Fillo do Home subindo a onde estaba antes? O espírito é quen dá vida, a carne non vale para nada; as palabras que eu vos falei, son espírito e son vida. E, aínda así, hai algúns de vós que non cren.
Pois ben sabía Xesús desde o principio quen eran os que non crían e mais quen o había de entregar. E proseguiu:
- Por iso téñovos dito que ninguén pode vir a min, se non llo concede o Pai.
Desde aquela moitos dos seus discípulos botáronse para atrás, e xa non andaban con el. Preguntoulles entón Xesús ós Doce:
- ¿Vós tamén vos queredes ir?
Respondeulle Simón Pedro:
- Señor, ¿e onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna, e nós cremos e recoñecemos que ti es o Santo de Deus.

PALABRA DO SEÑOR



QUE É ESPÍRITO E VIDA

  • Coma noutrora o pobo de Israel, tamén nós, nesta mañá somos convidadas e convidados a decidir a quen queremos servir. Diante nosa ábrese todo un abano de posibilidades, de deuses aos que podemos servir e render culto: o deus mercado, o deus consumo, o deus intolerancia, o deus individualismo, o deus dominación... Tamén o Deus Pai-Nai. Somos libres para escoller a cal deles imos consagrar a nosa vida, cal deles cremos que lle vai dar sentido ao noso camiño. Ás veces nós tamén, coma os discípulos do evanxeo, sentimos a tentación de deixarnos ir polo camiño fácil, polo camiño cómodo, polo que fan todos, rendéndonos ante os pequenos deuses que nos proporcionan uns minutos dunha felicidade efémera.
  • Porque non nos enganemos, o camiño que nos propón Xesús, o camiño do Evanxeo non é un camiño doado. Esixe de nós renuncia e sacrificio, esixe mirada en abano e gratuidade, esixe compromiso e autenticidade, esixe confianza e coherencia; esixe empatía e alteridade; esixe alegría e diálogo. Se cadra, co paso do tempo fomos substituíndo estas esixencias polo fácil e polo cómodo: un ritualismo baleiro, un cumprimento, unha fe que non compromete a nosa vida, senón que é un accesorio que utilizamos segundo a nosa comenencia. Caemos así na indiferenza, esa apostasía silenciosa de tantas e tantas persoas bautizadas que van deixando que a fe esmoreza no seu corazón e que perden a ilusión de seguir o camiño de Xesús.
  • Por iso hoxe somos invitadas e invitados a mirar desde outra perspectiva a pregunta que Xesús nos lanza no evanxeo que vimos de proclamar. A cuestión de “vós tamén vos queredes ir?” pode ser analizada desde o punto de vista de “e nós... por que nos quedamos?”. Hoxe é un bo momento para parar e pensar sinceramente sobre as motivacións de que esteamos aquí nesta mañá de domingo. Oxalá que nós tamén coma Pedro, poidamos dicir alto e sen medo: Señor, estamos aquí porque Ti tes palabras de vida eterna, estamos aquí porque Ti nos dás forza para superar os atrancos da vida, estamos aquí porque Ti alentas o noso camiñar traballando pola fraternidade, estamos aquí porque Ti es o caxato no que nos podemos apoiar no camiño da vida, estamos aquí porque Ti dáslle sentido á nosa vida, estamos aquí.... porque chamaches por nós e nós, libremente, respondemos que queremos seguirte. 
ORAMOS EN COMUNIDADE

Diante do Deus que nos convoca ao redor da mesa da Palabra e do Pan de Vida, oramos como comunidade dicindo:

GRAZAS, SEÑOR, POR CHAMAR POR NÓS

  • Pola Igrexa, para que non se deixe ir polo camiño do poder e do aplauso fácil, esquecendo que o seu é ser unha Igrexa pobre e para as persoas pobres, OREMOS.

  • Polas nosas comunidades, para que sexamos capaces de facer da fe motor transformador das inxustizas e desigualdades, OREMOS.

  • Por cada unha e cada un de nós, para que  saibamos acoller e facer vida unha Palabra, sempre nova e fresca, que nos fala de liberdade, compromiso, respecto e comuñón, OREMOS.

Alenta, Señor, o noso quefacer cotián para que sexamos verdadeiras testemuñas túas no medio do mundo. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

No medio da sombra e da ferida pregúntanme se creo en Ti.
E digo que teño todo canto estou contigo: sol, luz, paz, ben, vida.
Sen Ti, o sol é luz descolorida.
Sen Ti, a paz é un cruel castigo.
Sen Ti, non hai ben.
Sen Ti, a vida é morte repetida.
Contigo o sol é luz namorada.
Contigo a paz é xustiza e desenvolvemento.
Contigo o ben é respecto e Reino.
Contigo a vida é unha vida plena.
Pois, se faltas Ti, non temos nada:
nin sol, nin luz, nin paz, nin ben, nin vida.

(J.L. Martín Descalzo)


Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor