Ir al contenido principal

5º Domingo de Pascua

UNHA ACTITUDE, UN COMPROMISO, UNHA OPCIÓN: O AMOR AO ESTILO DE XESÚS


CANTOS


Entrada: Que ledos hoxe estamos (Nº 5))

Lectura:  Ide e pregoade (Nº 55))

Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36)

Comuñón: O amor é o meirande (Nº 120)

ABRINDO OS OLLOS

Fálanos hoxe Xesús do mandato do amor. Un mandato que urxe a que o vivamos en relación cos demais, o que nos esixe ter sensibilidade especial para saber escoitar e prestar atención cando nos falan, cando nos din ou nos contan, cando alguén se dirixe a nós con preocupación e precisado de ser atendido. Porque só así a palabra amor terá sentido e será comprendido desde o estilo que Xesús nos chama a todas e todos a vivir.

Que practiquemos cada día este estilo que marca Xesús de facer do amor respecto, perdón, grazas e misericordia.


ACOLLENDO A MISERICORDIA

ASPERSIÓN


Por ser moitas veces  incapaces de escoitar o que nos din. SEÑOR, ENCHÓUPANOS CO TEU AMOR.

Porque nos sobran présas e nos falta paciencia; CRISTO, ENCHÓUPANOS CO TEU AMOR.

Por ser moito de ideas fixas e con pouca capacidade para acoller a quen é diferente; SEÑOR, ENCHÓUPANOS CO TEU AMOR.


PALABRA PROCLAMA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS


Paulo e mais Bernabé volveron para Listra, Iconio e Antioquía, enfortecendo o espírito dos discípulos e animándoos a persevararen na fe, porque  dicíanlles  temos de pasar por moitos traballos, para entrarmos no Reino de Deus. E despois de designarlles presbíteros en cada Igrexa, oraban, xaxuaban e encomendábanos ó Señor, en quen creran.

Atravesando a Pisidia, chegaron a Panfilia e, logo de anunciaren a palabra en Perxe, baixaron cara a Atalía. De alí embarcaron para Antioquía, desde onde foran confiados á gracia de Deus para a misión que viñan de cumprir. Chegando, reuniron a Igrexa e contaron todo canto Deus fixera con eles e como lles abrira ós pagáns a porta da fe. Palabra do Señor.


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE DE SAN XOÁN

Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran; e o mar xa non existía. Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo. E sentín unha forte voz que desde o trono dicía:

"Velaquí a tenda de Deus onda os homes.

Acampará entre eles:

eles serán o seu pobo

e El será o seu Deus e compañeiro.

Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos,

e a morte xa non existirá máis.

Nin haberá máis loito nin pranto nin dor,

porque as primeiras cousas pasaron xa".

O que estaba sentado no trono dixo: "Vede que volvo novas tódalas cousas". Palabra do Señor



PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN


Cando saíu do cenáculo, dixo Xesús:

 Agora queda glorificado o Fillo do Home e Deus queda glorificado nel. Se Deus queda glorificado nel, tamén Deus o glorificará a el e hao glorificar axiña. Meus fillos: só un pouquiño estarei convosco. Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós. Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros.


. Palabra do Señor.


FACENDO DA PALABRA VIDA


O tempo de pascua é un tempo para que estimulemos con toda a nosa enerxía o sentido de esperanza e alegría. Dúas actitudes que, nos tempos que corren, parecen estar á baixa entre moita xente. Porén, son os eixes de todo este tempo de pascua, como tamén o foron para Xesús e mais os apóstolos. Sen elas o noso confesarnos crentes quedaría baleiro e sen contido. Traballemos entón cada día, mesmo aos pouquiños, para que alegría e esperanza non se afasten nunca de nosa, inda que moitas veces nos custe e teñamos que loitar contra nós mesmos para facer que queden e agranden o noso corazón con humanidade e capacidade de ver aos demais coma iguais e dentro do proxecto universal que Deus, en Xesús, nos legou.


E un corazón só pode ser engrandecido desde o actuar centrado na defensa da dignidade e respecto que nos merecen cada unha das persoas. E isto, inda que o teñamos dito ou escoitado moitas veces, non é un retrouso, senón unha convicción. Un cimento desde o que ir vivindo e afrontando o noso estar cos pés na terra. Así o entenderon tamén aqueles primeiros cristiáns dos que nos falan nos Feitos dos Apóstolos. O rezar comunitariamente, o saber que sentían preto a presenza de Xesús, o irse dando conta que na medida en que pensaban e colaboraban en común, e non individualmente, as cousas melloraban. Elas e eles íanse convertendo nos mellores embaixadores e embaixadoras da esperanza e da alegría pascual.


E ámbalas dúas son as actitudes que Xesús pon na base do amor ao que se refire no evanxeo. Un amor que non é algo abstracto e difuso, senón concreción no respecto aos demais, no saber escoitar, no pararse e prestar atención ao que nos din... o amor toma forma na medida na que somos capaces de tratar aos demais como o que somos: persoas con dignidade e merecedoras de respecto. E isto inda que non pensemos igual ou teñamos culturas, relixións ou formas de entender a vida diferentes. Só na e desde a tolerancia é posible facer crible que nos amamos unhas persoas ás outras. Ao estilo de Xesús.

SENTÍNDONOS COMUNIDADE


Desde o amor do que Xesús nos fala no evanxeo, rezamos dicindo: 

QUE SAIBAMOS VIVIR NA ALEGRÍA DO AMOR.

Para que a Igrexa sexa cada día máis transparente, sincera, sinxela e fraterna no servizo ao mundo, Casa común. Oremos. Que saibamos vivir na alegría do amor.

Para que  nos esforcemos por construír parroquias máis comunitarias e menos individualistas. Oremos. Que saibamos vivir na alegría do amo. 

Para que cada un e acada unha de nós saibamos poñer en práctica o estilo de Xesús nas cousas que fagamos, especialmente na cercanía aos enfermos, no traballo pola paz e no respecto aos maiores. Oremos. Que saibamos vivir na alegría do amor.

Acompaña, Señor, a oración que compartimos e poñemos ao teu abeiro. P.X.N.S. Amén.






PENEIRANDO A REFLEXIÓN


Xesús amigo, amigo bo

veño dicirche por que te quero

porque es libre e bo compañeiro

porque es Deus, e non andas lonxe.


Xesús amigo, Xesús irmán

vén a miña casa e tráeme os teus cravos

quero levalos sempre nas miñas mans

e así, arrincalos dos meus irmáns.


Xesús amigo, Xesús pequeno

gran pensador de todos os tempos;

palabra viva, saúde de enfermos

calor para quen vive no chan.


Xesús amigo, Xesús obreiro

o de María e un carpinteiro

que es o rei de pobres e pequenos

porque contigo ninguén anda orfo.


Xesús amigo, conta comigo!

Inda que os meus anos non sexan moi dignos;

mira o meu adentro, sincero e vivo

e en túa palabra quedarei limpo.

                  ( https://www.cifraclub.com/migueli/jesus-amigo/letra/ )


Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...