Ir al contenido principal

Pascua das persoas enfermas

ACOMPAÑAR NO SUFRIMENTO. “SEDE MISERICORDIOSOS COMO O VOSO PAI É MISERICORDIOSO”

(Lc 6,36)

CANTOS

. Entrada.-  Con ledicia vimos ( 3 )

. Lecturas.- Canta o sol (  22 )

. Ofertorio.- Recibe Señor  ( 31  )

. Comuñón.- Pan do ceo, pan de vida (  53 )


PÓRTICO

Hoxe celebramos a Pascua do Enfermo, a xornada na que a Igrexa española nos invita a non esquecer que a enfermidade é parte da nosa vida, e que hai enfermidades porque hai homes e mulleres enfermas. De todas e todos queremos lembrarnos hoxe na celebración. Facémolo desde a solidariedade na oración e na conciencia de que hoxe as persoas enfermas son elas, pero mañá seremos nós, e tamén agradeceriamos que rezaran e nos tiveran presentes nas súas oracións e as súas visitas. As persoas enfermas non son seres anónimos, teñen nome e apelido, e a moitas delas coñecémolas. Compartamos logo a oración e fagamos memoria dos seus nomes e das súas vidas.


CORAZÓN MISERICORDIOSO

Porque non queremos asumir que somos persoas febles e limitadas . SEÑOR, QUE A TÚA PAZ SEXA O NOSO GUIEIRO.

Porque nos sobra violencia e nos falta acougo. CRISTO, QUE A TÚA PAZ SEXA O NOSO GUIEIRO.

Porque non sempre sabemos estar ao lado das persoas enfermas cando nos precisan. SEÑOR, QUE A TÚA PAZ SEXA O NOSO GUIEIRO.

PALABRA PROCLAMADA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

Algúns que baixaron desde Xudea ensinaban ós irmáns: "se non vos circuncidades conforme á tradición de Moisés, non vos podedes salvar". Como se orixinou un desacordo e unha disputa non pequena de Paulo e Bernabé contra eles, acordaron que Paulo, Bernabé e algúns outros subisen a Xerusalén a trata-la cuestión cos apóstolos e os responsables. 

Entón os apóstolos e os responsables de acordo con toda a Igrexa, decidiron elixir algúns de entre eles e mandalos a Antioquía, xunto con Paulo e Bernabé; Xudas, chamado Barsabás, e Silas, homes que destacaban entre os irmáns. E por medio deles mandaron esta carta:

"Os irmáns apóstolos e responsables saúdan ós irmáns de orixe pagá, que están en Antioquía, Siria e Cilicia. Somos sabedores de que algúns, saídos de aquí e a quen non demos mandato ningún, andan por aí desacougándovos coas súas palabras; decidi-mos escoller uns delegados e mandárvolos, xunto cos nosos benqueridos Bernabé e Saulo, que teñen dedicado a súa vida á causa de noso Señor Xesús Cristo; mandámos-vos, logo, a Xudas e Silas, que vos dirán de palabra as mesmas cousas. Porque decidimos, o Espírito Santo e mais nós, non impoñervos máis cargas cás precisas: absterse de carnes ofrecidas ós ídolos, do sangue, de animais afogados e da unión deshonesta; faredes ben en gardarvos destas cousas. Saúde". Palabra do Señor.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE DE SAN XOÁN

Levoume en espírito á cima dun monte moi grande e alto e amosoume a cidade santa, Xerusalén, que baixaba do ceo de onda Deus; tiña a gloria do mesmo Deus. O seu resplandor imitaba o dunha pedra moi preciosa, unha pedra cristalina de xaspe. Tiña unha muralla grande e alta con doce portas de entrada; e enriba das portas doce anxos; e escritos nelas os seus nomes, que son os das doce tribos de Israel: tres portas polo Nacente, tres portas polo Norte, tres portas polo Mediodía e tres portas polo Poñente. A muralla da cidade tiña doce alicerces e sobre os alicerces, doce nomes, que son os dos doce Apóstolos do Año.

Nela non vin santuario ningún, porque o seu santuario é o Señor Deus, que todo o sostén, e mailo Año. A cidade non precisa sol nin lúa que a ilumine, que a ilumina a gloria de Deus; e o Año é a súa lámpada. Palabra do Señor.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

 Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el. O que non me ama, non garda as miñas palabras; e a palabra que escoitades de min, non é miña, é do Pai que me mandou.

Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e traeravos á memoria canto eu vos dixen. Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz: eu non vola dou coma o mundo a dá. Non vos angustiedes, nin teñades medo. Oístes que vos dixen "voume e logo volvo onda vós". Se me amasedes, alegrariádesvos de que eu vaia onda o Pai, xa que o Pai é máis ca min. Díxenvolo agora, antes de que suceda, para que, cando suceda, creades. Palabra do Señor.


PALABRA REMOÍDA

Nesta xornada da Pascua do enfermo, deixamos que sexan as palabras do papa Francisco na mensaxe para este día, as que repousen no noso corazón e nos axuden a facer vida a invitación de Xesús de ser construtores de paz e amor desde o servizo, sempre xeneroso, ás persoas enfermas:

“O sufrimento dos nosos irmáns convértese nunha urxente chamada a ser “testemuñas da caridade de Deus que derramen sobre as feridas dos enfermos o aceite da consolación e o viño da esperanza, seguindo o exemplo de Xesús, misericordia do Pai”. Certamente, “cando unha persoa experimenta na súa propia carne a fraxilidade e o sufrimento a causa da enfermidade, tamén o seu corazón se entristece, o medo crece, os interrogantes se multiplican”. O Señor, a través Do seu grito, reclama o noso acompañamento.


“A caridade ten necesidade de tempo. Tempo para curar aos enfermos e tempo para visitalos. Tempo para estar onda eles, como fixeron os amigos de Xob: «Logo sentáronse no chan onda el, durante sete días e sete noites. E ningún lle dixo unha palabra, porque vían que a dor era moi grande» (Xob 2,13)”.


“O enfermo é sempre máis importante que a súa enfermidade e por iso cada enfoque terapéutico non pode prescindir de escoitar ao paciente, da súa historia, das súas angustias e dos seus medos. mesmo cando non é posible curar, sempre é posible coidar, sempre é posible consolar, sempre é posible facer sentir unha achega que mostre interese pola persoa antes que pola súa patoloxía”.


“Visitar aos enfermos é unha invitación que Cristo fai a tódolos seus discípulos. Cantos enfermos e cantas persoas anciáns viven nas súas casas e agardan unha visita! O ministerio dla consolación é responsabilidade de todo bautizado, consciente da palabra de Xesús: «Estiven enfermo e me visitaron» (Mt 25,36).


ORACIÓN COMPARTIDA

Rezamos a Deus compartindo a nosa oración comunitaria e dicindo: SEÑOR, QUE AS PERSOAS ENFERMAS SEXAN A NOSA PRIORIDADE.

Para que sexamos unha Igrexa samaritana e servidora. Oremos. SEÑOR, QUE AS PERSOAS ENFERMAS SEXAN A NOSA PRIORIDADE.

Para que nas nosas parroquias non esquezamos nin lles deamos as costas ás persoas enfermas. Oremos. SEÑOR, QUE AS PERSOAS ENFERMAS SEXAN A NOSA PRIORIDADE.

1. Para que teñamos sempre presente que só aprendendo a escoitar, acompañar e consolar, seremos capaces de seguir as pegadas de Xesús. Oremos, SEÑOR, QUE AS PERSOAS ENFERMAS SEXAN A NOSA PRIORIDADE.

Señor, ante ti poñemos a nosa oración comunitaria. Remove os noso corazóns para que saibamos convertela en vida. Por Cristo o noso Señor. Amén.


AGRADECENDO O COMPARTIDO

Oh Cristo, o meu Bo  Samaritano!

Ti que, á beira do camiño da vida,

ves as miñas dores e sufrimentos

e cheo de piedade e compaixón 

recóllesme coas túas mans,

cheas de tenrura e dozura, 

e cárgasme suavemente sobre ti,

axúdame a sentirte xunto a min! 

Oh Cristo, o meu Bo  Samaritano!

Cóidame co teu amor misericordioso,

derrama o teu viño sobre as miñas feridas,

santifícame coa forza do teu Santo Aceite, 

consólame co afectuoso consolo

que ti só nos sabes dar,

e cando volvas no último día,

paga por nós o que che debamos! 

Oh Cristo, o meu Bo Samaritano,

nunca te separes de min!

Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor