Ir al contenido principal

18 domingo TO C 2022

DEIXÉMONOS DE ANDRÓMENAS

 

CANTO GOZOSO

 

♥ ENTRADA: Acharte presente na vida (Nº 51
♥ LECTURAS: Como che cantarei (Nº 28)
♥ OFERTORIO: Grazas, Señor graciñas (Nº 50)
♥ COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53)

 

OÍDOS PARA ESCOITAR

 

No remate do mes de xullo, a nosa celebración invítanos hoxe a mirar cara dentro de nós para recoñecernos como persoas finitas, vulnerables, dependentes unhas de outras. Nada máis ca un sopro, un lene sopro, un breve aire é todo escoitaremos na primeira lectura. E esta sentencia que é tan real e que tan a miúdo repetimos cando as cousas veñen mal dadas, moitas veces non somos quen de integrala na nosa vida cotiá. Perdemos tempo e enerxía discutindo, atesourando, cobizando ou envexando cando a vida dura un instante e todo queda aquí.

Que a celebración que agora imos comezar nos axude a andar o único camiño que nos fai mellores persoas e persoas máis felices: o camiño da fraternidade e da sororidade.

 

CO CORAZÓN MAGOADO

 

♣ Porque ás veces en lugar de “vivir coa suor da nosa fronte”, vivimos coa suor do de enfronte, explotando, utilizando e pisando aos demais, SEÑOR, QUE DESCUBRAMOS O TRABALLO COMO DON.
♣ Por non ter entendido que a nosa fe esixe de nós responsabilidade no eido do traballo, realizándoo dun xeito digno e serio, CRISTO, QUE DESCUBRAMOS O TRABALLO COMO DON.
♣ Por ter malgastado o noso tempo en discusións, xenreiras e enfados estúpidos que non conducen a ningures, sen decatarnos de que somos efémeros e todo queda aquí, SEÑOR, QUE DESCUBRAMOS O TRABALLO COMO DON.

UNHA PALABRA QUE DÁ VIDA

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIASTÉS

 

Nada máis ca un sopro, un lene sopro, un breve aire é todo.

Pon por caso un home que lle debe o que gañou ao seu saber, prudencia e éxito, e que o teña que deixar en herdanza a un que non o traballou. Évos tamén un grande sensentido e grande mal.

Abofé, ¿que tira un home tal de todo o seu esforzo e de darlle voltas ao maxín, traballando baixo o sol?.

"Dores todos os días,

molestias do seu bregar,

noites en branco matinando",

¡E isto sonvos tamén andrómenas!

PALABRA DO SEÑOR

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO AOS COLOSENSES

 

Irmáns e irmás:

Se resucitastes con Cristo, buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus; arelade o de arriba e non o da terra. Vós morrestes e a vosa vida está agachada con Cristo en Deus. Cando se manifeste Cristo, que é a vosa vida, daquela tamén vós vos manifestades con El revestidos de claridade.

Así que, dádelle morte a todo canto tedes de terreal: a fornicación, a inmoralidade, a paixón, os malos desexos e a cobiza, que é unha idolatría.

Non mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos e vos revestistes do home novo, que se vai anovando, conforme a imaxe de quen o creou, para chegar a un coñecemento total. Alí xa non hai máis nin grego nin xudeu, circuncisión nin non circuncisión, estranxeiro nin bárbaro, escravo nin libre, senón que Cristo é todo en todos.

 

PALABRA DO SEÑOR

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Díxolle entón un que estaba entre a xente:

Mestre, dille a meu irmán que reparta a herdanza comigo.

 

El contestoulle:

Home, ¿quen me nomeou xuíz ou testamenteiro entre vós?

E logo díxolle á xente:

Atención: gardádevos da cobiza, que por moito que un teña non por iso a súa vida depende dos seus bens.

E propúxolles unha parábola:

As terras de certo home rico déranlle moito froito. Púxose entón a cavilar: "¿Como vou facer, que non teño onde meter o froito?" E dixo: "Xa o sei: vou desfacer os meus celeiros, e constrúo outros máis grandes e alí meto o trigo todo e todos os meus bens. Logo direime a min mesmo: Amigo, xa tes aí reservas para moitos anos; descansa, come, bebe e ¡a vivir!" Pero Deus díxolle: "Insensato, esta mesma noite váiseche reclamar a túa vida: ¿para quen será todo o que fixeches?"

Así é quen atesoura riquezas para si, pero non é rico para Deus.

 

PALABRA DO SEÑOR

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN

 

⇨ ð As andrómenas, é dicir, aquilo que se discorre para enganar ou despistar a alguén ás que facía referencia a primeira lectura que proclamamos están moi presentes na nosa sociedade e tamén na vida de todas e todos nós. Si, porque cantas veces tamén nós nos enganamos a nós mesmas e a nós mesmos? Cantas veces nos xustificamos para non comprometernos? Cantas escusas creamos para autoenganarnos e dicirnos que non temos tempo, que non podemos, que non vai con nós....? E como sociedade, cantas veces caemos nas redes do engano e do despiste que nos tenden as medias verdades ou as noticias falsas que escoitamos, vemos ou lemos nos medios de comunicación? Certamente, perdemos moita enerxía en cousas que non nos enchen, en cousas que fan que corra o reloxo do tempo pero que non son capaces de facernos medrar en humanidade. Malgastamos a nosa vida e o noso tempo cobizando, desexando ter máis: máis cartos, máis cousas, máis poder, máis... e non nos damos conta que iso non sacia a nosa sede, senón que nos converte en persoas aínda máis sedentas.

ð E todo para que?. Cantas loitas, envexas, egoísmos, xenreiras... polo que outr@s teñen, para que outr@s non teñan, para logo descubrir que somos finit@s, para un tempo, e que a morte nos iguala a tod@s. Que lonxe estamos do que quería Xesús de nós!. Que as palabras que vimos de escoitar no evanxeo: ”necio, esta noite vanche esixir a vida”, nos fagan endereitar o noso rumbo para que logo non sexa demasiado tarde. E nós seguimos preocupados por encher os nosos celeiros….. Fáltanos evanxeo e sóbrannos tradicións. Cando aprenderemos!.

 

REZAMOS COMO COMUNIDADE

 

Presentemos a nosa oración a Deus, Pai-Nai de todas as persoas, para que alente e acompañe a nosa vida, dicindo:

 

GRAZAS POR CHAMARNOS A TRABALLAR NO TEU EIDO

 

*      Pola Igrexa, para que nunca utilice a relixión para intereses persoais privados: adquisición de poder, de prestixio, de bens materiais… senón que saiba presentala coma camiño que dá sentido á vida das persoas, OREMOS.

GRAZAS POR CHAMARNOS A TRABALLAR NO TEU EIDO

 

*      Polas nosas comunidades, para que a riqueza, o posto de traballo ou o status económico nunca se convertan no raseiro polo que medimos e xulgamos ás persoas, senón que, pola contra, sempre teñamos as mans abertas para axudar ás que menos teñen, ás que pasan dificultades, OREMOS.

GRAZAS POR CHAMARNOS A TRABALLAR NO TEU EIDO

 

*      Por todos e todas nós, para que saibamos redescubrir o traballo como camiño de realización persoal, e non coma unha canga pesada enriba dos nosos ombreiros, e así esteamos sempre dispostos a loitar pola dignificación do mundo laboral, OREMOS.

GRAZAS POR CHAMARNOS A TRABALLAR NO TEU EIDO

 

Grazas, Señor, por ternos chamado e por contar con nós. Axúdanos no noso camiñar, para que sexa xusto e solidario. PXNS.

 

MIRADA ESPERANZADA

 

Precisamos anunciar o Evanxeo para darlle aos homes e mulleres de hoxe a ledicia da fe. Pero este anuncio non se fai principalmente con palabras, senón por medio dun testemuño rebordante de amor gratuíto, tal e como Deus fai connosco. É un anuncio que pide encarnarse nun xeito de vida persoal e eclesial que poida reavivar o desexo do Señor, infundir esperanza, transmitir confianza e credibilidade. 

Neste sentido, propóñovos tres retos: primeiro, dar a coñecer a Xesús, segundo, o testemuño; terceiro a fraternidade. A Igrexa será testemuña crible do Evanxeo cando as persoas que a formamos vivamos máis a comuñón, creando ocasións e espazos para que quen se acheguen á fe atopen unha comunidade acolledora, que sabe escoitar, que sabe entrar en diálogo, que promove un bo nivel de relacións. A miúdo unha palabra amarga, unha falta de paciencia, un rostro que rexeita, destruirán nun momentiño o que se construíu en moito tempo.

 

(Francisco. Vésperas cos bispos, sacerdotes, consagrad@s, diáconos, seminaristas e axentes de pastoral. Catedral de Notre-Dame de Quebec. 28 de xullo de 2022).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Trindade 2023

Deus sempre é comuñón sinodal: Pai, Fillo e Espírito Santo CANTOS Entrada.-  Camiñarei  (  )          Lecturas.-  As túas palabras Señor son espírito e vida  (  )          Ofertorio.-  Recibe, Señor  (   )          Comuñón.-  No colo de miña nai  (  ) OÍDO Á ESPREITA          Comezabamos cantando camiñarei na presenza do Señor. Si, porque é a súa presenza a que nos vai alentando e animando neste noso camiñar cotián; un camiñar que non sempre é doado, pero si está sempre acompañado pola súa presenza. Porque, nunca, nunca camiñamos sos. O  Deus Pai ,  Fillo  e  Espírito Santo móstrannos o seu amor facéndose compaña agarimosa. E se nós non camiñamos sos, tampouco o fan os demais, porque Deus sempre está, inda que moitas veces non queiramos recoñecelo.          Nesta mañá na que nos xuntamos para celebrar a fe esforcémonos por descubrir a súa presenza neste nos camiñar. Para que non camiñemos nunca ao chou, e si seguindo as pegadas daquel que sempre estira a man cara nós para que a collamo