Ir al contenido principal

23 domingo TO B 2024

 DIGNIDADE INFINITA COMPARTIDA; SEN DISTINGOS NIN PATERNALISMOS INTERESADOS

 

Canto gozoso

 

ö ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2)

ö LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15)

ö OFERTORIO: Démonos todos a man (Nº 48)

ö COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)

 

Mirada agradecida

Escoitaremos hoxe nos textos da lecturas que imos proclamar que Deus, ao contrario de nós, non fai distíngos de persoas. A súa é unha proposta única é plural. Si, única porque para El todas e todos somos iguais e nada nos diferenza no que nos constitúe, porque somos dignidade que nos iguala e nos esixe o mesmo respecto e a mesma acollida para unhas e outras persoas; pero tamén plural porque esta dignidade non nos fai uniformes ao modo de como se comporta un robot. Non, para Deus a riqueza do noso ser persoas está na pluralidade que enriquece e respecta que cada unha e cada un de nós teñamos miradas da vida diferentes, xeitos de pensar distintos ou cores de pel e falas diferentes. Se Deus actúa así, por que nós, non acabamos de facerlle caso?

Corazón misericordioso

·      Por tódalas veces nas que non somos capaces de entender que as persoas somos todas iguais en dignidade . SEÑOR , QUE NOS TRATEMOS CON IRMANDADE.

·      Por tódalas veces nas que excluímos e non acollemos. CRISTO, QUE NOS TRATEMOS CON IRMANDADE.

·      Por tódalas veces nas que facemos tantas distincións que só aceptamos a quen pensa, actúa ou vive coma nós. SEÑOR, QUE NOS TRATEMOS CON IRMANDADE.

Palabra remoída

· Na sociedade na que nós vivimos, cada vez máis crispada e dividida en bloques enfrontados e irreconciliables, a palabra de Deus vai ocupando cada vez menos espazo. As présas, a visión pura e estritamente materialista das cousas, a ausencia de calquera referencia ao sentido transcendente da vida, van facendo que as persoas nos vaiamos pechando en nós mesmas e prescindindo do que ata non hai moito tempo era un dos alicerces desde onde construír a convivencia: a solidariedade, a colaboración, a importancia de ir conformando espazos de encontro veciñal, parroquial, familiar... pouco a pouco isto vai esmorecendo, ata deixarnos na máis absoluta orfandade e soidade. O que leva a crecer situacións de abandono das persoas, principalmente de maiores e crianzas, á vez que agudiza o individualismo. Que nos queda entón? Sería a pregunta que deberiamos facernos, para evitar caer por esta deriva e reorientar a nosa perspectiva vital e a convivencia social. E neste recuperar, restaurar, reconducir... nós non imos sos, Deus é o mellor dos compañeiros para seguir dándonos azos de esperanza e horizonte de sentido do que somos, sen exclusión de ninguén, e das nosas posibilidades e capacidades. Somos dignidade, pero non unha dignidade calquera, se non dignidade infinita. Desde ela construamos espazos de humanización e acollida.
· Para Santiago, como acabamos de escoitar na carta que lle escribe a aqueles cristiáns e cristiás da primeira hora, o fundamental é esta dignidade compartida a que nos iguala e impide que fagamos distingos en razón do interese que teñamos en conseguir cousas, ou en crernos mellores ou por riba das demais persoas. Ser dignidade supón que somos iguais, todas e todos, e nin os cartos, nin o poder, nin a fama, nin... conseguirán nunca, nunca o seu obxectivo de marcar diferenzas nin de someter aos máis empobrecidos, débiles e fráxiles a nosa comenencia. E isto é así sempre, e a historia non fai máis que confirmármolo. Mesmo hoxe, aquelas persoas que marcan distancias, diferencias desde a súa capacidade de decisións non acadarán nunca o obxectivo de reducir á nada aos últimos e esquecidos. Por iso, desde a fidelidade a esta palabra que acabamos de escoitar de Santiago, non caben en nós actitudes de rexeitamento, exclusión, xenofobia, racismo e calquera outra que esqueza este principio fundamental da fe cristiá, e que ten sido motor na construción de tantas e tantas historias de entrega e xenerosidade para coas demais persoas. Se eles e elas o fixeron, como nós non imos continuar?
· E como colofón a todo canto vimos dicindo, a actitude de Xesús no evanxeo de hoxe, non é máis que a mostra de que só saíndo ao encontro das demais persoas, das que están soas, son esquecidas, invisibles, ignoradas, asoballadas, maltratadas... poderemos responder ao que Xesús nos pide, e el mesmo testemuñou co seu actuar. E non porque a Igrexa, e as comunidades que a ela a conforman, sexa unha ong. Non, a razón non pode ser outra que ese compartir dignidade infinita que nos outorga o mesmo recoñecemento e nos fai sentírmonos como irmáns e irmás dun mesmo Deus que sempre, e en toda circunstancia, foi, é e será Pai/Nai co que conformamos a mesma dignidade.

Oración compartida

Compartimos a nosa oración comunitaria dicindo: SEÑOR, QUE VENZAMOS A TENTACIÓN DA EXCLUSIÓN.
  • Para que traballemos, como Igrexa no mundo, para superar os conflitos e os enfrontamentos por mor da raza, lingua, relixión ou condición social. Oremos. SEÑOR, QUE VENZAMOS A TENTACIÓN DA EXCLUSIÓN.
  • Para que alí onde esteamos: parroquias, traballos, familia, amizades... non deixemos nunca que entre noso corazón e no noso xeito de actuar actitudes de discriminación, exclusión ou racismo. Oremos. SEÑOR, QUE VENZAMOS A TENTACIÓN DA EXCLUSIÓN.
  • Para que tanto a nivel persoal como comunitario, saibamos dar exemplo de integración para con quen ven de fóra, evitando palabras e feitos que firan, rexeiten ou creen violencia. Oremos. SEÑOR, QUE VENZAMOS A TENTACIÓN DA EXCLUSIÓN.
Grazas, Señor, porque a túa palabra sempre é para nós fonte de clarificación e alento de mirada de igualdade. Por Cristo o noso señor. Amén.

 

Ollada de esperanza

Vivimos tempos nos que parecen retomar vida e difundirse sentimentos que moitos supuñamos superados. Sentimentos de sospeita, medo, desprezo e incluso odio cara a individuos ou grupos xulgados diversos debido á súa afiliación étnica, nacional ou relixiosa e, como tal, considerados non o suficientemente dignos de participar plenamente na vida da sociedade. Ademais, estes sentimentos adoitan inspirar verdadeiros actos de intolerancia, discriminación ou exclusión, prexudicando seriamente a dignidade das persoas implicadas e os seus dereitos fundamentais, incluído o seu propio dereito á vida e á integridade física e moral. Por desgraza, ocorre tamén no mundo da política, caendo na tentación de instrumentalizar os medos ou dificultades obxectivas dalgúns grupos e de empregar promesas ilusoria para intereses electorais miopes.
Pero, non deberiamos esquecer que. Ser cristiáns é unha chamada para ir contra a corrente, recoñecer, acoller e servir a Cristo descartado nos irmáns e nas irmás. (Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos como Xesús se anoxa diante daqueles que converteran o templo nunha tenda de compra venta, e reacciona facendo unha afirmación que nunca deberiamos esquecer: “ no

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por