PORQUE A MORTE FOI VENCIDA, TEMOS QUE VIVIR NA ESPERANZA
CANTO GOZOSO
ö ENTRADA: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
ö LECTURAS: Canta aleluia (Nº 21) 
ö OFERTORIO: Acolle, Señor, esta vida (Nº 80)
ö COMUÑÓN: Se o Señor resucitou (Nº 85B)
SITUÁNDONOS
Xuntámonos hoxe como comunidade crente para lembrar a tantas persoas, familiares e amigas, que nos deixaron e agora viven xa no colo agarimoso de Deus. E facémolo non desde a tristura nin desde a desesperanza, senón confiadas e confiados na misericordia dun Deus Pai-Nai que nos crea por amor, un amor que nin a morte é quen de destruír.
Que este momento de oración compartida que agora comezamos sexa para nós esperanza e alento nun recordo agradecido e agarimoso polos nosos seres queridos que gozan xa dunha vida plena con Deus.
CO CORAZÓN MAGOADO
·      Porque nos custa entender que Ti es Deus de Vida; SEÑOR, ALÉNTANOS.
·      Por ter renunciado a traballar para superar tantos sinais de morte presentes no noso mundo; CRISTO, ALÉNTANOS.
·      Porque nos desesperamos diante da morte, sen ser capaces de confiar na resurrección; SEÑOR, ALÉNTANOS.
UNHA PALABRA QUE AQUECE O CORAZÓN 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a todos os pobos un banquete de boas talladas, de viños anellos, carnes ben condimentadas, viños refinados.
Destruirá nesta montaña o veo que tapa a todos os pobos, a cuberta que cobre a todas as nacións. O meu Señor destruirá a morte para sempre, enxugará as bágoas de todas as caras, afastará de todo o país a vergonza do seu pobo . Si, díxoo o Señor.
No día aquel dirase : "Ollade, este é o noso Deus, esperamos nel: El hanos salvar.
Este é o Señor, esperamos nel, gozaremos e alegrarémonos coa súa salvación".
PALABRA DO SEÑOR
PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO XOÁN
Dilles Xesús ós seus discípulos:
Non vos agoniedes: crede en Deus e mais crede en min. Na casa do meu Pai hai moitas moradas; doutro xeito, ¿teríavos dito que vos ía arranxar un lugar? E cando vaia e vos arranxe un lugar, voltarei e collereivos comigo, para que, onde estea eu, esteades vós tamén. E a onde eu vou, vós ben sabéde-lo camiño.
Díxolle Tomé:
-      Señor, se non sabemos onde vas, ¿como imos sabe-lo camiño?
Xesús respondeulle:
 Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min.
PALABRA DO SEÑOR
TEMOS SEDE DE TI, SEÑOR
Neste día no que encomendamos aos nosos seres queridos que xa están na plenitude de Deus, fagamos da nosa oración sacramento de vida e digamos: 
QUE VIVAMOS DESDE A ESPERANZA DA RESURRECCIÓN
·      Para que a Igrexa non faga nunca da morte un negocio, senón momento privilexiado de testemuño da misericordia, da xenerosidade e da esperanza que veñen de Deus, OREMOS.
·      Polos nosos familiares defuntos, que nos legaron o que somos e temos, para que sempre saibamos valorar a súa entrega e o seu traballo por deixarnos un futuro máis digno, OREMOS.
·      Por todas aquelas persoas das que nunca ninguén se lembra, e nacen, camiñan e morren no anonimato e na indiferenza máis absoluta, OREMOS.
·      Por todas as persoas, coñecidas ou descoñecidas, que repousan nos cemiterios das nosas parroquias, para que nunca esquezamos que Deus é Deus de vivos, non de mortos, OREMOS.
·      Por cada unha e cada unha de nós, para que nunca sexamos indiferentes diante da dor, da enfermidade e do sufrimento dos irmáns e das irmás, senón que co noso testemuño abramos unha porta á confianza e á esperanza que veñen de Deus, OREMOS.
Grazas, Señor, porque a resurrección do teu Fillo ábrenos un camiño de esperanza e plenitude. Que saibamos transmitilo cunha vida xusta e solidaria. P.X.N.S. Amén.
UNHA SEDE DE AUGA PARA O CAMIÑO
Só nos conducirá á VIDA, a confianza que en DEUS depositamos.
Que a túa FE sexa grande e convencida para que, ao final, recollas o que cres; para que a nosa herdanza cando nos vaiamos deste mundo sexa grande.
Todo depende do que teñamos dado. Iso quedara nos corazóns de moitos e será un legado de amor.
Así que sementa para que mañá cando DEUS recolla, pense en ti che diga que cumpriches o teu labor.
O ceo conquístase co hoxe.
Comentarios