SE ESCOITAS AO TEU CORAZÓN, TAMÉN TI CHEGARÁS A BELÉN PÓRTICO Vivimos nunha época que pretende chamarse universal, planetaria. Escoitamos falar do mundo coma unha aldea global, as nosas sociedades son cada vez máis multiculturais, as distancias son cada vez máis pequenas.... pero paradoxalmente as persoas andamos cada vez máis divididas e enfrontadas, loitando por defender os propios intereses. Neste contexto é fácil esquecer a mensaxe de Deus: a liberación é para todas as persoas, que tod@s somos parte dunha familia universal, pois o noso orgullo fainos crer que somos os mellores e os primeiros. Por iso hoxe, neste día de ilusión, vimos diante do Señor, que é a estrela que guía a nosa vida. Oxalá que ningunha Boa Nova de solidariedade, xustiza e universalidade nos asuste. Oxalá que as escuridades da nosa vida non nos deteñan nin nos desvíen do que un día nos puxo no camiño e se nos ofrece de balde. O PERDÓN Por terche negado o ouro, o incenso e a mirra das nosas vidas, SEÑ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra