Ir al contenido principal

Entradas

EPIFANIA 2009

SE ESCOITAS AO TEU CORAZÓN, TAMÉN TI CHEGARÁS A BELÉN PÓRTICO Vivimos nunha época que pretende chamarse universal, planetaria. Escoitamos falar do mundo coma unha aldea global, as nosas sociedades son cada vez máis multiculturais, as distancias son cada vez máis pequenas.... pero paradoxalmente as persoas andamos cada vez máis divididas e enfrontadas, loitando por defender os propios intereses. Neste contexto é fácil esquecer a mensaxe de Deus: a liberación é para todas as persoas, que tod@s somos parte dunha familia universal, pois o noso orgullo fainos crer que somos os mellores e os primeiros. Por iso hoxe, neste día de ilusión, vimos diante do Señor, que é a estrela que guía a nosa vida. Oxalá que ningunha Boa Nova de solidariedade, xustiza e universalidade nos asuste. Oxalá que as escuridades da nosa vida non nos deteñan nin nos desvíen do que un día nos puxo no camiño e se nos ofrece de balde. O PERDÓN   Por terche negado o ouro, o incenso e a mirra das nosas vidas, SEÑ...

Nadal 2 domingo

Herdeiros nunha mesma andaina: Deus chega para tod@s Pórtico                 Durante moito tempo, mesmo para algúns agora, se ten afirmado desde dentro da Igrexa que fóra desta non hai salvación. Porén, a lectura de Paulo volve pornos de manifesto un principio fundamental na mensaxe e tarefa levada a cabo por Xesús: a salvación non é excluínte, senón que é ofrecida a tod@s. Deus revélase, asumindo a nosa condición humana, para que sexa acollido no corazón da tódalas persoas, sen deixar fora dela a ninguén.             Non estaría de máis volver ler o texto de Paulo que hoxe imos proclamar nas lecturas para evitar crernos superiores ou con capacidade de, querendo asumir o papel de Deus, papel que non nos corresponde, decidir quen pode e quen non pode salvarse.             Que a celebración de hoxe nos faga tomar conciencia de que estamos nas mans de Deus, non na capacidade de decisión das persoas, por moito báculo ou mitra que leven, para vivir a vida con fondura e sentido.    ...

Aninovo 2009

COMBATER A POBREZA, CONSTRUÍR A PAZ BENDICIÓN AO COMEZO ¨      Que Deus nos bendiga todos os días do ano ¨      Que Deus nos sorría todos os días do ano ¨      Que Deus se fixe en nós todos os días do ano ¨      Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano Pórtico Sempre que comezamos algo novo, comezamos con moita ilusión, con bos propósitos pero sobre todo coa alegría de poder rematalo. Así pasa cando comezamos o novo ano. Un ano que sementamos de ilusión; pero que ten moitos días por diante e corremos o perigo de desfalecer, de esquecernos do novo e volver á rutina diaria, coma ese xoguete novo que pasa febreiro e o deixamos arrinconado para xogar cos de sempre. A celebración de hoxe, na xornada da paz, é unha chamada a que poñamos todas as nosas ilusións e as nosas forzas en continuar o proxecto de Xesús. Un proxecto que se renova dia a día e ano a ano. Deixemos atrás o que nos estorbou e collamos folgos renovados, coa bendición e a paz do Señor.   Perdón ...

Sagrada Familia 2008

Ser familia desde a pluralidade de vivencias e situacións: saber acoller Pórtico          Logo da celebración do Nadal, a liturxia sitúa a festa da Sagrada Familia. Pode ser este un bo momento para que tod@s botemos unha ollada a como cada un de nós vai colaborando para que nas nosas familias se poida vivir o sentido cristián: se nos queremos, se nos escoitamos, se somos capaces de crear un clima de respecto e confianza... porque só se somos quen de vivir nas actitudes da familia de Nazaret, poderemos levar con dignidade o nome de cristiáns. O bautismo introdúcenos no camiño, pero é na vida de cada día onde de verdade se vai mostrando que aquela auga que un día recibimos ao presentarnos os nosos pais e padriños á comunidade é auga que nos chama a responder ao mandato de Xesús de saber crear verdadeiros fogares que respondan ao que El foi capaz de vivir no fogar de Nazaret.          Que a celebración de hoxe nos axude a tomar conciencia de que tamén nas nosas familias estamos cham...

Nadal 2008

PARA NON FORMAR PARTE DUNHA SOCIEDADE ANÓNIMA PÓRTICO No medio da noite escura da humanidade, no medio da opresión e da marxinación, no medio do duro traballo preciso para vivir, no medio do acontecer dun pobo e dunhas vidas, ao longo das interminables horas nas que unhas persoas coidan, limpan, conducen, gardan... e outras permanecen insomnes, Deus fáisenos presente para traernos a paz, a ledicia, a salvación. Hoxe, neste día de Nadal, estamos chamd@s a descubrir que o nacemento de Xesús ten plena actualidade, que non é algo pasado. Hoxe é o momento oportuno no que Deus se nos ofrece coma Boa Nova, coma ledicia, xustiza e paz!. Hoxe, aquí, agora, neste preciso instante. Baixo o lema “Se non queres formar parte dunha sociedade anónima, coñece e escoita aos teus veciños”, celebramos hoxe a campaña de Cáritas. Que o Neno que acaba de nacer, nos axude a traballar en rede para humanizar a nosa sociedade tan deshumanizada. O PERDÓN Vén Xesús para ensinarnos a ser pobres, e nós facemos do se...

Domingo 4 Advento 2008

O Canto da vida: conversa de amor PÓRTICO A fe, se somos capaces de vivila coma seguimento de Xesús e non coma un conxunto de normas e obrigas, é un fermoso canto de vida e amor. Unha marabillosa conversa con Aquel que puxo en nós a capacidade de amar, querer e sentir; de descubrir que estamos no mundo non para facernos a guerra uns aos outros, senón para tender pontes de liberación e solidariedade. Rompamos a nosa tendencia ao fácil, para facer da nosa convicción de fe, un seguimento gozoso, esperanzado e libre da mensaxe de Xesús. Esforcémonos por facer da vida, aprendida a ser vivida desde Deus, unha verdadeira conversa de amor. Que esta celebración do cuarto domingo de Advento nos saiba poñer en camiño. o perdón  Polas veces en que manipulamos aos demais para o noso proveito dando sorrisos falsos, palmadiñas valeiras e ánimos hipócritas, SEÑOR, MANTENNOS NO CAMIÑO.  Porque non estamos dispostos a ceder nos nosos plantexamentos. pois queremos ter sempre a razón e que os demais f...
III DOMINGO DO ADVENTO En tempos de crise, o anuncio da Boa Nova chámase Solidariedade SIGNO: A terceira folla do trevo, na que escribimos ACOLLER. PÓRTICO Ás veces, recorremos ás caretas para que os demais non descubran a nosa face ou para dende o anonimato mostrarnos como non somos. Hai caretas de todo tipo: de terror, de personaxes coñecidos, de tristura, de felicidade. Pero na nosa vida, aínda que non poñamos caretas, si somos artificiais nas nosas relacións, coa risa fácil, co chiste ocorrente, con tal de rir un pouco e así proliferan na televisión e na radio os programas deste tipo. Non nos damos de co...