Ir al contenido principal

Entradas

1 Advento 2011

ADVENTO, TEMPO DE INICIACIÓN INICIAD@S NO BAUTISMO SIGNO O noso advento este ano é tempo de iniciación. Por iso, o signo que escollemos son catro candeas (reais ou debuxadas e recortadas en cartolina). Nestas catro candeas iremos colocando os nomes dos sacramentos de iniciación e reconciliación ou ben os signos de ditos sacramentos (concha bautismal, pomba, pan e viño, estola morada). Cada domingo iremos acendendo a candea ou colocándoa no taboleiro. PÓRTICO Na nosa vida estamos constantemente iniciándonos: iniciamos un noivado, iniciamos a vida en familia, iniciamos a paternidade/maternidade, iniciamos unha experiencia laboral, iniciamos unha amizade.... Tamén na nosa experiencia-vivencia da fe experimentamos a realidade da iniciación. O calendario litúrxico sinala esta iniciación na vida de fe renovada co tempo do advento, co que comezamos o camiño que nos levará, ao longo de todo o ano, a sentir e expresar que a fe ha ser: celebrada, vivida e gozada , para pode...

Cristo Rei 2011

INDA QUE ABANEEN OS CIMENTOS, NON NOS DERRUBAMOS: EL MIRA POR NÓS "Á luz das palabras de Cristo, o sur pobre xulgará ao opulento norte. E os pobos pobres –pobres de xeitos distintos, non só faltos de alimento, senón tamén privados de liberdade e doutros dereitos humanos-, xulgarán aos que lles arrebatan eses bens, acumulando para eles o monopolio imperialista do predominio económico e político a expensas doutros". (Beato Xoán Paulo II - Homilía en Namao, Canadá, 17/9/1984) Pórtico Chegamos ao final do ano litúrxico e non queda outra máis que revisar se o noso zurrón está cargado de froitos de boas obras ou se segue aleiro e en ermo. Os tempos litúrxicos, as festas que ao longo deste ano fomos celebrando, quixeron ser unha achega para dar sentido, fondura e coherencia á nosa vida; para desenclaustrala e poñela a render coma os talentos. E no remate o mellor de tódolos ramos: a festa de Cristo Rei. O Cristo do reinado de paz e xustiza, de vida e verdade, de solidariedade e igua...

33 domingo TO A

O TRABALLO: ESE BEN TAN ESCASO E QUE TANTA FALTA NOS FAI PÓRTICO Nestes momentos de crise, tod@s apreciamos a importancia que o traballo ten na vida de cada un e cada unha de nós. Agora xa non facemos riso daquel dito que preguntaba cando sería domingo para poder ir á misa; é dicir, cando será o día de descanso. E non se fai riso porque cada día, tristemente, son máis os que perden ou ven o seu posto de traballo ameazado, á vez que non perciben posibilidades ou perspectivas de que esta situación poida cambiar. Fronte desta dificultade, a situación tamén pode ser un momento para que nos paremos e pensemos se de verdade temos feito canto estaba na nosa man para que o traballo que realizamos sexa desenvolvido responsablemente, se nos temos formado para coñecer e saber facelo mellor. É este o momento para que tamén tomemos en conta que o traballo non é só unha experiencia para gañar cartos, senón que é unha experiencia de crecemento e madurez persoal, de sentido comunitario e contribución ...

33 domingo TO A

O TRABALLO: ESE BEN TAN ESCASO E QUE TANTA FALTA NOS FAI PÓRTICO Nestes momentos de crise, tod@s apreciamos a importancia que o traballo ten na vida de cada un e cada unha de nós. Agora xa non facemos riso daquel dito que preguntaba cando sería domingo para poder ir á misa; é dicir, cando será o día de descanso. E non se fai riso porque cada día, tristemente, son máis os que perden ou ven o seu posto de traballo ameazado, á vez que non perciben posibilidades ou perspectivas de que esta situación poida cambiar. Fronte desta dificultade, a situación tamén pode ser un momento para que nos paremos e pensemos se de verdade temos feito canto estaba na nosa man para que o traballo que realizamos sexa desenvolvido responsablemente, se nos temos formado para coñecer e saber facelo mellor. É este o momento para que tamén tomemos en conta que o traballo non é só unha experiencia para gañar cartos, senón que é unha experiencia de crecemento e madurez persoal, de sentido comunitario e contribución ...

Santos 2011

VIVIR APLICANDO O MENOS COMÚN DOS SENTIDOS: O SENTIDO COMÚN PÓRTICO Bo día!. A festa de tódolos santos, a festa dos sinxelos de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis neste comezo de novembro para que fagamos memoria agradecida de tantas persoas de tantos tempos e lugares que camiñaron como servos e servas de Deus; tantos homes e mulleres que creron sempre que o amor era o meirande ben; de tanta xente, dunha moitedume tan inmensa que nos enche o corazón de esperanza, porque, coñecidos ou descoñecidos, todas aquelas persoas que hoxe celebramos viviron o que nós queremos vivir, e por iso axúdannos e acompáñannos. Na festa de todos os santos, sintamos nós tamén a ledicia de querer camiñar polo vieiro polo que eles pasaron. Sintamos a ledicia de pertencer a este mundo de homes e mulleres que quixeron ser pobres e amar, mantendo acesa a lámpada do Espírito. Que esta celebración que agora comezamos nos axude a sentir a ledicia de ser chamados e chamadas a sermos benaventurad@s, cel...

32 Domingo TO A

SABIOS?. SI; PERO SEMPRE EN HUMANIDADE Pórtico     Nos tempos de crise, e cando todos falan de cartos, números e estatísticas, as lecturas de hoxe volven lembrarnos que a verdadeira sabedoría non está no ter, senón no ser: ser persoa, ser crente, ser cidadán, ser solidario... ser home ou muller de esperanza. E que lonxe estamos desta chamada!; e que pouco entendemos a palabra que constantemente se nos dirixe!...Nós seguimos insistindo no posuír, no dominar, no obter e executar o dominio sobre os demais, cando a cousa é moito máis sinxela, inda que non acabamos de prestarlle atención: é buscar canto nos fai máis humanos, sensibles, responsables e prudentes. Non son os títulos, senón a fondura de humanidade, o que nos descubre sabios. Prestemos atención a esta chamada. Perdón Por deixar que a nosa sabedoría creza na busca de prestixio e poder, e non no servizo, SEÑOR, QUE A SABEDORÍA SEXA HUMANIZADORA . Por andar a enredar en sedes que só falan de poder, dominio e imposición, CRISTO, QUE...

31 domingo TO A

COIDADO COS PEDESTAIS!... SE CAES, DOE! Pórtico Acostumados a ver xente que é capaz de deixar atrás privacidade, dignidade ou respecto por un minuto de gloria no alto do pedestal, resulta polo menos curioso, escoitar o que nos di Malaquías na primeira lectura sobre o fráxil e perigoso que é estar subido nun pedestal. Si, porque as alturas, en ningún campo da vida, tampouco no eclesial, son boas, e deixan pegada, triste pegada. Son tantas as veces nas que ao querer estar nas alturas esquecemos que ninguén é máis ca ninguén, que acabamos traizoando ao irmán que confía e necesita de nós. Que non nos deixemos levar dos cantos de serea, e poñamos todo o noso interese en ser sinxelos e cercanos, sen buscar nin poder nin aplauso, senón coherencia e fidelidade a aqueles valores que queremos sexan eixo da nosa vida. Perdón Porque moitas veces somos orgullosos e non renunciamos a estar nos pedestais da soberbia e a superioridade, SEÑOR, DANOS UN CORAZÓN SINXELO . Porque en demasiadas ocasións de...