Ir al contenido principal

Entradas

Ascensión C

SE CONSEGUIMOS FACERDA FE O MOTOR DA NOSA VIDA, A ESPERANZA DEIXA DE SER UNHA PALABRA PARACONVERTERSE NUNHA TAREFA CONTINUA E COMPARTIDA PÓRTICO Hoxe é a festa da Ascensión. Nesta celebración quéresenos invitar aos crentes a tomar conciencia de que a vivencia da fe non pode ser doutro xeito máis que asentándose no mundo. Só quen é capaz de entender que a plenitude en Deus pasa pola plenitude e o compromiso coas causas xustas que moven ás persoas, conseguirá entender por que, no tramo final do tempo de Pascua, celebramos a festa da Ascensión. Si, tamén nós aspiramos a entrar en diálogo e comuñón con Deus; tamén nós sabemos que o sentido final de canto facemos, rezamos e compartimos ten o seu punto de chegada nese encontro total e definitivo con Deus, ao final do noso camiño. Pero antes de gozar del, necesitamos ancorarnos ben no aquí e agora da historia que cada un de nós, xunto cos que con nós a comparten, imos construíndo e desenvolvendo. De aí que, como nos di a palabra de Deus...

6 domingo Pascua C

FRONTE Á RELIXIÓN DO MEDO, XESÚS OFRÉCENOS O AMOR DA RELIXIÓN PÓRTICO Unha vez máis a Palabra de Deus quere chamar a nosa atención para que non caiamos na vivencia dunha relixión do medo e da imposición, senón que nos invita e urxe a camiñar e vivir nunha relixión de liberdade, de paz, de amor. O Señor ponnos deberes, e a nós corresponde traballar para facelos ben, o que supón estar en actitude activa, e sempre á espreita de canto impida que a confianza, o respecto, o diálogo sincero e sosegado vaia dando froito na nosa relación cos demais. Especialmente con aqueles que pensan distinto a nós e non comparten o noso xeito de ver e facer as cousas. Que aprendamos de Xesús, para facer da nosa vida, non unha renuncia ao que son conviccións profundas, senón a, sen renunciar ao que cremos, saber poñer á persoa por riba de normas e imposicións.  O PERDÓN Porque nos sobra medo, e nos falta confianza, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MISERICORDIA. Porque lle damos consellos aos demai...

5 Pascua C

CANDO O AMOR NON É O EIXE, AS PERSOAS NON SON O CENTRO DA ACCIÓN PASTORAL PÓRTICO Paz e ben ao comezo desta nova celebración do tempo de pascua. A paz que nos deixou Xesús e que, non sen dúbidas, acabaron crendo e acollendo os discípulos. Hoxe tamén nós somos invitados a seguir sendo construtores de paz alí onde esteamos. Paz que une, paz que acompaña, paz que escoita, paz que constrúe xustiza, paz convertida en camiño de seguimento. Tamén ben. Ben para poder sorrir co irmán, ben para sacar adiante novos proxectos, ben para non desesperar fronte ás dificultades, ben para que o irmán non sexa algo, senón alguén querido por Deus e dignificado polo actuar dos irmáns, que busca humanizar e agarimar. Que a celebración de hoxe nos alente e encamiñe na busca desta paz e deste ben.   O PERDÓN Para que non deixemos que os nosos corazóns se pechen á paz e ao ben que nos trae Xesús, SEÑOR, QUE NON DECAIAMOS NO CAMIÑO . Para que aprendamos a vivir o amor desde o encontro con qu...

4 pascua C

Ao pe do teu caxato sentín o meu sosego PÓRTICO CONFIANZA. Esta podería ser a palabra que mellor define e se achega a este tempo de Pascua e á celebración deste terceiro domingo pascual. Confianza en Deus por riba das desconfianzas que nos fan sentir os que falan, din e se manifestan coma os seus representantes e para os que non hai sosego -senón moitas valgadas sombrías-, para os que todo son males, desconfianzas, condenas e imposicións. A pesares deste xeito de actuar por parte dos que queren seguilo sendo pastores das comunidades ás que están chamados a servir, o Deus que en Xesús vence á morte, segue a dicirnos que nesas valgadas sombrías nas que todo parece saír mal, El nin se esquece nin se vai: está, permanece, continúa á nosa beira. É o único e verdadeiro Pastor. Que nesta mañá que nos reunimos para escoitar, compartir e celebrar a confianza en Cristo Pastor, renovemos o noso compromiso de manter sempre firmes as nosas conviccións e a nosa esperanza, unidos a aquele...