Na grandeza do corazón que sabe acoller, descubrimos a forza da túa presenza en nós Descarga o ficheiro SINAL DE CORESMA Neste 5º e derradeiro domingo da Coresma deste ano, a pedra/póla ennegrecida que temos que sacar do noso corazón é a da SUPERFICIALIDADE. Achegarnos á realidade da vida e das cousas que nos pasan cada día de xeito periférico e sen comprometernos, fai que acabemos percibindo a realidade de maneira distorsionada, sen responder ao que son as cuestións e situacións reais. Pero a vida non é superficial, o que nos pasa, o que facemos ou deixamos de facer inflúe en nós e naquelas persoas coas que nos relacionamos. Por iso esta actitude frívola da superficialidade leva a que non afondemos no que verdadeiramente é importante. Nesta maña, encarando xa o camiño da Semana Santa, preguntémonos se na vida buscamos o importante e o profundo, ou somos dos que nos autoenganamos vendo só as cousas desde fóra e segundo a nosa comenencia. CANTO GOZOSO ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra