Ir al contenido principal

DOMINGO XXI T O

XESÚS MÓSTRASE AOS DEMAIS NA NOSA VIDA

Pórtico

Cando imos á consulta médica, o primeiro que fan e preguntarnos qué nos pasa, onde nos doe, qué nos levou alí… e logo, unha vez que fan o diagnóstico, dannos os consellos ou as medicinas para mellorar.
Pois do mesmo xeito, tamén nós temos que estar atentos, preguntar, descubrir, facer un diagnóstico do que pasa no noso pobo, na nosa familia, na nosa casa, na sociedade, na Igrexa… xa que só así seremos quen de poñer solucións onde hai problemas, de poñer saúde onde hai enfermidade, de poñer paz onde hai enfrontamentos e divisións.
Que a celebración de hoxe nos faga ser conscientes de que, antes de actuar, estamos chamad@s a ver, escoitar, atender, nunha palabra, a ser radares sociais no medio do mundo.

Perdón

 Porque moitas veces tratamos de impor o que pensamos sen ter en conta as opinións e as aspiracións dos demais, SEÑOR, NON NOS ABANDONES.
 Polas veces nas que baseamos a nosa felicidade no ter, no posuír, na fama ou na forza, CRISTO, NON NOS ABANDONES.
 Porque temos unha actitude cómoda diante os problemas dos demais e do mundo, deixando que pouco a pouco o noso corazón se endureza, SEÑOR, NON NOS ABANDONES.



Remuíño

• O Señor repara no humilde: Se o Señor, como nos di o salmo se fixa no humilde, nós coma El, deberiamos facelo así tamén. Pero como descubrir ao humilde cando a nosa soberbia nos cega?. Isaías fai referencia a un responsable que foi destituído por ser soberbio, por non ser “pai para Xerusalén”. Canto temos que transformar dentro de nós: canta soberbia nos que mandamos, canta prepotencia nos que, pretendendo pertencer a outro estatus, non son capaces de sentirse iguais e colaboradores senón diferentes e autoritarios. Pidámoslle ao Señor un corazón aberto, un corazón humilde, un corazón desinteresado, un corazón que latexe co sentir dos demais, que sexa misericordioso, para que así mostre a misericordia do Señor como nos lembra o salmo.
• Quen di a xente que son eu?, Quen dicides vos?: O evanxeo proponnos unhas respostas a esta pregunta que hoxe nos dirixe Xesús. Hoxe en día, que respostas escoitariamos?. Pois na meirande parte dos casos a indiferenza, outras, estarían asociadas coa Igrexa, loando a súa figura… pero quizás seria interesante ver a influenza que temos os cristiáns nesas respostas, especialmente polo xeito que temos de actuar, como reflectimos nós a Xesús?, que imaxe de Xesús manifestamos?. Un Xesús, unha Igrexa (moitas veces solápanse ámbolos dous conceptos) que impón, que gusta de grandes multitudes, que vai a tocar a fibra do fervor inmediato pero que non se repara no profundo, no que dura. Unha imaxe de Xesús interesada, que leva contas, que dá somentes cando espera recibir. Un Xesús que lle gustan os vestidos, os adornos, o uniforme que monopoliza o pensamento, as conciencias,…
• Non sexamos inxustos e non caiamos nesa tentación, ao contrario, valoremos o compromiso silencioso de tantos irmáns e irmás nosos que se comprometen na transformación da realidade, a valentía dos que denuncian inxustizas e nos abren os ollos ante tanta violencia, pasotismo e permisividade,… Só deixándonos levar polo vento do Espírito, pola palabra feita vida, poderemos dicir como Pedro: “Ti es o Fillo de Deus” e así seremos rocha firme para os demais na que poder construír e non area que leva o vento.
Que a celebración de hoxe faga de nós persoas convencidas de que o Señor repara no humilde e dende aí, dende o pequeño, fai a súa obra en tod@s nós.

Oración da comunidade

Presentamos, Señor, a nosa oración, confiados en que Ti nos escoitas e que sempre queres o mellor para nos. Por iso dicimos xuntos:

QUE TE DESCUBRAMOS, SEÑOR, NA NOSA VIDA.

• Pola Igrexa, para que no seu compromiso cotiá e humilde a prol das persoas, saiba descubrir as súas aspiracións e poñer ilusión e gañas de vivir en tantas situacións de dor, de necesidade, de desalento, OREMOS.

QUE TE DESCUBRAMOS, SEÑOR, NA NOSA VIDA.

• Polas nosas comunidades, para que traballemos unidos con tódalas persoas de ben e así procuremos tender pontes de diálogo, de amizade, de comprensión, de estima, de valoración persoal, OREMOS.

QUE TE DESCUBRAMOS, SEÑOR, NA NOSA VIDA.

• Por tod@s nós, para que non fagamos dos nosos cargos, unha carga para os demais, senón que pola contra, alí onde nos atopemos, sexamos pedra firme na que apoiarse, familia que acolle, horizonte aberto de esperanza e alegría e denuncia de tanta situación inxusta, OREMOS.

QUE TE DESCUBRAMOS, SEÑOR, NA NOSA VIDA.

Grazas, Señor, porque te descubrimos día a día ano noso camiñar. Fai que sigamos os teus vieiros e que sempre nos fiemos de ti. PXNS.

Para a reflexión

Calquera día, en calquera momento,
a tempo ou a destempo,
sen aviso previo,
lanzas a túa pregunta:
e ti, quen dis que son eu?.
Cando na túa vida toda atope o sentido
para a miña vida rota;
cando no teu sufrimento e na túa cruz
descubra o valor de todas as cruces;
cando faga da túa causa a miña causa;
cando xa non busque salvarme, senón perderme no teu amor…..
Entón, Xesús, volve preguntarme:
e ti, quen dis que son eu?.

Cantos

 ENTRADA: Que ledos hoxe estamos.
 LECTURAS: Como che cantarei.
 OFERTORIO: Sementar Sementarei.
 COMUÑÓN: Sede o sal, sede a luz.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...