Ir al contenido principal

2 Domingo Advento

ADVENTO, TEMPO DE PACIENCIA

SIGNO: Colocamos unha segunda parte do mapamundi coa cita do evanxeo de hoxe escrita nela

PÓRTICO

Advento é tempo de perder as présas, de enchernos de paciencia, de centrarnos e poñernos en camiño. Advento é camiño de preparación para que, cando chegue Aquel en quen pomos vida e confianza, poidamos acollelo coa liberdade e a ledicia que dá saber que quere quedar con nós. E para iso temos que ter todo preparado. Pero non é esta unha preparación externa, de zapatos de marca, de vestidos de moda ou de sorrisos obrigados. Non, a nosa preparación ten que ser a de ir labrando interiormente o camiño da aceptación dun mesmo, do tempo adicado ao diálogo co Señor na oración, na capacidade de descubrir que aquelas persoas coas que convivimos precisan tamén unha palabra de alento, un sorriso sincero, unha man que lle axude a cruzar ríos cheos de problemas e dificultades.

Advento é tempo de paciencia, de tranquilidade, de gusto por escoitar a quen nos fala e de escoitarnos a nós, para descubrir que a súa voz tamén resoa no noso interior. Que as présas e as ocupacións non fagan que deixemos de prestarlle atención.

O PERDÓN

  • Porque somos fill@s da inmediatez e do "quéroo todo e quéroo agora" e non respectamos os diferentes ritmos das persoas, SEÑOR, ENCHÓUPANOS COA TÚA PACIENCIA.
  • Porque non buscamos recunchos no noso interior para reflexionar con calma e deixarnos enchoupar pola túa voz, que nos chama ao cambio e á liberación, CRISTO, ENCHÓUPANOS COA TÚA PACIENCIA.
  • Porque o noso autoritarismo e o noso egoísmo impiden que onde hai monte, rocha e precipicio nós consigamos facer chairas, camiños e pontes de diálogo e de unión, SEÑOR, ENCHÓUPANOS COA TÚA PACIENCIA.

REMUÍÑO

  • Xoán, un home que non pertence a ningunha xerarquía e que non posúe poder, cartos, nin tan sequera autoridade algunha, é o único que escoita a Palabra de Deus, invitación para todo o pobo. Sempre é así. É ao pobre ao que hai que escoitar, para poder oír no máis fondo do noso ser a chamada ao cambio e para poder ver a salvación de Deus. Cando unha persoa sinxela é quen de aprender a mirar a vida desde a perspectiva d@ pobre e d@ indefens@, síntese chamada a anovar a súa vida. Escoitar a quen nos chama desde o deserto da pobreza é sempre escoitar unha chamada á conversión.
  • Hoxe un grito estridente e doroso resoa no noso mundo: o berro d@s pobres, d@s indefens@s, d@s atropelados pola inxustiza, @ anciáns, @s humillad@s, @s manipulad@s, @s inmigrantes, @s parad@s.... son a voz de quen nos urxe a comprometer a nosa vida de xeito persoal e comunitario para endereitar, abaixar, igualar... Só así poderemos ver a salvación de Deus. Hai case 61 anos, publicouse a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e tanto tempo despois aínda queda moito camiño por andar para que en todo o mundo as persoas vexan respectada a súa dignidade.
  • Vivimos máis e mellor informad@s que nunca, porén cada vez son máis @s que non teñen razóns convincentes que dean sentido á súa vida. É posible unha comunicación rápida e eficaz entre as persoas e os pobos, porén cada vez cústanos máis establecer relacións de amor e de amizade. Cada vez son maiores as posibilidades de viaxar e divertirse; pero ao mesmo tempo segue medrando o número de persoas insatisfeitas .... Esquecemos que a vida é un proxecto-tarefa que hai que ir resolvendo día a día e que hai que plantexar ben. O que nos caracteriza aos seguidores de Xesús é que á hora de deseñar a nosa vida, ao darlle un sentido, temos como un punto de referencia seguro: a súa vida e a súa mensaxe.
  • Por iso é importante escoitar con atención a voz do profeta: "Preparádelle o camiño ao Señor". A preparación consiste na igualación das relacións humanas, que deben pasar da desigualdade á igualdade, da inxustiza á xustiza. E ese cambio debe ser interior e exterior. O camiño e os carreiros fan referencia a algo que ten relación con tod@s, a un mundo novo, a unha nova sociedade, ao Reino de Deus (co esplendor que narra Baruc). É doado sentir a impotencia diante da complexidade da sociedade actual e o pouco que se pode facer; pero a voz do profeta é un reto para tod@s. Non se pode ver a salvación de Deus se non hai conversión, se non hai cambio, se non hai compromiso práctico do compartir e da solidariedade, se non nos remangamos e poñemos as nosas mans ao servizo d@s demais. A que esperamos?; preparemos o camiño.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Abramos o corazón a Deus, e confiémoslle a nosa vida, para que a acompañe coa súa presenza e o seu alento. E porque somos conscientes da nosa necesidade de conversión, agradecemos esta nova oportunidade que pon no noso camiño dicíndolle:

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO AVENTO CON ILUSIÓN

  • Pola nosa Igrexa, para que descubra a necesidade de conversión, liberándose das ataduras do egoísmo e do acomodamento, sen medo aos cambios e traballando con ledicia, esperanza e ilusión na construción dun mundo máis humano, rostro do Deus Amor, OREMOS.

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO AVENTO CON ILUSIÓN

  • Para que nestas vésperas do Nadal a austeridade de Xoán Bautista, o precursor, nos lembre que sempre, pero máis nestes tempos de crise nos que vivimos, a sobriedade no gasto para compartir cos máis necesitad@s é para @s pobres unha boa nova que anuncia a efectividade do nacemento de Xesús, OREMOS.

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

  • Por cada un e cada unha de nós, para que nos decatemos que é a través de xestos e accións concretas de xustiza, respecto, solidariedade e coherencia como demostramos a nosa vontade de paz e como construímos tecido social, OREMOS.

            GRAZAS POR AXUDARNOS A CAMBIAR

Grazas, Señor, porque sabemos que camiñas connosco, porque sabemos que día a día pasas pola nosa vida para sacarnos da servidume do pecado e para que andemos nunha vida nova. Fai que te sintamos sempre preto, moi preto. Pedímoscho por Xesucristo, o noso irmán, o noso Señor. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Sobre os montes, os pés do teu mensaxeiro

anuncian a paz,

traen unha boa nova.

Que fermosos son os seus pasos!.

Aí vén, berrando: Chegou a hora!.

Comeza a liberdade.

Despunta unha nova aurora.

Xa non haberá noite.

Ninguén falará máis de opresión.

A morte será enterrada para sempre.

Verdade, xustiza e amor

van da man e avanzan.

Pronto será delas o mundo enteiro.

A mentira fuxirá,

a inxustiza perdera o xuízo

e haberá liberdade.

Todo será novo.

Hai que berrar!.

Berrar de ledicia polas terras abatidas,

berrar sobre a miseria e a opresión,

berrar con forza e prazas e mercados.

O pobo camiña, sen cesar.

Hai pedras, cravos, sangue,

conflitos, suor e vida.

E un abrente no que xurde

a palabra LIBERDADE.

QUE FERMOSOS SON OS PASOS

DE QUEN TRAE BOAS NOVAS!.

CANTOS

  • Entrada: Ven axiña visitarnos
  • Lecturas: Veña o teu Reino
  • Ofertorio: Xesús chamado amigo.
  • Comuñón: Volve Señor

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...