Ir al contenido principal

2 Nadal 2014


PALABRA DE VIDA, PALABRA DE ESPERANZA, PALABRA ENCARNADA,PALABRA DEFINITIVA... BENDITA PALABRA!

Descarga o ficheiro
ESCOITA ACTIVA
Canto temos vivido desde que comezou o tempo de Nadal foinos levando a que asentase en nós unha idea: Deus está entre nós, non quedou á porta, senón que entrou ás nosas casas, á nosa vida, á nosa historia escrita tantas veces con páxinas de violencia e inxustizas... Isto é o que proclamaremos hoxe no Evanxeo de Xoán: a través da Palabra que acampou entre nós, Deus fíxose cercano e todos recibimos da súa man graza, tenrura e lealdade. Non se fixo carne en seres anxelicais, senón nun home de carne e oso, cos nosos ideais, coas nosas esperanzas, cos nosos desenganos e sufrimentos. Está dentro de nós: velaí o misterio da Palabra feita carne. Oxalá saibamos gustar o misterio dun Deus que non quedou fóra, diante da porta, senón que se fixo Deus connosco.
 
CORAZÓN MISERICORDIOSO
  • Porque seguimos sen querer recoñecerte nas persoas que camiñan ao noso carón, SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA QUENTE A FRIAXE DO NOSO CORAZÓN.
  • Porque a nosa soberbia fai que pechemos a porta do noso corazón, pensando que non te necesitamos como amigo e compañeiro na viaxe da vida, CRISTO, QUE A TÚA PALABRA QUENTE A FRIAXE DO NOSO CORAZÓN
  • Porque non damos entendido que todo o supón indiferenza ou desprezo da vida: pobreza, explotación, marxinación, escravitude, morte.... supón a negación do Deus revelado en Xesús, SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA QUENTE A FRIAXE DO NOSO CORAZÓN
PALABRA ENRAIZADA
  • Os Evanxeos de Lucas e de Mateu que proclamamos ata o de agora neste tempo de Nadal móstrannos o acontecemento do nacemento desde abaixo; invitándosenos a descubrir, hoxe coma daquela, a ese Deus en tres sinais: un neno, uns capizos, unha manxadoira. Estes evanxelistas queren destacar a tenrura, a pobreza, a sinxeleza e a pequenez. Porén, hoxe vimos de proclamar o Evanxeo de Xoán, que presenta o nacemento desde arriba: a Palabra, que estaba onda Deus, faise carne. Ningunha mención a todo ese mundo tan familiar dos pastores, a manxadoira, os anxos...nin tan sequera do Neno, María e Xosé. El entra no misterio desde outra perspectiva: a través dos seus famosos binomios: vida-morte, luz-tebras, graza-pecado, liberdade-escravitude, verdade-mentira....Pero a realidade é a mesma: Deus quérenos tanto que nos agasalla co seu Fillo, que asume a nosa condición e comparte a nosa vida.
  • E Xoán tamén pon de manifesto a nosa negativa ao plan de Deus. Se Lucas destaca que "non había sitio para eles na pousada", Xoán denuncia que "veu á súa casa e os seus non a acolleron". Polo tanto, a Deus non hai que buscalo no ceo, gobernando o universo con mirada indiferente: Deus está aquí, na nosa carne, na nosa impotencia, na nosa dor, na nosa desesperanza, compartindo "os gozos e as esperanzas, as tristezas e as agonías das persoas do noso tempo, sobre todo das pobres e das que sofren". Non é unha metáfora piadosa, senón unha realidade, dicir que hoxe Deus ten a súa casa entre os deshauciados da nosa sociedade; está en paro cos seis millóns de persoas que non teñen traballo no noso país; sente violados os seus dereitos coma milleiros de persoas que non teñen acceso a unha sanidade ou a unha educación pública de calidade, morre de esquecemento e de soidade xunto con tanta xente nesta sociedade deshumanizada; é explotado e enganado polos poderosos que se aproveitan da desesperación e da ignorancia das persoas; é rexeitado e silenciado coma tantas e tantas persoas que se ven reducidas ao silencio absoluto, é maltratado con tantas e tantas persoas que dun cabo a outro do mundo son despoxadas da súa dignidade no nome dunha orde inxusta que pon a economía no centro de todo e que se esquece dos seres humanos.
  • Por iso, para saber descubrir esta Palabra de vida, necesitamos a sabedoría que vén de Deus e que non mira as aparencias e o superficial, senón que repara nos corazóns verdadeiramente dispostos a acoller e a deixarse enchoupar de toda a humanidade, a tenrura e a misericordia que o Deus feito neno vén deixar entre nós. Unha sabedoría que nos chama a estar presentes no medio da xente, escoitando, aprendendo, descubrindo como e de que maneira podemos traballar para o ben común. Unha sabedoría que nos chama a estar alí onde sexamos necesari@s, testemuñando coa nosa vida ao Deus no que confiamos, a quen lle rezamos e de quen dicimos que é luz nas tebras do noso camiño. Seremos capaces de recoñecer esta sabedoría?.
FRATERNIDADE ORANTE
Ao Deus que non quedou fóra, diante da porta, senón que acampou entre nós, rezámoslle xunt@s dicindo:
SEÑOR, GRAZAS POR ELIXIRNOS
  • Para que as persoas que teñen responsabilidades na igrexa, non esquezan nunca que Xesús quere compartir as ledicias e angustias dos homes e mulleres do noso mundo, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POR ELIXIRNOS
  • Para que as persoas que de calquera xeito colaboramos na vida das comunidades: participando nas celebracións, implicándonos nos grupos de formación, cantos ou Cáritas… evitemos crernos superiores e mellores cós demais, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POR ELIXIRNOS
  • Para que cada un dos que nos xuntamos nos domingos aprendamos a descubrir a presenza da Palabra nas persoas máis necesitadas e esquecidas, e, achegándonos a elas poñamos calor humano onde hai friaxe inxusta, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POR ELIXIRNOS
Grazas, Señor, por facerte Palabra encarnada nun mundo falto de humanidade, Palabra de vida nun mundo cheo de sinais de morte, Palabra de esperanza nun mundo no que medra a desesperanza, Palabra definitiva nun mundo no que todo é efémero. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Cremos en Deus, Pai e Nai,
a pesares de que moitas persoas digan que só é unha ilusión.
Cremos en Xesús de Nazaret,
o seu Fillo benquerido,
a súa Palabra entre nós,
carne da nosa carne,
despoxado do seu rango,
expulsado da súa casa,
crucificado con saña...
pero resucitado polo Pai.
Cremos no seu Espírito,
dador de vida e liberdade,
que move o corazón de tantas e tantas persoas
tenras e íntegras, xustas e leais,
coherentes e solidarias, comprometidas e responsables.
Por iso cremos tamén
na vida, a pesares das feridas;
na amizade, por riba do poder e do sangue;
na fraternidade, máis alá de clases e diferenzas;
na solidariedade, a pesares de egoísmos e mesquindades.
Cremos que o amor é máis forte cá morte;
cremos que ten sentido ser persoas boas, tenras e honestas;
cremos que paga a pena confiar nos demais;
cremos na nosa dignidade,
cremos que nos podemos axudar;
cremos que nos agarda algo insospeitado;
cremos que Deus supera todos os nosos soños;
cremos que somos obra súa
cremos que nel atopamos acougo.
CANTO GOZOSO
  • ENTRADA: Vinde nenos e rapaces
  • LECTURAS: A túa Palabra
  • OFERTORIO: Eu soñei
  • COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor