Ir al contenido principal

Fe sinxela

O relato do nacemento de Xesús é desconcertante. Segundo Lucas, Xesús nace nun pobo no que non hai sitio para acollelo. Os pastores han ter de buscar por todo Belén ata que o atoparon nun lugar apartado, recostado nun presebe, sen máis testemuñas que os seus pais.
Ao parecer, Lucas sente necesidade de construír un segundo relato no que o neno sexa rescatado do anonimato para ser presentado publicamente. Que lugar máis apropiado que o Templo de Xerusalén para que Xesús sexa acollido solemnemente como o Mesías enviado por Deus ao seu pobo?
Pero, de novo, o relato de Lucas vai ser desconcertante. Cando os pais se achegan ao Templo co neno, non saen ao seu encontro os sumos sacerdotes nin os demais dirixentes relixiosos. Dentro duns anos, eles serán quen o entregarán para ser crucificado. Xesús non atopa acollida nesa relixión segura de si mesma e esquecida do sufrimento dos pobres.
Tampouco veñen recibilo os mestres da Lei que predican as súas “tradicións humanas” nos atrios daquel Templo. Anos máis tarde, rexeitarán a Xesús por ter curado enfermos rompendo a lei do sábado. Xesús non atopa acollida en doutrinas e tradicións relixiosas que non axudan a vivir unha vida máis digna e máis sa.
Quen acolle a Xesús e o recoñece como Enviado de Deus son dous anciáns de fe sinxela e corazón aberto que viviron a súa longa vida esperando a salvación de Deus. Os seus nomes parecen suxerir que son personaxes simbólicas. O ancián chámase Simeón (“O Señor escoitou”), a anciá chámase Ana (“Agasallo”). Eles representan a tanta xente de fe sinxela que, en todos os pobos de todas os tempos, viven coa súa confianza posta en Deus.
Os dous pertencen aos ambientes máis sans de Israel. Son coñecidos como o “Grupo dos Pobres de Iahvé”. Son xentes que non teñen nada, só a súa fe en Deus. Non pensan na súa fortuna nin no seu benestar. Só esperan de Deus a “consolación” que necesita o seu pobo, a “liberación” que levan buscando xeración tras xeración, a “luz” que ilumine as tebras en que viven os pobos da terra. Agora senten que as súas esperanzas cúmprense en Xesús.
Esta fe sinxela que espera de Deus a salvación definitiva é a fe da maioría. Unha fe pouco cultivada, que se concreta case sempre en oracións torpes e distraídas, que se formula en expresións pouco ortodoxas, que se esperta sobre todo en momentos difíciles de apuro. Unha fe que Deus non ten ningún problema en entender e acoller.


José antonio Pagola.- Traduciu: Xaquín Campo Freire.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...