Ir al contenido principal

CO LUME DO ESPÍRITO


As primeiras comunidades cristiás preocupáronse de diferenciar ben o bautismo de Xoán que mergullaba ás xentes nas augas do Xordán e o bautismo de Xesús que comunicaba o seu Espírito para limpar, renovar e transformar o corazón dos seus seguidores. Sen ese Espírito de Xesús, a Igrexa apágase e extínguese.

Só o Espírito de Xesús pode pór máis verdade no cristianismo actual. Só o seu Espírito nos pode conducir a recuperarmos a nosa verdadeira identidade, abandonando camiños que nos desvían unha e outra vez do Evanxeo. Só ese Espírito nos pode dar luz e forza para emprendermos a renovación que necesita hoxe a Igrexa.

O Papa Francisco sabe moi ben que o maior obstáculo para pórmos en marcha unha nova etapa evanxelizadora é a mediocridade espiritual. Dio de xeito rotundo. Desexa alentar con todas as súas forzas unha etapa “máis ardente, alegre, xenerosa, audaz, chea de amor ata o fin e de vida contaxiosa”. Pero todo será insuficiente, “se non arde nos corazóns o lume do Espírito”.

Por iso busca para a Igrexa de hoxe “evanxelizadores con Espírito” que se abran sen medo á súa acción e atopen nese Espírito Santo de Xesús “a forza para anunciar a verdade do Evanxeo, con audacia, en voz alta, en todo tempo e lugar, mesmo ata contracorrente”.

A renovación que o Papa quere impulsar no cristianismo actual non é posíbel “cando a falta dunha espiritualidade profunda se traduce en pesimismo, fatalismo e desconfianza”, ou cando nos leva a pensar que “nada pode cambiar” e, xa que logo, “é inútil esforzarse”, ou cando baixamos os brazos definitivamente, “dominados por un descontento crónico ou por unha acedía que seca a alma”.

Francisco advírtenos que “ás veces perdemos o entusiasmo ao esquecérmonos que o Evanxeo responde ás necesidades máis profundas das persoas”. Con todo non é así. O Papa expresa con forza a súa convicción: “non é o mesmo coñecermos a Jesús que non coñecelo, non é o mesmo camiñarmos con el que camiñar ás apalpadelas, non é o mesmo podermos escoitalo que ignorar a súa Palabra... non é o mesmo tratarmos de construír o mundo co seu Evanxeo do que facelo só coa propia razón”.

Todo isto témolo de descubrir por experiencia persoal en Xesús. Pola contra, a quen non o descobre, “ben axiña lle falta forza e paixón; e unha persoa que non está convencida, entusiasmada, segura, namorada, non convence a ninguén”. Non estará aquí un dos principais obstáculos para impulsarmos a renovación querida polo Papa Francisco?


José Antonio Pagola.- Traduciu: Xaquín Campo Freire.

DOMINGO, 19-01.2014.- 2º T. O. (A). Xn 1, 29-34.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...