Ir al contenido principal

5 Coresma A

O DON DA AMIZADE: UN AGASALLO QUE SEMPRE TEMOS QUE COIDAR E NUNCA DEBEMOS PERDER




SINAL DE CORESMA: Colocamos por riba do altar a quinta e derradeira pedra, para que nos faga decatarnos de que, se estamos dispostos, aínda é tempo de poñerse ao camiño para cambiar o noso corazón de pedra nun corazón de carne, moito máis sensible e achegado á realidade da xente.

ESCOITA ACTIVA
Dentro da fondura que hoxe nos presentan os textos da celebración, podemos fixarnos nun aspecto que ao mellor pasa desapercibido: o valor da amizade. Temos escoitado moitas veces o evanxeo de Lázaro, e seguro que nos teñen falado de moitas cuestións que nos axudan a entendelo, pero ao mellor foron poucas as veces nas que nos invitaron, a partires da lectura deste texto, a revisar as nosas actitudes e os nosos comportamentos á hora de tratar cos amigos.
Ter un amigo, dise moitas veces, é ter un tesouro, e os tesouros, porque son moi importantes e teñen valor, debemos coidalos. O mesmo pasa coa amizade: saber que podemos gozar da capacidade de escoita, acollida, axuda, solidariedade, confianza... dun amig@ é o mellor dos tesouros.
Isto entendérono ben as irmás de Lázaro, e o mesmo Xesús. Por iso, diante da situación de Lázaro, o amigo, elas mandan chamar por Xesús, e El sente a tristura e a pena cando lle contan o que lle pasara. Que tamén nós saibamos coidar con todo agarimo e xenerosidade dos amigos, para así sentir a ledicia agradecida de sabérmonos queridos e acompañados.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
*        Porque moitas veces non somos agradecidos coa entrega e xenerosidade que os amigos teñen para con nós, SEÑOR, QUE APRENDAMOS A VALORAR O TESOURO DA AMIZADE.
*        Porque a dureza do noso corazón de pedra impídenos ás veces perder os medos ao que dirán, para mostrarlle achegamento e presenza ás persoas amigas que están a pasar dificultades, CRISTO, QUE APRENDAMOS A VALORAR O TESOURO DA AMIZADE .
*        Porque somos capaces de converter a fe en ideoloxía ou dogma, pero non en sensibilidade e esforzo por buscar un trato xusto e igualitario cos demais, SEÑOR, QUE APRENDAMOS A VALORAR O TESOURO DA AMIZADE.

PALABRA ENRAIZADA
ü  Pouco a pouco a coresma vai avanzando cara ao seu remate. Daquela, é hora de que nos preguntemos se neste percorrido que comezabamos o mércores de cinza temos acadado algún obxectivo, ou pola contra todo segue igual. Somos os mesmos aos que lles esvaran os textos da palabra que proclamamos nas celebracións?. Somos os mesmos que non nos temos movido nada respecto das nosas teimas, e seguimos crendo que a razón está en nós, e que isto da fe hai que vivilo cada un como lle peta, esquecendo que Xesús nos marca un camiño que debemos percorrer ilusionados, pero tamén de xeito responsable ao longo da vida?. Porque a salvación, a graza, a esperanza ou a resurrección, palabras que escoitamos moitas veces nas celebracións son medios que desde a vida e persoa de Xesús, imos descubrindo que nos van facendo mellores persoas, que nos axudan a superar prexuízos e van facendo de nós homes e mulleres para os que a fe non é un verniz externo e ritualista, senón unha maneira de vivir e construír relación de irmandade e amizade con aqueles que están ao noso redor. E se aos amigos os utilizamos segundo o noso interese, abusamos da súa confianza, enganámolos buscando a nosa comenencia... dificilmente pode ser crible a afirmación de que temos fe, de que somos crentes ou de que a celebración do domingo é importante e moito máis ca un costume. O profeta Ezequiel deixouno dito con claridade na primeira lectura de hoxe, cando pon na boca de Deus a afirmación de que El, aquilo que di, faino. Non xoga nin coas persoas nin cos seus sentimentos. Vainos narrando -empregando unha linguaxe que podemos todos comprender-, que falar de Deus é querer dicir que nunca estamos abandonados, solos ou ao pairo. Todo o contrario: porque é un Deus que non quere sacrificios baleiros, senón actitudes e comportamentos reais, invítanos a non esquecer que no mesmo xeito que vivamos a nosa amizade e preocupación polos amigos, nesa mesma maneira estará sendo o sentido, a razón e a comprensión que teñamos de Deus. El non é algo que está nas alturas, senón alguén que terma e se preocupa de nós, ao chamarnos a non deixar abandonados aos demais.
ü  Amizade e misericordia van sempre da man. Non pode darse unha sen a outra. Un non pode chamarse amigo nin de Deus nin dos demais se non é misericordioso; é dicir, se non somos capaces de tomar en serio a quen nos busca, de escoitar –non só oír– a quen nos fala contándonos o seu problema ou os seus medos e inseguridades; de acompañar a quen está vivindo unha situación dura, difícil ou se sente enganado por todos. Se non somos quen de mirar aos ollos a quen temos ao lado, dificilmente poderemos entender que significa a palabra amig@ e a palabra misericordia. Escoitar, acompañar e sufrir con, son actitudes que nos invitan á misericordia, a poñer o corazón ao lado de quen o precisa. Así o entendeu Xesús, e así o entenderon moitos homes e mulleres que, descubríndoo en Xesús, fixeron da súa vida entrega de gratuidade apaixonada. A misericordia non está no externo, senón que bule dentro do corazón e móstrase no xeito de facer, dicir e vivir as situación da vida ao lado dos outr@s. A isto se refire Paulo cando di que nós non vivimos segundo a carne, senón segundo o espírito. Porque nel imos atopando sementes de vida, de esperanza, de superación de atrancos; e desde el, e tendo en conta canto vimos de dicir, entendemos que significa a experiencia de resucitar. Botemos fóra a idea de identificala con un revivir corporal, e comecemos a vivir e a entendela como a vivencia máis profunda que fai que as persoas saibamos dicir sempre: todo é posible, porque nada ten final senón en Deus.
ü  E quen é misericordioso acostuma a ser unha persoa con capacidade non de pecharse en si mesma e só nas súas cousas, senón de abrir horizontes para descubrir que ao seu lado hai moitas causas e cousas polas que loitar; moitas persoas capaces de poñer a súa vida a render a prol dos demais, de facer o seu traballo non só de xeito responsable e ben feito, senón de saber agradecelo e compartilo creando unha relación de xenerosidade e colaboración con quen ten ao lado; de non deixar que os máis fortes abusen dos débiles, que os inxustos triúnfen e esmaguen aos máis pequenos, que o fracaso triúnfe sobre a esperanza. Quen descubre a misericordia como actitude fundamental da súa vida, o mesmo que Xesús, sabe chorar nas ledicias e consolar nas tristuras, porque sabe que ante o don da amizade está aquel que non renuncia a ser amigo de todas as persoas: Xesús de Nazaret.

FRATERNIDADE ORANTE
Sabemos, Señor, que pos en tod@s nós, sementes de amizade e xenerosidade, por iso de xeito comunitario agradecemos que nos invites a construír relación de igualdade entre nós, e dicimos xunt@s:
QUE FAGAMOS DA MISERICORDIA FARO NA NOSA VIDA

*        Que cantos formamos a Igrexa acollamos as esperanzas e os gozos, as tristuras e dificultades de cantos esperan de nós corazóns da carne e non de pedra, OREMOS.
QUE FAGAMOS DA MISERICORDIA FARO NA NOSA VIDA

*        Que cantos formamos parte das nosas parroquias non practiquemos nunca a indiferenza coas persoas que están preto, e esperan de nós coherencia entre o que cremos e como actuamos, OREMOS.
QUE FAGAMOS DA MISERICORDIA FARO NA NOSA VIDA

*        Que persoal e comunitariamente fagamos sempre o esforzo por coidar as relacións cos nosos amig@s, sen caer na tentación de reducilas a un simple e puro interese en obter cousas, senón que o tempo, a dedicación, os sorrisos, as palabras de ánimo... vaian sementando as nosas relacións de amizade, para que cando sexa o tempo dean o mellor froito de todos: a plenitude da esperanza ao lado de Deus, OREMOS.
QUE FAGAMOS DA MISERICORDIA FARO NA NOSA VIDA

Porque queremos ser os teus amig@s, sentímonos hoxe agradecid@s por invitarnos a valorar que a amizade sempre se ten que cimentar sobre a misericordia e a igualdade. Que saibamos levar á nosa relación cos demais este xeito de actuar e vivir. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DE ESPERANZA
Á persoa non é posible desexala, porque cando desexas a unha persoa deixaches de amala como tal. Eu non son unha cousa. Eu non son desexable nin indesexable. Son o que son e nada máis. Ti chegarás a amar ás persoas en canto non che importe o que as persoas son. O amor é impersoal. No amor non se mete a personalidade. O amor é, e flúe polo medio de ti. Ti non o fabricas, e no amor a persoa queda a un lado. Por iso o amor é libre e dispoñible. O eu é un impedimento para amar. Cando elixes ou comparas, ou pides compensacións, é porque necesitas a esa persoa para amarte a ti mesmo. E o amor non sabe de deberes nin de gratificacións, porque o amor é gratuíto e libre. Ámote, quérote, necesítote, non podo vivir sen ti, significan: agárrome a ti porque enches a miña necesidade e o meu apego. Iso é egoísmo. O amor existe inda que non haxa ninguén alí. (A. De Mello)
CANTO GOZOSO
  • *    ENTRADA: Amigos nas penas
  • *    LECTURAS: Eu sei de quen me fiei
  • *    OFERTORIO: Douche grazas, Señor, noso Pai
  • *    COMUÑÓN: Non vou so

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel