Ir al contenido principal

5 Pascua A

CHAMAD@S A SUPERAR A DIVISIÓN: NIN HELENISTAS NIN HEBREOS....
DE CRISTO E INCLUÍNTES!!!!!!!!!!
Descarga o arquivo
ESCOITA ACTIVA
Diante da tentación sempre presente en nós de crer que temos as mellores solucións, polo que non necesitamos nin escoitar nin atender ao que os demais nos poidan dicir, a celebración de hoxe invítanos a deixar atrás este xeito de ver as cousas para comezar a pensar dun xeito inclusivo; é dicir, desde unha perspectiva global, de todos, e non só desde a nosa. Deste xeito a comunidade veríase enriquecida e fortalecida. Que canto celebremos hoxe comunitariamente sexa pulo de cambio e transformación de actitudes nas nosas vidas.

CORAZÓN MISERICORDIOSO
(Podemos substituír esta parte pola aspersión á comunidade e o canto, A auga do Señor)
v Porque nos pode o individualismo e fáltanos capacidade comunitaria, SEÑOR, QUE A DIVISIÓN SEXA ACTITUDE A SUPERAR.
v Porque non construímos sobre pedra, senón sobre area a nosa vida e as nosas conviccións, CRISTO, QUE A DIVISIÓN SEXA ACTITUDE A SUPERAR.
v Porque coidamos que non temos nada que aprender dos demais e crémonos mellores e superiores, SEÑOR, QUE A DIVISIÓN SEXA ACTITUDE A SUPERAR.
PALABRA ENRAIZADA
·        Estando divididos, indo cada un ao seu, é moi difícil poder chamarnos e levar con dignidade o nome de cristiáns. Isto que entenderon ben os membros das primeiras comunidades cristiás, fáltanos a nós moitas veces hoxe en día. Pensamos que temos resposta para todo, que nada podemos aprender dos demais, que os que teñen que someterse ou pasar polo aro son os outros. Nós?. Facémolo todo ben. Estas actitudes o que van deixando son regueiros de división, separación e enfrontamento dentro das nosas comunidades, das nosas parroquias, mesmo dos grupos que imos formando na comunidade. Temos que caer na conta que só remando na mesma dirección poderemos ser verdadeiros referentes do seguimento de Xesús e as súas testemuñas, como tantas veces El ten insistido.
·        E isto por que?. Porque non se pode asentar sobre bo cimento o que non se constrúe con bos materiais. Se nós fallamos á hora de entendernos e levarnos ben; se o que nos move é o agradecemento e non o servizo; se o que nos fai felices é sacar tallada e beneficio, e non a solidariedade...Se todo isto é así, fallan os materiais que estamos a utilizar para ser comunidade de referencia. E xa sabemos: cando o material non é bo, o cimento reséntese, e a construción vense a abaixo. Isto é o que nos está  a pasar nas nosas comunidades cristiás de occidente actualmente: a fe é rito, a convicción está ausente, a sinceridade á hora de tomar decisións non a hai... Consecuencia: converternos en peza de museo, de xeito que nos ven raros os que non nos coñecen, e incoherentes os que esperarían de nós alegría, convicción, ilusión ou esperanza á hora de sementar, alí onde estamos, presenza viva da mensaxe de Xesús que tanto ilusionou e moveu corazóns para facer cousas que serviran aos demais e puxeran sorriso e respecto nos seus corazóns. Por iso, se nos fallan os cimentos, a construción, tardará máis ou menos, pero acabará por vir abaixo.
·        Pero Deus non é excluínte coma nós. Ao contrario, El segue, unha e outra vez a ofrecernos oportunidades. Faino sen cansar e sen desesperar. E faino así porque ten acollida para tod@s e respecto universal. Podemos ser dun xeito ou doutro, dun lugar ou doutro, falar esta ou aquela lingua...; pero ao seu carón, na súa casa sempre hai sitio. Sempre dispón un recunchiño para que ninguén quede ao pairo. Por que a nós nos custa tanto entender isto?. E se na súa casa hai sitio para to@s, por que nas nosas non o hai sequera para os que están máis preto?. Non nos damos conta que actuar así, excluíndo, convértenos en decadentes e mediocres?. Revisemos con tranquilidade as palabras do evanxeo de hoxe, e fagamos exame de cales son as cousas nas que estamos a fallar, para pórlle remedio. Só así viraremos de dirección neste camiño trabucado que non nos leva a Deus, senón que nos fai caer, unha e outra vez, nas nosas propias rutinas. E, xa sabemos: con rutinas non é posible construír o reinado de Deus.

FRATERNIDADE ORANTE
Porque Deus chámanos a unir e non a separar, dicimos:
QUE SEXAMOS PEDRAS VIVAS DE ACOLLIDA E PARTICIPACIÓN
·        Para que na Igrexa, remando na mesma dirección, aprendamos a respectar a pluralidade de formas, modos, maneiras e expresións á hora de levar á vida a nosa fe, OREMOS.      
QUE SEXAMOS PEDRAS VIVAS DE ACOLLIDA E PARTICIPACIÓN
·        Para que nas nosas comunidades fagamos do noso tempo respecto, pluralidade e cooperación, OREMOS.
QUE SEXAMOS PEDRAS VIVAS DE ACOLLIDA E PARTICIPACIÓN
·        Para que saibamos traballar cada día por acoller, incluír e mostrarnos cercanos uns aos outros, OREMOS.

QUE SEXAMOS PEDRAS VIVAS DE ACOLLIDA E PARTICIPACIÓN
·        Polas persoas que no eido do ensino tentan levar a túa mensaxe incluínte e liberadora aos nenos e mozos; para que fagan sempre este servizo con ledicia, esperanza e responsabilidade, OREMOS.

QUE SEXAMOS PEDRAS VIVAS DE ACOLLIDA E PARTICIPACIÓN
Porque somos na túa casa, que tamén e a nosa, pedras vivas de participación, unímonos para reforzar a forza desta fe que hoxe agradecemos poder compartir. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Vivir é compartir; relacionarse e cooperar.
Vivir é compartir, comunicar, comulgar uns cos outros.
Vivir é superarse, dar froito, crear.
Vivir é des-vivirse, dar a vida día a día.
Vivir é ser amado e amar: “Son amado, logo existo”.
Hai algo que vale máis cá vida, como a fe, a liberdade, o amor, a verdade, a xustiza, a paz... Por estas cousas ou por persoas, sempre por Deus, pódese dar a vida.
Porque vivir é saber dicir a quen temos ao lado: grazas irmán, grazas irmá.
CANTO GOZOSO
*                         ENTRADA: Camiñando pola vida
*                   LECTURAS: Misioneiro
*                   OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá

*                   COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...