Ir al contenido principal

Asunción 2015



Ave María, a chea de graza que nos axuda a descubrir o rostro do seu Fillo nos rostros esquecidos e esmagados do noso mundo

Descarga o ficheiro
In memoriam


CANTO GOZOSO
§  ENTRADA: Xa nos tes aquí
§  LECTURAS: Noraboa María
§  OFERTORIO: Esa é María
§  COMUÑÓN: Coa nosa naiciña do ceo
ESCOITA ACTIVA
Abrimos os ollos hoxe para admirarnos, unha vez máis, da persoa de María, muller, nai e cristiá sempre de referencia. Nela somos invitados hoxe a mirarnos os que nos chamamos seguidores do seu Fillo, porque nesa mirada descubrimos o que é navegar contracorrente para poder dicir si ao proxecto de amor de Deus. Incomprendida, excluída e mal mirada por aquela sociedade de “ben pensantes”. Tamén hoxe son moitas as mulleres que, coma María, navegan a contracorrente vencendo incomprensións e críticas; mulleres que sacan tempo de onde non o teñen para dignificarse co seu traballo e a súa entrega ás causas nas que durante moito tempo foron excluídas, ignoradas e silenciadas. É hoxe a festa de María, si; pero nela é tamén a festa de todas as Marías que non deixaron nin deixan que a súa dignidade de mulleres sexa dominada polos máis fortes.
Recemos xunt@s esta mañá con elas e por elas desde a tenrura de María de Nazaré.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
ü Porque non somos conscientes de que nos falta convencemento e nos sobran ritos para dicir que seguimos a Xesús, SEÑOR, QUE COMO MARÍA CAMIÑEMOS NA MISERICORDIA.
ü Porque ignoramos a dor e tristura dos máis pequenos e débiles, e nos mostramos arrogantes co que nós facemos, CRISTO, QUE COMO MARÍA CAMIÑEMOS NA MISERICORDIA.
ü Porque somos máis sementadores de individualismo que de sentido comunitario e xeneroso, SEÑOR, QUE COMO MARÍA CAMIÑEMOS NA MISERICORDIA.
PALABRA ENRAIZADA
Ø Neste día no que honramos a María como a muller que desde o seu si se puxo en camiño para acoller a Xesús no seu seo e na súa vida, xuntámonos nas nosas igrexas para rezar, unidos a ela, como comunidade. Unha comunidade que tivo un comezo pouco doado, no que foi incomprendida, perseguida e martirizada, pero sen que iso supuxera perder o sentido nin o rumbo do seguimento de Xesús de Nazaré. O seu esforzo e exemplo convertéronse para nós en guieiro, ao longo dos séculos, de que por moita infidelidade e comportamentos antievanxélicos que poida haber na Igrexa, sempre permanece un “resto” que, vencendo todo tipo de atrancos, non se deixa abranguer por comportamentos alleos ao evanxeo. Nesta loita continua e constante, María tense convertido en referencia de fidelidade e perseveranza sempre xenerosa. Ela, que non se deixou vencer polas dificultades, ten sido, e debera selo tamén para nós, faro no medio de escuridades que teñen feito da Igrexa antitestemuño fronte á sinxeleza á que chama Xesús. Cantas veces se miramos á historia ou mesmo ao momento actual para fixarnos no actuar de membros da Igrexa –xerarquía e leigos– nos temos atopado cun actuar despótico, de busca só de poder, intrasixente, explotador, perseguidor dos diferentes... xustificado sempre no nome de Deus -faltaría máis-, e no achegamento á mesa do altar para recibir a comuñón! Cantas veces no nome do Evanxeo se ten perseguido, violentado, enganado ou obtido beneficios sen importar a quen se deixaba polo camiño! Cantas veces, se ten utilizado o nome de Deus en van para conseguir poder, cartos ou aplauso!
Ø Porén, se prestamos atención aos textos que hoxe vimos de proclamar, a invitación que desde Xesús se fai é de servizo, sinxeleza, acollida, cercanía... o contrario daquilo no que nós o temos convertido. E neste responder na fidelidade aparece a persoa de María como aquela que rompe con tradicións, costumes e sometementos por ser muller. Ela, sendo espírito libre e bondadoso, soubo non deixarse vencer nin pola tradición que facía da muller cidadá de segunda clase nin pola sociedade que culpabilizaba coa súa crítica e opresión a quen se rebelaba contra o sometemento por ser muller. 
Ø Que, sen deixar de mirar ao ceo de onde recibimos a forza e o estímulo para non quedar nunca quedos, nos esforcemos por poñer os pés no chan para traballar cada día para que non haxa exclusións nin discriminacións de xénero. Que en María aprendamos a atopar os folgos necesarios que movan o noso actuar.
FRATERNIDADE ORANTE
Señor, neste día de festa no que honramos a María, nai e mestra no seguimento de Xesús, compartimos agora a nosa oración comunitaria e dicimos xunt@s:
QUE EN MARÍA NOS SINTAMOS SEMPRE ACOLLIDOS
·        Para que a Igrexa, dirixida nos seus órganos de goberno por homes, non ignore nin discrimine o traballo da muller nas comunidades; traballo que nunha gran maioría das veces supón manter viva a chama do evanxeo e da fidelidade á mensaxe de Xesús, OREMOS.
QUE EN MARÍA NOS SINTAMOS SEMPRE ACOLLIDOS
·        Para que nas nosas comunidades saibamos valorar, e non criticar nin poñer dor e tristura, o labor e o esforzo de tantas mulleres que unen traballo, maternidade e coidado dos maiores como sinal de amor e servizo aos máis débiles, OREMOS.
QUE EN MARÍA NOS SINTAMOS SEMPRE ACOLLIDOS
·        Polas persoas que traballan como Igrexa pola solidariedade, a xustiza e a denuncia de calquera explotación das persoas máis indefensas, para que o seu traballo sexa o espello no que sempre nos miremos á hora de actuar como seguidores de Xesús, OREMOS.
QUE EN MARÍA NOS SINTAMOS SEMPRE ACOLLIDOS
·        Para que como María, tamén nós aprendamos a facer latexar o noso corazón e abrir a nosa man para acoller a quen se sente ignorado, excluído e tratado coma se fose unha cousa e non dignidade de Deus, OREMOS.
QUE EN MARÍA NOS SINTAMOS SEMPRE ACOLLIDOS
Acolle,Señor esta oración que compartimos no día no que honramos a forza loitadora e sandante de María, nai de Xesús e da Igrexa. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
MARIA DO MAGNÍFICAT
María, cremos, coma ti,
que a máis fermosa actitude d@ crente é pórse a cantar
e agradecer o agasallo marabilloso do Señor,
que chega ata nós feito graza.
María,cremos, coma ti,
que abrirse á Palabra e dicir Si é saír ao encontro do Señor,
que segue a chamarnos cada día á hora da tarde e da brisa.
María, cremos, coma ti,
que o Deus dos humildes e dos pobres compromete ao seu Fillo
con tod@s @s que sofren na súa carne as bágoas do desprezo e da opresión.

María, cremos, coma ti,
que o brazo do Señor acolle @s sinxel@s
e nega ao poderoso as razóns para facer do dominio e da riqueza explotación.
María, cremos, coma ti,
que @ ditos@ e feliz do Novo Reino descubre no servizo
o camiño que ensalza a grandeza do pobre e do irmán.
María, cremos, coma ti,
que o Deus da promesa fíxose en ti realidade e plenitude
e vive desde entón a nosa historia collido da túa man e da nosa man.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...