Ir al contenido principal

Domingo Ramos 2016



 ESQUEMA
FÓRA DO TEMPLO

*  SAÚDO
*  ESCOITA ACTIVA
*  BENDICIÓN DOS RAMOS
*   PROCLAMACIÓN DO EVANXEO DE LUCAS
*   CANTO PROCESIONAL: Camiñando pola vida (Nº 9)
DENTRO DO TEMPLO

* PROCLAMACIÓN DA PAIXÓN SEGUNDO LUCAS
* OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
* CREDO
* FRATERNIDADE ORANTE
* OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32)
* PAZ: Que veña a paz (nº 45)
* COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
* ORACIÓN
* MIRADA ESPERANZADA
* BENDICIÓN
Comecemos o camiño, duro e tortuoso moitas veces, que nos leva a experimentar que pascua e esperanza son posibles en nós e no mundo que conformamos


(Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos).

SAÚDO

Quen preside: A paz e o ben; a misericordia e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós.

ESCOITA ACTIVA

Traemos ramos e palmas, vimos con alegría, mesmo moitos dos que ao longo do ano non se achegan á igrexa están hoxe aquí. Benvid@s. Deus non fai coma nós: acolle sempre. E hoxe invítanos a que fagamos o camiño que vai da Xerusalén da terra á Xerusalén do ceo, á resurrección. Poñamos, logo, atención, alegría, ganas e corazón para participar da celebración que agora comezamos, e iniciemos tamén ese camiño que, acompañados sempre de Xesús, somos invitados a realizar cada un de nós.

BENDICIÓN DOS RAMOS
Deus e Señor, bendice + estes ramos e estas palmas, e a cantos queremos iniciar este camiño que nos fai sentir a presenza de Cristo aclamándoo cos nosos cantos e co noso paso comunitario. Un paso que nos leva do exterior ao interior: ao noso corazón, ás nosas preocupacións, tamén ás nosas alegrías. Concédenos entrar na Xerusalén do ceo guiados por El, que vive e reina por sempre eternamente. Amén.
PROCLAMACIÓN DO EVANXEO

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO LUCAS
Xesús botou a andar diante camiño de Xerusalén.
E cando se aproximaban a Betfagué e a Betania, ao pé do chamado Monte das Oliveiras, mandou dous discípulos, dicíndolles:
-      Ide á aldea que tedes aí diante, e atoparedes atado un burriño que ninguén montou aínda nunca. Soltádeo e traédeo. E se alguén vos pregunta: "¿Por que o soltades?", respondédelle: "Precísao o Señor".
Foron os discípulos, e atoparon todo tal como lles dixera. E cando ceibaron o burriño, preguntáronlles os donos:
-      ¿Por que soltades o burriño?Eles contestaron:
-      Precísao o Señor.
Levárono onda Xesús, botaron os mantos sobre o burriño e axudárono a montar. E ao pasar el, a xente estendía os mantos polo camiño. Cando se aproximaban á baixada do Monte das Oliveiras, a multitude de discípulos, cheos de alegría, comezaron a loar a Deus con grandes gritos, por todas as marabillas que tiñan visto. Dicían:
-      ¡Benia o que vén, coma rei, no nome do Señor. Paz no ceo, e gloria no máis alto!
Algúns dos fariseos que estaban entre a xente, dixéronlle:
-      Mestre, reprende a eses teus discípulos.
Pero el respondeulles:
-      Asegúrovos que se estes calan, falarán as pedras.
PALABRA DO SEÑOR
CANTO PROCESIONAL: MOITO ME ALEGREI

PROCLAMACION DA PALABRA (Lc. 23, 1-49)
(Pensando n@s que deben acompañar e dinamizar varias celebracións, propoñemos a lectura máis breve da Paixón)
PROCLAMACIÓN DA PAIXÓN DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO LUCAS
Cando se levantou a sesión, conduciron a Xesús ante Pilato. Alí empezárono a acusar, dicindo:
Atopamos a este revolucionando ao pobo, impedíndolle pagar o tributo ao César, e declarándose ademais Mesías e rei.
Pilato preguntoulle:
¿Es ti o rei dos xudeus?
Respondeulle:
Ti o dis.
Entón díxolles Pilato aos sumos sacerdotes e mais á xente:
Eu non atopo delito ningún neste home.
Pero eles teimaban dicindo:
Anda encirrando á xente, ensinando por toda Xudea, desde Galilea ata aquí.
Oíndo aquilo, Pilato preguntou se aquel home era galileo. Ao saber que pertencía á xurisdicción de Herodes, remitiullo a el, que casualmente estaba por aqueles días en Xerusalén.
Herodes, ao ver a Xesús, alegrouse moito, porque había tempo que o quería ver polo moito que tiña oído falar del; de por parte, esperaba ver algún milagre. Fíxolle moitas preguntas, pero Xesús non dixo palabra. Tamén estaban alí os sumos sacerdotes e mailos letrados acusándoo arrufadamente. Herodes e mailos seus soldados aldraxárono, e, para faceren riso del, vestírono cunha roupa fachendosa; e despois Herodes mandoullo de volta a Pilato. E desde aquel día Herodes e Pilato, que se levaban moi mal, quedaron amigos.
Pilato convocou os sumos sacerdotes, os xefes e mailo pobo e díxolles:
Trouxéstesme este home coma se fose un revolucionario; pero eu, despois de o interrogar diante de vós, non atopei nel ningún delito deses dos que o acusades; nin tampouco Herodes, que nolo devolveu. Nada que mereza a morte cometeu; así que voulle pór un escarmento, e despois vouno soltar.
Pero todos empezaron a berrar, dicindo:
¡Fóra ese, solta a Barrabás!
(Este estaba na cadea por unha revolta con asasinato, ocorrido na cidade).
Pilato volveulles falar, pois quería librar a Xesús. Pero eles berraban:
¡Crucifícao, crucifícao!
Pilato replicou por terceira vez:
¿Pero que mal fixo? Ningún delito de morte atopei nel. Dareille un escarmento e soltareino.
Pero eles porfiaban a berros e pedían a crucifixión, facendo cada vez máis algareo. Por fin Pilato sentenciou tal coma eles querían. Soltou ao que reclamaban o encadeado por revolta e asasinato, e a Xesús entregóullelo ao seu antollo.
Cando o levaban, botaron man dun certo Simón de Cirene, que viña da leira, e cargáronlle a cruz, para que a levase detrás de Xesús. Ía tras eles unha chea de xente e mulleres batendo no peito e laiándose por el. Xesús volvéndose a elas, díxolles:
Fillas de Xerusalén, non choredes por min: chorade máis ben por vós e polos vosos fillos. Porque, mirade, veñen días nos que se dirá: "Afortunadas as ésteriles, os ventres que non enxendraron e os peitos que non criaron". E pediranlles aos montes: ¡Caede enriba de nós!, e aos outeiros: tapádenos. Porque se isto fan coa árbore verde, ¿que lle pasará á seca?
Levaban con el tamén a outros dous bandidos, para executalos. E cando chegaron ao lugar chamado "A Caveira", crucificárono alí; e con el aos dous bandidos: un á dereita e outro á esquerda del.
Xesús dicía:
Meu Pai, perdóaos que eles non saben o que fan.
E, botando a sorte, repartiron a roupa del. A xente estaba a mirar, e os xefes moqueábanse del, dicindo:
A outros salvounos. Pois que se salve agora el, se é o Mesías de Deus, o Elixido.
Tamén os soldados se burlaban del, e achegándose ofrecíanlle vinagre, dicindo:
Se ti es o rei dos xudeus, sálvate a ti mesmo.
E había un letreiro enriba del: "Este é o rei dos xudeus".
Un dos bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén:
¿Non es ti o Mesías? Pois sálvate ti e sálvanos a nós.
Pero contestoulle o outro, reprendéndoo:
¿Seica non temes a Deus, ti que sofres a mesma condena ca el? Nós, polo menos, recibimos o que merecemos, pero este non fixo mal ningún.
E dicíalle:
Xesús, lémbrate de min cando volvas coma rei.
Xesús respondeulle:
Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.
Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata a media tarde, pois houbo unha eclipse de sol. E o veo do Santuario rachou polo medio. Entón Xesús, pegou un berro moi alto e dixo:
¡Meu Pai! nas túas mans entrego o meu espírito.
E dicindo isto, morreu.
O centurión, vendo o que sucedera, glorificou a Deus, dicindo:
Realmente este home era inocente.
E toda a xente que acudira ao espectáculo, ao ver o que pasaba, volvía batendo no peito. Os seus coñecidos seguían todo de lonxe, e igual as mulleres que o acompañaran desde Galilea.
PALABRA DO SEÑOR
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
*     Ten que ser moi breve.
*     A celebración xa ofrece suficientes motivos de catequese.
*     Nós, coma a xente de Xerusalén, unhas veces aclamamos a Xesús e outras esquecémolo con facilidade.
*     Esforcémonos por non "asistir" ás celebracións coma se foramos simples “espectadores”, senón como alguén que fai súas as mensaxes e vivencias da Semana Santa e da Pascua.
*     As pegadas de coresma teñen sido unha axuda que nos foi guiando para tomar conciencia deste camiño e da necesidade de implicarnos facéndoo.
*     Se a coresma serviu de tempo de preparación, xa podemos logo comezar esta nova etapa que nos vai levar desde hoxe ata o domingo de Pascua.
FRATERNIDADE ORANTE
Coa confianza que nos ofrece sempre Deus Pai, achegámonos como comunidade reunida e preocupada do que lle pasa aos seus membros, para presentarlle as nosas ledicias e tristuras, e sentir a forza da súa presenza sempre solidaria. Respondemos dicindo:
QUE SIGAMOS AS TÚAS PEGADAS DE ESPERANZA
û Para que a Igrexa non teña nunca medo a denunciar, como facía Xesús, os abusos de poder do sistema político, económico e relixioso que non defenden ás persoas máis pobres e descartadas, OREMOS.
QUE SIGAMOS AS TÚAS PEGADAS DE ESPERANZA
û Para que o futuro dos países en vías de desenvolvemento sexa tarefa compartida e querida por todas as nacións da terra, OREMOS.
QUE SIGAMOS AS TÚAS PEGADAS DE ESPERANZA
û Para que os que viven na tristura e o desalento, que son cada vez máis dos que están ao noso redor, reciban a palabra de ánimo que necesitan e o testemuño da nosa presenza que sabe escoitar e animar, OREMOS.
QUE SIGAMOS AS TÚAS PEGADAS DE ESPERANZA
û Polas familias nas que hai enfermos, soidade, exclusión ou calquera outro tipo de necesidade, para que desde Xesús que ilumina as nosas vidas, atopen en nós, os que estamos máis cerca, a man amiga e cercana que os acompañe nestes momentos de dor e incomprensión, OREMOS.
QUE SIGAMOS AS TÚAS PEGADAS DE ESPERANZA
û Polo papa Francisco, para que siga a ofrecer sinais de renovación, dunha verdadeira primavera eclesial, que pon o corazón e os ollos nas persoas e non nas normas nin nas imposicións, OREMOS.
QUE SIGAMOS AS TÚAS PEGADAS DE ESPERANZA
Acolle, Pai, esta oración que presentamos xuntos neste día no que comezamos o camiño que nos leva á Pascua. P.X.N.S. Amén.
ORACIÓN
Co ramo de oliveira aclamámoste.
Aclamámoste querendo unirnos a tódolos que sofren.
A tantos enfermos que non poden coa súa dor,
a tantas familias desfeitas pola droga,
a todas as parellas rotas polo desamor e a incomunicación,
a tantos nenos cheos de cousas e necesitados de amor.
Aclamámoste pedíndoche que nos axudes a acompañara vida
de tantos inmigrantes cheos de nostalxia e inseguridade,
de todos os deprimidos,
desanimados e sen ganas de vivir,
de todos os que non teñen valores que merezan a pena,
dos que teñen penas que ninguén consola,
dos que cumpren penas en cárceres deshumanizadas.
Aclamámoste contentos porque nos enches de esperanza.
Por iso cremos que este mundo ten remedio,
que se pode dar a vida, coma ti, para crear vida,
que xuntos, contigo e con outros, somos familia,
que pouco a pouco imos facendo o teu reino
e que nos xuntaremos no teu abrazo ao final dos días.
E porque sentimos que camiñas a vida ao noso lado:
Grazas, Xesús, a túa Paixón pagou a pena!
(Do libro de Cáritas Coresma e Pascua 2016)
MIRADA ESPERANZADA
Os ramos non son un amuleto máxico para que, pendurado dos nosos balcóns, nos sirva de reclamo para os bens e afaste os males. O ramo que hoxe levamos nas nosas mans é unha opción: somos quen de gritar: Hosanna!... e non crucifícao! Somos dos que optamos por cargar coa cruz de Xesús e por dar a nosa vida, coma El a deu, polos demais. E poñelo no balcón, á vista de todos, non é por ornamento ou por manter un costume supersticioso. É un modo de dicirlle a todos os que pasen: aquí viven cristiáns: teñen/mos a casa aberta, o corazón dispoñible para amar e o tempo e oídos para escoitarte e darche do que teñen.
(Do libro de Cáritas Coresma e Pascua 2016)

Comentarios

Entradas populares de este blog

5 Domingo TO B 2018

PERSOAS LOITADORAS, NON SUFRIDORAS Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
öENTRADA: Amigos nas penas
öLECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)
öOFERTORIO: Acharte presente na vida (Nº 51)
öCOMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
PARA NON PERDER O PASO
Cando unha cousa non nos serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou tradición, inda que ás veces o queiramos revestir de cultura para poder mantelo.
Fronte desta situación, os textos que hoxe imos proclamar chámannos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e aporta a fe. Non imos solos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos…