Ir al contenido principal

14 DOMINGO TO A 2020

14 domingo do tempo ordinario 2020

Cantos

  • Entrada. Vinde axiña

  • Lecturas. As túas palabras, Señor

  • Ofertorio. Na nosa Terra

  • Comuñón. No colo da miña nai

ABRINDO OS OLLOS AO MUNDO

Adentrandonos xa no mes de xullo, e ante este verán de desesescalada, non deberiamos esquecer dúas palabras nas que se resume a nosa andaina neste novo tempo: liberdade e responsabilidade. Liberdade para decidir, para non deixarnos coaccionar polo medo, para non instalarnos na pasividade paralizante de quen renega de construír futuro. E responsabilidade de quen ten memoria e non esquece nin as persoas que se foron nin a dureza dun tempo no que, metidos na casa, escoitabamos novas tristes e desalantadoras. Por iso, para non volver a ese tempo, é fundamental a responsabilidade dos que, querendo camiñar desde este presente ao futuro que está por vir, estamos dispostos a facelo coa responsabilidade de quen non baixa a garda, ao estilo de Xesús, pero non se deixa tampouco dominar polo medo, que sempre impide o actuar libre.
Que a celebración que agora comezamos, Reactive en nós este dobre compromiso de saber conxugar liberdade e responsabilidade.

ACOLLENDONOS Á MISERICORDIA

  • Para que non nos deixemos paralizar polo medo. Señor, que os nosos sexan pasos de liberdade.
  • Para que saibamos ser responsables, pensando en nós e nos demais. Cristo, que os nosos sexan pasos de liberdade.
  • Para que non nos deixemos levar da tentación do illamento. Señor, que os nosos sexan pasos de liberdade.

ENCHOUPADOS NA PALABRA

  1. O profeta Zacarías invita a aledar o corazón, a non permitir que, como diciamos no momento de compartir a misericordia de Deus, nos deixemos arramplar polo desacougo, o pesimismo permanente nin pola tentación do illamento. Porque o Deus de Xesús é sempre un Deus de comuñón;un Deus de compartir;un Deus de mans tendidas e camiños compartidos. O que leva a que nunca nos síntamos sos, e que aprendemos a descubrir a súa presenza en quen de xeito libre e responsable, loita e traballa por levar o seu tempo, a súa palabra, o seu sorriso, a súa dispoñibilidade para quen a precise. O que sempre produce ledicia;a ledicia de ofrecer e acompañar;a ledicia de quen non mira ao malo que pasou, senon que, sen esquecelo, se vai esforzándo  por abrir camiños de futuro e esperanza.

  2. O que nos fai tomar conciencia de que nin estamos sos nin  tampouco debemos caer na tentación de alistarnos  no grupo dos desacougados permanentes. E iso e así porque a forza do Espírito de Deus vai con nós. E tal é así que mesmo a súa presenza vai facendo que compartamos, colaboremos  e fagamos do noso dia a día unha experiencia de traballo compartido e agradecido. Por iso nos aledamos, tamén, de xeito comunitario , e celebramolo reunindonos no seu nome.

  3. Sabermos xunt@s no nome do Señor, deixarnos acoller na súa tenrura e romper os muros que nos illan e poñen de costas aos demais, non só e motivo de ledicia;tamén o é de agradecemento. Un agradecemento, como nos di Mateo no Evanxeo que acabamos de ler, que  habitantes de enchoupar toda a nosa vida, para que vaia facendo de nós, persoas ledas no corazón,nos ollos a no xeito de achegarnos aos demais. O que fará que o vai amosa mostrando coa ledicia de facer as cousas pensando sempre nos demais, e asumindo que esta ledicia, porque non é aparente, nos leva a actuar con liberdade e desde a responsabilidade de quen toma en serio o mundo e todo o queno nel ocorre. 

ACOLLENDO O CLAMOR DA FRATERNIDADE

Acheguemonos comunitariamente a compartir a oración, dicindo: Grazas, Señor, por aledarnos.
  • Para que sexamos unha Igrexa que sabendo estar no mundo, non esquece que este é casa de traballo comunitario e busca de ben común. Oremos. Grazas, por aledarnos.
  • Para que construamos parroquias ledas, con capacidade asociativa e buscando o ben de tod@s.Oremos.Grazas, Señor, por aledarnos.
  • Para que sexamos persoas crentes con espírito renovado e comprometidas no esforzo de unir e buscar sempre o que poidamos compartir. Oremos. Grazas, Señor, por aledarnos.
Grazas, Señor, pola ledicia a que nos invitase sempre desde a tenrura na que nos acollese. Por Xto. o noso Señor. Amén.

PALABRA PARA AGRADECER

Señor, agasallachesnos cos campos de flores

que enchen o aire de recendo e frescor, 

Cubriche os ceos de fulgores inmensos

e deches aos mares o teu eterno Bruar. 

O teu Amor resplandece sempre;

A Terra proclama sempre a túa Glória;

No medio estes himnos que xermolan desde o mundo, 

Eu quero erguerche a miña voz de pracer. -Amado Nervo-

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...