Ir al contenido principal

A Inmaculada 2017

A Igrexa é muller, é a Igrexa, non o Igrexa. É este un desafío que xa non pode postergarse... Configurouse un novo paradigma: o da reciprocidade na equivalencia e na diferenza.
(Francisco, Discurso aos participantes na Plenaria do Consello Pontificio para a Cultura, Roma 7 febreiro 2015)
MARÍA, A EMPODERADA DE NAZARÉ
CANTO GOZOSO
o   ENTRADA: Camiñar sen Xesús, sen amor (Nº 68)
o   LECTURAS: Noraboa María (Nº 74)
o   OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118)
o   COMUÑÓN: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69)
PARA NON PERDER O PASO
            Dun tempo a esta parte adoitamos escoitar con frecuencia os termos empoderar e empoderamento. É esta unha palabra procedente da lingua inglesa que significa desenvolver nunha persoa a confianza e a seguridade en si mesma, nas súas capacidades, no seu potencial e na importancia das súas accións e decisións para afectar a súa vida positivamente.
            Todo isto vén a conto porque hoxe celebramos a festa do empoderamento de María, unha mociña da aldea, sinxela, humilde, escollida por Deus para ser Nai do seu Fillo. María, co seu si, empoderou; e con ela empoderamos todas e todos nós, porque o nacemento de Cristo enche a nosa vida de sentido e de esperanza.
            Celebremos, xa que logo, a festa da nosa Nai, muller e nai, que fixo da súa vida compromiso de liberación e resposta a Deus.
CO CORAZÓN FERIDO
·      Polas veces nas que a Igrexa, basicamente a súa xerarquía, non coñece nin recoñece o papel fundamental da muller; SEÑOR, ILUSIÓNANOS DE NOVO.
·      Polas veces en que non respectamos as opinións dos demais, o seu xeito de vivir e de pensar; CRISTO, ILUSIÓNANOS DE NOVO.
·      Polas veces nas que á voz da muller lle esiximos un plus para ser escoitada; SEÑOR, ILUSIÓNANOS DE NOVO.
UNHA PALABRA QUE AGROMA
Se somos persoas honestas, a pouquiño que reflexionemos sobre o binomio Igrexa-muller decatarémonos de que vivimos desde moi lonxe nunha confusión difícil de clarificar:
ü Por una banda temos a Xesús esforzándose, coas súas palabras e xestos, por poñer de manifesto a igualdade do home e da muller; por destacar a necesidade de romper a concepción e os costumes dunha cultura na que a muller era pouco valorada e relegada a un segundo ou terceiro plano, sen asumir responsabilidades de dirección, sen capacidade para decidir, vivir e actuar con autonomía, cousa que aos homes si se lle concedía. Así, fronte este pensamento pechado El amosa unha mentalidade aperturista!. Porque non esquezamos que nunha sociedade coma a xudía, na que a muller pertencía ao grupo d@s marxinad@s, Xesús amosa, unha vez máis, un corazón quente, unhas altas miras, un amor que non entende de diferenzas de xénero. Entre o grupo dos discípulos había varias mulleres. As mulleres son están ao pé da cruz e, pola súa fidelidade e constancia, son tamén as primeiras testemuñas da resurrección. Os evanxeos fálannos de numerosos encontros de Xesús coas mulleres: a pecadora pública, a samaritana, a muller cananea, Marta e María... e en todos os casos achégase a elas coa mesma sinxeleza e naturalidade coa que se achega aos homes. Xesús, fillo de Deus, fillo de María, mirou ás mulleres de xeito diferente á xente do seu tempo, porque as mirou con ollos de igualdade. A súa é unha mirada fonda, ao corazón, e non unha mirada superficial coma a nosa que só repara no envoltorio para escoller o papel que máis lle gusta e que, curiosamente, sempre é o masculino.
ü Por outra banda, nos dous mil anos de vida da Igrexa, comunidade das persoas seguidoras daquel que traballa a prol da igualdade de xéneros, segue habendo moitos ámbitos nos que a muller non goza da mesma igualdade que o home. Así, ninguén se atreve a poñer en tea de xuízo que hai moitas responsabilidades que á muller non se lle conceden, e que pasarán anos en concedérselle, mentres que ao home, polo simple feito de selo, nunca se lle negarán. É máis, en moitos casos á voz da muller esíxelle un plus para ser escoitada, pondo en tea de xuízo as súas opinións.
ü E para completar este quebracabezas, resulta que nos atopamos co feito de que ao longo do calendario litúrxico son varias as festas dedicadas á Virxe, querendo poñer de manifesto a grandeza do seu si, resposta que fixo cambiar o sentido e horizonte no que se ía desenvolver o mundo. E, o máis chocante é que a mesma xente que dentro da Igrexa tanto pon en dúbida e mesmo menospreza o papel e a voz da muller (seguramente desde un complexo de inferioridade), declárase profundamente mariana e sempre ten nos seus beizos (aínda que non no seu corazón), unha palabra para Ela, presentándoa como modelo, porta..... Coma se María tivese sido unha muller obxecto, e non o que foi: unha muller que, confiando en Deus, empoderou e deu pasos cara adiante, sen deixarse asoballar, unha muller con voz e opinión propia e cunha vida coherente fronte dunha sociedade opresora; unha muller que “pasou” do que dirán e que entendeu e fixo vida a preferenza de Deus polos pobres e os últimos da terra, sobre todo se son mulleres.
E así as cousas, xuntámonos esta mañá para celebrar como comunidade crente a festa do si de María, muller, nai, labrega, comprometida, voceira, anuncio, presenza, agarimo, servizo, sorriso, forza e alento. Do mesmo xeito que ela non se rendeu nin recuou, tampouco nós, aínda que as cousas moitas veces sexan difíciles e non se acabe de ver a luz do final do túnel, habemos rendernos. Empoderemos!!!!!!!!!!!!!!!!! Precisamos unha Igrexa mariana que, como di o Papa Francisco sexa Nai, que acubille, agarime, acariñe e estreite nos seus brazos aos seus fillos e fillas. Ningunha nai se comunica cos seus fillos a base de decretos, normas e documentos, senón que as nais camiñan ao carón dos seus fillos e das súas fillas. Non podemos, xa que logo, deixar que siga sendo a tradición e non a racionalidade, a que marque cal ha ser o papel das mulleres na Igrexa. O si de María foi revolucionario. O noso si tamén debe selo....para que a igualdade, da que sempre falaba e coa que sempre actuaba Xesús, se vaia facendo realidade no descorrer cotián da Igrexa. Traballemos por facer a roupa segundo as medidas da persoa, traballemos pola igualdade, traballemos pola coherencia, traballemos a prol dunha Igrexa verdadeiramente mariana, con todo o que iso conleva: unha Igrexa empoderada, unha Igrexa forte na misericordia e cun único poder: o servizo.
DESDE A ORACIÓN COMPARTIDA
Como María, poñámonos tamén nós hoxe en actitude de acoller a misericordia de Deus e digamos:
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA
v Pola Igrexa, para que nunca esqueza que a súa credibilidade pasa sempre polo camiño do amor misericordioso e compasivo, un amor de nai; OREMOS.
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA
v Polas mulleres que nas nosas comunidades levan a cabo distintos servizos, para que o seu traballo e esforzo sexa sempre valorado, coñecido e recoñecido, OREMOS.
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA
v Por cada un e cada unha de nós, para que, como María, realicemos a experiencia de abrir o noso corazón ás persoas que viven nas periferias existenciais creadas por un mundo inxusto, OREMOS.
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA
v Por todas as mulleres que dun cabo ao outro do mundo sofren polo simple feito de ter nacido mulleres: as vítimas da violencia de xénero, as que son obrigadas a prostituírse, as que son escravizadas polos modelos estéticos imperantes na nosa sociedade, as que non teñen acceso a unha cultura que permita o seu desenvolvemento como persoa, as que son ignoradas polos vellos prexuízos; OREMOS.
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA
Grazas, Señor, por estar sendo alento, forza, camiño e esperanza na nosa vida. Que, coma María, perdamos os nosos medos e traballemos por poñer no centro sempre a misericordia. P.X.N.S. Amén.
PARA QUE TOD@S SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO
CREDO DAS MULLERES
Creo en Deus, que creou á muller e ao home á súa imaxe e semellanza,
encomendándolles a ambos o coidado da terra.
Creo en Xesús, Fillo de Deus, nado dunha muller, María;
que escoitaba e quería ás mulleres,
que entraba nas súas casas, que lles falaba do Reino.
Creo en Xesús,
que discutiu de teoloxía cunha muller
sentado á beira dun pozo, ao mediodía;
que foi unxido por unha muller en casa de Simón,
reprendendo aos invitados que a desprezaban;
que curou a unha muller en sábado,
dicíndolle que se erguera, porque ela tamén era un ser humano;
que se fixo acompañar polas mulleres, sentindo o seu amor
e encomendándolles a boa nova.
Creo en Xesús, que falou de Deus comparándoo cunha muller
que varría a súa casa para atopar o que perdera,
que puña lévedo na masa para fermentalo todo.
Creo no Resucitado,
que se lle apareceu en primeiro lugar a María Magdalena,
enviándoa coma mensaxeira da grande ledicia da Pascua.
Creo na plenitude do Salvador,
en quen non hai xudeu nin grego,
escravo ou libre, home ou muller,
porque todas as persoas somos unha nel.
Creo no Espírito Santo, espírito feminino de Deus
que nos cobre coas súas ás enchéndonos de vida.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel