“O SEÑOR É O REFUXIO DAS PERSOAS POBRES ” (X XORNADA MUNDIAL DAS PERSOAS POBRES) CANTO GOZOSO § ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3) § LECTURAS: Benaventurados (Nº 119) § OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) § COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) OLLOS ABERTOS Cando xa albiscamos o fin deste ano litúrxico, a celebración deste domingo volve insistir na necesidade dunha Igrexa pobre e para as persoas pobres. Si, porque hoxe celebramos a X Xornada Mundial das Persoas Pobres, esa chamada directa que nos deixou Francisco para recordar que as persoas vulnerables, ademais de atopar refuxio en Deus, son tamén a mellor cátedra onde aprender a ser cristiás e cristiáns. Si, porque os talentos cos que Deus nos agasalla relocen de xeito singular nas persoas pobres, ás que moitas veces a nosa sociedade, o mundo do consumo, tenta apagar a súa luz e agochar a súa riqueza. Mais hai un par de domingos escoitabamos a primeira das benaventuranzas: ditos...
DEUS CONTA CONTIGO (IGREXA DIOCESANA 2026) CANTO GOZOSO ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7) LECTURAS: O amor é o meirande (Nº 120) OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº52) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) OLLOS ABERTOS A maior parte do tempo gastámola en apagar lumes de curta duración, en correr detrás dunha urxencia tras outra e en gardar forzas por se acaso, construíndo muros contra a intemperie e esquecendo que unha soa lámpada illada apenas consegue iluminar a súa propia sombra. Fronte a este illamento, hoxe detémonos a celebrar o Domingo da Igrexa Diocesana: non como unha estrutura fría, senón como o tecido vivo e plural de todas as comunidades, barrios e aldeas que camiñan xuntas; a rede de mulleres e homes que escollen non vivir a escuras, compartindo a esperanza e a fe para manter a noite ben iluminada. Que a celebración que agora comezamos nos axude a encher de novo o aceite das nosas vidas. CORAZÓN MISERICORDIOSO · Po...