DÁNDONOS OU SEN DARNOS CONTA, ESQUECEMOS QUE A COMPAIXÓN HUMANIZA O NOSO TRATO DUNHAS PERSOAS PARA COAS OUTRAS CANTO GOZOSO ENTRADA : Non vou so (Nº 60) LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) MIRANDO AS BEIRAS Dicimos, e mesmo escoitamos moitas veces que o tempo pasa sen que nos deamos conta, que agora todo vai con moita présa, que non nos queda tempo para nada; que a pouco que nos descoidemos o sopro da vida xa chega ao seu remate... Si, dicímolo ou escoitámolo moitas veces. Pero poucas veces nos paramos a pensar nas consecuencias. Está moi ben darlle voltas ás ideas, pero está moito mellor dar o paso cara adiante e facer das ideas comportamentos e accións. Realidade. E de realidade, que non vai con présa, e si coa súa cadencia de sempre, é sobre o que nos invita hoxe a reflexionar a Palabra de Deus. Unha reflexión que ten que levarnos a poñer os pés no chan, a vista na realidade das persoas que temos ao noso lado e as mans en actitu
Para orar e celebrar a fe na nosa terra