Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

13 domingo TO B 2024

UNHA MENSAXE RADICAL: NIN A SUPERIORIDADE DO VARÓN NIN A SUBMISIÓN DA MULLER VEÑEN DE DEUS CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Xesús é Señor (Nº 16) OFERTORIO: Todos xuntos (Nº 56) COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53) PARA NON PERDER O PASO Traballar pola igualdade. Ese é o convite que se nos fai nesta mañá. Unha igualdade asentada, tal e como nos lembra o libro da Sabedoría, no feito de que as persoas somos creadas a imaxe e semellanza de Deus. Posuímos a mesma dignidade, polo que cae de seu que somos iguais. Nun mundo frío, insolidario, individualista, no que as desigualdades de todo tipo medran cada día, a mensaxe de Xesús quere ser raiola de sol que aqueza o noso corazón tantas veces indiferente. CO CORAZÓN FERIDO û    Porque se nos enche a boca falando de igualdade: de xénero, de oportunidades, de dignidade.... pero andamos ben lonxe de poñela en práctica na nosa vida, buscando sempre o noso propio proveito,  SEÑOR QUE A FE CURE O NOSO EGOÍSMO. û    Porque somos perso

10 Domingo TO B 2024

  TAMÉN NÓS CREMOS, E POR ISO FALAMOS CANTO GOZOSO ö   ENTRADA:  Unha xuntanza de amor (Nº 7) ö   LECTURAS : Eu soñei (Nº 58) ö   OFERTORIO:  Grazas, Señor, graciñas  (Nº 50) ö   COMUÑÓN:  Ide e pregoade (Nº 55) PARA NON PERDER O PASO Cantas veces na nosa vida temos calado diante de inxustizas notorias contra nós ou contra os nosos irmáns e as nosas irmás. Cantas veces temos “comulgado con rodas de muíño” para non ter problemas, para evitar represalias, por medo ao que dirán ou que pensarán. Cantas veces deixamos que pisen os nosos dereitos ou que non respecten a nosa dignidade por sentirnos inferiores, por vergoña, por non armar balbordo. E resulta que o Señor hoxe dinos que non quere que sexamos politicamente correctos, senón profeticamente correctos; que non quere que sexamos persoas mudas, xordas ou cegas, senón persoas cos ollos, os oídos e os beizos ben abertos. Nós cremos.... e por iso falamos e testemuñamos a nosa fe con palabras e obras. Que esta celebración que agora comezamo

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por