QUE A FIDELIDADE ÁS TRADICIÓNS NON MATE A FRESCURA DO CORAZÓN CANTO GOZOSO · Entrada.- Con ledicia vimos (3) · Lecturas.- Canta Aleluia (21). · Ofertorio.- Recibe Señor (31 ). · Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas (50). OLLOS ABERTOS Todas e todos nós estamos demasiado habituados a cumprir ritos e tradicións, pero xa son unha minoría as persoas que buscan reflexionar e tentar entender o porqué deses ritos e desas tradicións. Isto dá lugar a poñer o piloto automático e tirar para adiante, sen buscar comprender se hoxe teñen ou non razón de seren. O resultado, en non poucas ocasións, acaba creando tensións, liortas e mesmo enfrontamentos fortes nas comunidades cristiás. Porén, Xesús, propón outro camiño. Non o camiño do rito baleiro, senón o camiño da decisión persoal, da verdade, da honestidade, de facer as cousas pensándoas, sentí...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra