Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2008

Domingo 23 do TO

CON AMOR E DESDE O AMOR Pórtico Vivimos nunha sociedade na que, en demasiadas ocasións, para corrixir situacións, empréganse a forza ou o dominio, buscando o máis rendible, sen ter en conta ás persoas. Xorden así os problemas de herdanzas, de lindes de montes, de ti me dixeches eu escoitei… Que lonxe estamos de que se cumpra en nós a Palabra do Señor!!!!!. Porque hoxe a celebración invítanos a percorrer o camiño do amor á hora de corrixir ao outr@. Andar o camiño do diálogo e da comprensión e non o da cerrazón, o da violencia e o da imposición. Que abramos o noso corazón a Aquel que nos acompaña no camiño do amor. Perdón Porque moitas veces somos incapaces de denunciar inxustizas polo medo ao que dirán ou a quedar mal diante dos demais, SEÑOR, TI CORRIXESNOS CON AMOR. Porque moitas veces baseamos as nosas relacións nos favores, no eu che dou para que ti me deas, esquecendo a gratuidade, CRISTO, TI CORRIXESNOS CON AMOR. Polas veces en que lles torcemos a cara a persoas necesitadas do no

Domingo 22 TO

PASAR POLO GÓLGOTA… PARA CHEGAR AO TABOR PÓRTICO A diferenza de Xeremías, non é polo Deus da Biblia por quen nós nos deixamos seducir, senón por outros deuses tan ao uso no mundo actual: internet, móbil, home cinema... coma se antes non se vivise. Mesmo parece que agora quen non está á última nas novas tecnoloxías, é como se non estivese no mundo. Pois…nin tanto nin tampouco. Porén, para falar con Deus non son necesarios os novos trebellos tecnolóxicos. El quérenos, coñécenos e non nos esquece; ao contrario, segue a confiar en nós, a seguir dándonos oportunidades empeñado en facer o camiño ao nosos carón. É verdade que iso non vai supor esquecer que o camiño ten atrancos e dificultades, pero sabemos tamén que non o imos facer sol@s: a comunidade vai ser ámbito de presenza de Deus e compañeira na nosa viaxe. Abrámonos á sedución de Deus, para que El motive os nosos retos e proxectos. Que a celebración de hoxe nos anime a cantos nos xuntamos no seu nome, a deixarnos seducir pola forza D

DOMINGO XXI T O

XESÚS MÓSTRASE AOS DEMAIS NA NOSA VIDA Pórtico Cando imos á consulta médica, o primeiro que fan e preguntarnos qué nos pasa, onde nos doe, qué nos levou alí… e logo, unha vez que fan o diagnóstico, dannos os consellos ou as medicinas para mellorar. Pois do mesmo xeito, tamén nós temos que estar atentos, preguntar, descubrir, facer un diagnóstico do que pasa no noso pobo, na nosa familia, na nosa casa, na sociedade, na Igrexa… xa que só así seremos quen de poñer solucións onde hai problemas, de poñer saúde onde hai enfermidade, de poñer paz onde hai enfrontamentos e divisións. Que a celebración de hoxe nos faga ser conscientes de que, antes de actuar, estamos chamad@s a ver, escoitar, atender, nunha palabra, a ser radares sociais no medio do mundo. Perdón  Porque moitas veces tratamos de impor o que pensamos sen ter en conta as opinións e as aspiracións dos demais, SEÑOR, NON NOS ABANDONES.  Polas veces nas que baseamos a nosa felicidade no ter, no posuír, na fama ou na forza, CRISTO,

DOMINGO XX T O

Cando a persoa é o centro, a fe non é letra morta, senón vida e salvación Pórtico As persoas temos a manía de colocarnos etiquetas que resaltan as nosas facetas. Así, hai quen nace listo ou torpe, marxinado ou integrado, pobre ou rico…. e tamén bo ou malo. Partindo de aquí, dividimos o mundo en dous cun muro entre eles. Porén, Xesús dinos que o mundo é a casa de todos e para todos, sen excluír a ninguén, sen poñer etiquetas. Que saibamos abrirnos á súa Palabra, que unha vez máis, nos fala de respecto, igualdade e multiculturalidade. PERDÓN • Que non esquezamos nunca que a universalidade da fe, supón e esixe a preocupación e compromiso por cantos temos máis preto, SEÑOR, AXÚDANOS A NON EXCLUÍR. • Porque en demasiadas ocasións miramos con receo e desconfianza a todas aquelas persoas diferentes a nós na súa cor, na súa cultura, no seu país de orixe, CRISTO, AXÚDANOS A NON EXCLUÍR. • Porque seguimos vivindo unha fe desencarnada, chea de ritos baleiros, esquecendo a dimensión social de pra

Atopar a Deus

DOMINGO XIX DO T.O. ONDE ATOPAR A DEUS?. NOS QUE AMAN E NOS QUE PRECISAN AMOR PÓRTICO A historia da Igrexa, a nosa historia, ten luces e sombras. Pero unha cousa está ben clara: cando triunfou o orgullo, a prepotencia, o dominio sobre as persoas, o avasalamento das conciencias… en realidade, a grande derrotada foi a Igrexa; mentres que cando foi perseguida e marxinada, cando permaneceu fiel ao ideal evanxélico de pobreza, de diálogo, de apertura, de comprensión… entón si podemos falar de verdadeiro triunfo da fe. A Palabra que hoxe escoitaremos é un bo punto de partida para examinar a nosa historia e para examinarnos tamén a nós mesmos. Sen o poder nas mans, alomenos sen o poder doutros tempos, onde quedou a nosa fe?. Esta é a pregunta que hoxe estamos chamad@s a responder. Camiñemos sen medo cara Aquel que nos abriu o camiño. O PERDÓN Porque as nosas presas no cumprir esterno fannos esquecer a importancia da oración pousada, serea e que parta da nosa vida, SEÑOR, QUE ATOPEMOS EN TI O