UN MUNDO CHEO DE CRUCES PÓRTICO Hoxe, Venres Santo comezamos a nosa celebración, nun silencio respectuoso, volvendo os ollos cara a cruz, cara tantas cruces que son expresión da dor e da tristura de tantos irmáns e irmás nosos que habitan permanentemente no calvario da marxinación, da soidade, da incomprensión: @s parad@s, @s nen@s escravizad@s, @s enferm@s, @s vell@s, as mulleres maltratadas, as persoas manipuladas, @s fament@s... Hoxe, xunto á cruz do Señor, queremos reflexionar sobre estes sinais de morte. Detémonos e miramos con calma, como o facía Xesús, con ollos novos e non cunha simple mirada de curiosidade ou de tenrura de telenovela barata. E despois de mirar, de analizar, de xulgar, non podemos permanecer inmóbiles, senón que descubrimos a cruz coma unha parte do camiño, nunca coma unha meta. A meta será a Pascua, o nacemento dunha vida nova en Cristo. Hoxe estamos chamad@s a descubrir que ao noso lado hai moit@s nazaren@s que levan as súas cruces e que esperan que nós...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra