SE DEIXASEMOS QUE A PALABRA GUIASE A NOSA VIDA.... CANTO MELLOR NOS IRÍA CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Xesús é Señor (Nº 16) OFERTORIO: Todos xuntos (Nº 56) COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53) PARA NON PERDER O PASO Son moitas as veces nas que temos escoitado que a Palabra de Deus é atemporal, é dicir, que non ten data de caducidade, senón que sempre é actual. Pois ben, iso que ás veces non temos demasiado claro, hoxe maniféstasenos nas lecturas que imos proclamar dun xeito transparente. Si, porque nos tempos convulsos, insolidarios e individualistas que estamos a vivir, a lectura de Paulo que imos escoitar cobra plena actualidade e quere ser toda unha chamada para que os que nos consideramos seguidores de Xesús aprendamos a estar neste noso mundo no que os ricos cada vez son máis ricos e os pobres cada vez son máis pobres: “non se trata de que vós pasedes apretos por aliviardes a outros, senón de que exista igualdade”. Tamén á igualdade, neste
Para orar e celebrar a fe na nosa terra