Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como solemnidades

Festa da Inmaculada Concepción 2023

Que como María, non teñamos medo das nosas  fraxilidades Cantos Entrada.- Xa nos tés aquí (71) Lecturas.-   Cantade ó señor   ( 23) Ofertorio.- Coa nosa naiciña do Ceo ( 69 ) Comuñón.- Salve, Virxe bendita María (76.B ) Abrindo o corazón Avanzando o tempo de Advento o calendario litúrxico invítanos a celebrar a festa da Inmaculada Concepción , unha festa na se nos invita a achegarnos a María desde o seu ser muller crente, para que sabendo ler os sinais de esperanza desde os que ela vivía a súa fidelidade a Deus, móstranos a importancia de non ter medo das propias fraxilidades , e mesmo dos noso erros. O Deus que cada día nos vai chamando a dar razón da nosa alegría e do noso compromiso pola igualdade e o respecto das persoas, móstranos desde María, que non é soberbia senón a debilidade a que nos fai máis fortes. Asumir que somos fráxiles e que nos precisamos unhas persoas a outras vainos abrindo camiño de  unión e participación.    ...