QUE A NOSA BOCA SEXA MEDIO DE ACLAMACIÓN DA SABEDORÍA DE DEUS Descarga o ficheiro Lecturas ESCOITA ACTIVA Mirar os acontecementos da nosa historia só cara arriba é propio da maxia. Miralos cara atrás é propio da superstición. Porén nós, coma cristiáns, temos unha mirada propia: cara arriba, confiando en Deus; cara ós lados, buscando aos irmáns; e cara adiante, construíndo futuro con optimismo, coa ledicia de sabérmonos acompañad@s. Mais sempre temos a tentación da mirada máxica ou supersticiosa. A Pascua é tempo de espabilar, de renunciar a estas tentacións, de liberarnos das cadeas que escravizan. Busquemos coa mirada a Cristo, miremos ao irmán e comecemos esta celebración recoñecendo nel a imaxe do Resucitado. CORAZÓN MISERICORDIOSO * Porque moitas veces caemos na tentación de desconectar da realidade e pasar de todo, SEÑOR, QUE BOTEMOS RAÍCES DE FRATERNIDADE. * Porque esquecemos que a nosa vida ten que ser un canto para aclamarte, e non para esquecer
Para orar e celebrar a fe na nosa terra