Invitad@s a camiñar sabendo poñer os pés no camiño adecuado: amor e servizo Pórtico Basta con botar unha ollada superficial aos medios de comunicación para decatarnos de que estamos pasando por un momento de crise, non só económica, senón tamén de valores. Palabras como responsabilidade, honestidade, sinxeleza, compromiso ou sinceridade parece que quedaron obsoletas e que pertencen a un pasado que non queremos lembrar. Pero hoxe o Señor volve lembrarnos que temos que ter coidado á hora de edificar a nosa vida, que temos que construír sobre rocha firme, porque no caso contrario, cando veñan as dificultades, que virán, quedaremos ao pairo e non seremos quen de afrontalas serena e esperanzadamente. Que o Deus que nos convoca aquí nesta mañá de domingo nos dea sentidiño para edificar a nosa vida sobre o cimento firme do Evanxeo do amor e da xustiza. O PERDÓN Porque esquecemos que ter fe esíxenos manifestalo coas nosas obras, SEÑOR, ACOMPAÑA A NOSA CONSTANCIA. Porque nos cansamos demasiado ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra