Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Efemérides

5 Domingo TO-A 2026 Mans Unidas

  DARLLE SABOR Á VIDA: PLANTARLLE CARA Á FAME Declara a guerra contra a Fame PÓRTICO Escoitaremos hoxe no Evanxeo a chamada de Xesús a ser sal e luz no medio do mundo. Certamente, as persoas cristiás non podemos nin queremos contentarnos cunha vida insípida e rutineira. Non. Porque estamos certas e certos de que Deus nos leva da súa man, de que El sostén os nosos pasos, de que El luz, urxe levar esta certeza a quen vive no desacougo, na pobreza, na invisibilidade, no subdesenvolvemento ou na tebra. Por iso neste segundo domingo de febreiro unímonos á chamada de Mans Unidas para plantarlle cara á fame. E facémolo non por costume ou por quedar ben, senón como esixencia inherente á nosa fe, pois tal e como nos lembra a profecía de Isaías só seremos luz se somos quen de non darlle as costas nin poñernos de perfil diante das dificultades dos nosos irmáns e das nosas irmás. O PERDÓN Polas moitas veces nas que nos contentamos con ir sobrevivindo e temos renunciado a ser sal e luz, SEÑOR, ...

Santiago Apóstolo 2025

  Santiago Apóstolo 2025   COMPARTAMOS O TESOURO DA FE ENRAIZADO NA TERRA DA DIGNIDADE COMPARTIDA              Cantos .-          Entrada.-  Pedras vivas Lecturas.-  Canta o sol  ( 22 ) Ofertorio.-  Na nosa terra  ( 36) Comuñón.-  Oh, Señor, escólleme  ( 62)   PÓRTICO              A festa do Apóstolo Santiago vivímola en toda Galicia unida ao agradecemento de poder vivir, celebrar, agradecer e compartir unha mesma cultura, unha mesma lingua e un mesmo sentir desde o noso ser galegos e galegas. Isto fainos dar grazas a Deus pola fe recibida a través do testemuño dos nosos familiares, que, xunto con ela, transmitíronnos tamén o amor a esta terra, terra que ten que ser sempre casa común e de sorriso de corazón aquecido.  Pero non podemos esquecer que esta foi tamén terra de...

17 domingo TO C

NA VELLEZ SEGUIRÁN DANDO FROITO (II XORNADA MUNDIAL DOS AVÓS E AVOAS E DAS PERSOAS MAIORES)   RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS ü    Entrada : Andarei na presenza do Señor ü    Lecturas : Canta o sol ü    Ofertorio:  No colo da miña nai ü    Comuñón:  Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   OLLOS ABERTOS           Dun tempo a esta parte é común ler nos medios de comunicación a referencia á palabra  edadismo , un termo que non é novo, pero que agora está de plena actualidade. O edadismo podemos definilo como o conxunto de prexuízos cara ás persoas maiores. Estamos xa que logo, ante un xeito de discriminación, unha cara máis do que Francisco define como cultura do descarte.          Mais no poliedro eclesial non queremos nin podemos discriminar a ningunha persoa, porque todas somos importantes e necesarias. Por iso celebramos hoxe a II Xornada Mun...