SE TOMAMOS EN SERIO A SINXELEZA E A BONDADE DO ACTUAR DE XESÚS, FAREMOS DO ENCONTRO COMUNITARIO GOZOSA EXPERIENCIA DE AMOR E SERVIZO PÓRTICO A experiencia comunitaria da que constantemente nos fala Xesús remítenos a que teñamos sempre unha actitude activa, comprometida e solidaria á hora de estar no mundo e de relacionarnos uns cos outros. Desde as súas orixes, a dimensión social da fe é unha esixencia fundamental do ser cristián...inda que durante moito tempo, por interese da institución eclesial que non da mensaxe evanxélica, fomos fomentando a submisión, o sometemento, o autoritarismo e a falta de criterio nos membros das comunidades cristiás. Para os que mandaban e tiñan o poder, eclesial e social, non interesaba ter cristiáns adultos, maduros, con criterio e autonomía para tomar decisións sen ter que recorrer ao parecer da “autoridade”. O Concilio Vaticano II, hai xa cincuenta anos, cambiou esta xeira, urxíndonos a formarnos e a romper coa dinámica de reducir o ser crist
Para orar e celebrar a fe na nosa terra