Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2010

2 Domingo Nadal 2011

Sen Ti non somos nós...... e sen ti, tampouco PÓRTICO Canto temos vivido desde que comezou o tempo de Nadal foinos levando a que asentase en nós unha idea: Deus está entre nós. E isto que temos escoitado tantas veces, quere indicarnos que falamos dun Deus cercano, que se fai un de nós, e que, coma nós, vive e sente as nosas mesmas emocións: sofre, alédase, chora, goza… porque iso é o que a nós nos pasa. Non está alá no ceo e mirando para o outro lado, senón que quere facerse achega continuada ao noso lado. Que por riba de todo o externo que rodea este tempo de Nadal, saibamos descubrilo como amigo e compañeiro nesta fermosa viaxe que é aprender a estar no mundo con actitude participativa e colaboradora con todas aquelas causas que teñen ao ser humano como horizonte e fin polo que traballar. O PERDÓN Porque a nosa fe non vai da man da nosa vida e así non dubidamos en chamarnos cristiáns ao tempo que asoballamos a quen temos ao lado, SEÑOR,NON TE AFASTES NUNCA DE NÓS. Polas veces nas que

1 Xaneiro 2011

Sen Ti non somos nós...... e sen ti, tampouco Bendición do comezo/saúdo Que Deus nos bendiga todos os días do ano Que Deus nos sorría todos os días do ano Que Deus se fixe en nós todos os días do ano Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano PÓRTICO Deixamos atrás un ano máis e comezamos un aninovo. E nestes momentos nace en cada un e cada unha de nós, dun xeito case espontáneo, a reflexión: é un día idóneo para facer balance do pasado e para proxectar tamén a nosa mirada cara ao que está por vir. Moitas cousas que nos anguriaban e mesmo parecían insuperables xa pasaron, e hoxe parécennos insignificantes e sen importancia. Mirando cara atrás, os días que foron duros teñen un aspecto diferente; agora sentímonos máis tranquil@s e sere@s incluso diante do que nos agonía e que tamén un día pasará. Hoxe comezamos un aninovo, un ano 2011 que é o "Ano do voluntariado". Alguén dixo que "en cada comezo hai algo marabilloso que nos axuda a vivir e que nos protexe".

NADAL 2010

Sen Ti non somos nós...... e sen ti, tampouco PÓRTICO Benvidos e benvidas e BO NADAL para todos e para todas vós. Utilizamos moitas veces a expresión "historia de amor" para referirnos á relación de Deus coas persoas. E é ben certo: Deus, polos séculos, desde Adán, andaba na procura das persoas, que vivían alleas a El, instaladas no seu individualismo e no seu egoísmo. Pois ben, no Neno que vén de nacer de María, Deus e as persoas atópanse definitivamente. Porque o Neno vén: para ensinarnos a descubrir ao irmán e á irmá para dicirnos quen é o irmán e a irmá para capacitarnos a amar ao irmán e á irmá para cargar co irmán e a irmá para facerse irmán noso para identificarse con todos os irmáns e irmás Non perdamos máis tempo, non poñamos máis escusas, non renunciemos á ledicia e ao amor que nos trae. Abramos o noso corazón e acollámolo, vén para traernos felicidade e vida. PERDÓN Porque nos chamamos irmáns e irmás e mesmo rezamos o Noso Pai; pero non nos queremos como tales, SEÑ

4 domingo advento 2010

En tempo de crise, Advento é Amor Signo: Colocamos o cuarto e derradeiro pétalo en forma de corazón do logotipo de Cáritas. PÓRTICO O tempo vaise cumprindo. Xa non queda nada. Case que está ás portas. Notámolo?. Temos avanzado algo desde aquel xa afastado primeiro domingo de Advento?. Ten sido verdadeiramente tempo de amor e apertura a mellorar, a cambiar, a ir deixando atrás canto non nos facía sentírmonos ben con nós mesmos? Se o ten sido, si que pagou a pena ese camiño de revisión e esforzo por cambiar na nosa vida, pero se estamos onde estabamos, tristemente, unha vez máis, desaproveitamos un marabilloso tempo do que non somos donos, senón só administradores. Por que nos deixamos ir con tanta facilidade?. O PERDÓN Porque nos temos acostumado tanto a poñer a Deus a proba, pedindo e insistindo na petición, que nos esquecemos de que está en nós a capacidade e a posibilidade de facer ben as cousas, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á CONVERSIÓN . Porque este tempo de Advento non o temos apro

3 Advento 2010

En tempo de crise, Advento é Amor Signo: Colocamos o terceiro dos pétalos en forma de corazón do logotipo de Cáritas. PÓRTICO Inxenuidade ou confianza as que nos propoñen os textos da celebración de hoxe?. Cremos de verdade, nesta linguaxe poética de Isaías e no realismo da carta de Santiago, que poderemos chegar a percibir como os cegos verán, os mudos falarán e os coxos poderán dar saltos?. Seremos capaces, como nos di Santiago, de camiñar na paciencia para ir descubrindo as presenzas de Deus na nosa vida e concienciarnos de que cando dicimos que Deus é amor, estamos manifestando que del nos fiamos e con El estamos dispostos a darlle a volta ás cousas para que o mal nin o resentimento nin a utilización das persoas triúnfe?. Si de verdade Deus é sentido, forza e compañía na vida de cada un e de cada unha de nós, entón si que estamos a poñer os cimentos sobre rocha firme para evitar que a casa da fe e das nosas conviccións non se derrube. Aprendamos a ver máis alá do que os nosos

Inmaculada 2010

FESTA DA INMACULADA MARÍA, UN ADVENTO PREÑADO DE AMOR Pórtico Estamos cansos xa da crise, de que o futuro se presente incerto. Xa son moitos os que buscan culpables, que os hai. Pero todos temos parte de culpa, xa que vivimos no espellismo do poder conseguilo todo, no estar ben no presente por riba de todo. E así nos vai agora, con medo, con incerteza. Pero a festa da Inmaculada Concepción que celebramos hoxe, é unha chamada a esperanza, unha chamada ao compromiso e a mirar ao futuro con ilusión. Xa basta de ver todo negro e sen futuro, os cristiáns temos que poñer luz e esperanza, non buscar culpables, senón solucións construtivas e humanizadoras. Como María, que foi luz e esperanza para a nova humanidade que somos tod@s. Non perdamos máis o tempo. Perdón Porque moitas veces preferimos vivir na mentira, facéndonos ilusións e mostrándolle aos demais unha vida que non existe, SEÑOR, FAINOS LIMPOS DE CORAZÓN. Polas veces en que non somos capaces de perdoar aos demais e non recoñecemos o