Comuñón liberadora na misión do amor: Pai, Fillo e Espírito Santo Pórtico Nun mundo no que as relacións comerciais unen aos países, no que Internet é un fío que xunta e crea modas e tendencias, no que o idioma xa non é barreina e as distancias vense reducidas a un intre no tempo, resulta paradóxico que as persoas esteamos cada vez máis separadas e actuemos indo só ao noso. Enfróntanse así intereses económicos, sociais, de poder... que fan que as relacións persoais se fundamenten no interese e no material, esquecéndonos do que temos de verdadeiramente humano: a relación, a gratuidade, a solidariedade. A festa de hoxe, a Trindade, vén poñer luz para axudarnos a descubrir que é o amor na comuñón, o xeito que temos as persoas de fundamentar as nosas relacións humanas e de fe, no seo dunha sociedade que camiña no respecto, na paz e na igualdade. ACTO PENITENCIAL Por negarnos a abrir o corazón cando estamos necesitados de que nos escolten, SEÑOR, GUÍANOS Á COMUÑÓN Por tódalas veces nas que,
Para orar e celebrar a fe na nosa terra