BENAVENTURADO TI QUE NON TES MEDO ARRISCARTE PÓRTICO Xa case ás portas da Coresma, hoxe a Palabra proponnos as benaventuranzas. É unha oportunidade máis que nos brinda o Señor de enfocar a nosa vida, de buscar por este camiño de esixencia, de renuncia a verdadeira felicidade. A felicidade do compromiso, do traballo e da loita por construír un mundo renovado. Contamos con tódalas persoas nesta tarefa, unamos esforzos e ánimos e miremos que nas nosas comunidades está o peor e o máis humilde do mundo, só así poderemos descubrir a grandeza do Señor que nos anima. Que esta celebración que agora comezamos, nos descubra que a felicidade verdadeira é posible se somos quen de comezar este camiño que o Señor hoxe nos presenta. PERDÓN Porque moitas veces pensamos que co ter, co acaparar, podemos ser mais felices, SEÑOR, MÓSTRANOS O CAMIÑO. Polas veces en que queremos ter sempre a razón e non escatimamos medios para conseguir os nosos obxectivos, aínda que sexa a costa dos demais, CRIS
Para orar e celebrar a fe na nosa terra