REBÉLATE: AFORRA EGOÍSMO, COMPARTE O PAN CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Escoita ti (Nº 26) OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31) COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53) OLLOS ABERTOS Estamos tan acostumados a vivir coa calculadora na man que ata medimos o amor e a compaixón polo que nos sobra. Cando vemos a xente pasar dificultades, a nosa primeira reacción é a mesma que a dos discípulos: "Que cadaquén se busque a vida e que se arranxe como poida". Poñemos mil escusas para non complicarnos, para mirar para outro lado e seguir a nosa vida con tranquilidade, pensando que os problemas dos demais non van con nós. Pero Xesús rompe os nosos esquemas egoístas cunha frase que nos deixa sen defensa: " Non fai falla que marchen; dádelles vós mesmos de comer ". Non nos pide imposibles, pídennos que deixemos de agochar e acaparar o pouco que temos. O problema non é que falten recursos na terra, senón que sobra avaricia ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra