SEXAMOS CORAZÓNS ESCOITADORES PARA QUE A FE SEXA TESOURO, PERLA E RAPETA QUE RECOLLE, COIDA E ACOMPAÑA!!!! Cantos · Entrada.- Pedras vivas · Lecturas.- As túa palabras, Señor ( 113 ) · Ofertorio.- Recibe Señor ( 31 ) · Comuñón.- Acharte presente ( 51) Mirada agradecida Compara Xesús no Evanxeo de hoxe o Reino dos ceos cun tesouro, cunha perla e cunha rapeta que vai recollendo peixes do mar. Volvemos ver entón que a linguaxe sinxela, pero clara, é fundamental para facerse entender; a linguaxe das parábolas. Isto indícanos que para El o importante é saber transmitir a alegría do seu proxecto de amor e salvación non nunha linguaxe de abstracción e filosófica, senón na linguaxe da vida; a linguaxe na que sempre falamos, a linguaxe que nos vai axudando a coñecernos unhas persoas a outras, a linguaxe que transmite que Deus é amor e misericordia. Amor e misericordia que han ser, sempre e sen excepcións, non o esquezamos, os sinais de identidade de quen nos chamamos seguido...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra