Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

2 Coresma B 2021

Os medos nunca son camiño de esperanza. Arrisquemos a estar no mundo cunha actitude proactiva! Cantos.-              Entrada.-    Camiñarei     ( )              Lecturas.-  As túas palabras, Señor  ( )              Ofertorio.-  Recibe Señor  ( )              Comuñón.-  Eu sei de quen me fiei . ( ) Mirada de esperanza           En tempo de incerteza sempre agroman os medos, as desconfianzas, a inseguridade, a falta de forza para tomar decisións e non quedar varados no desconcerto permanente. E disto, de superar os medos, é do que nos fala o evanxeo de hoxe.  Xesús leva consigo a algúns dos que sempre o acompañaban para compartir e confiar na forza da presenza de Deus. Eles víronse tan tranquilos e en paz, que caeron na tentación de querer quedar alí, renunciando á súa tarefa de seguir anunciando e achegándose aos esquecid@s e excluid@s daquela sociedade. O seu medo puido coa súa responsabilidade! Unha tentación da que Xesús rapidamente os esperta, para invitalos a volver, a baixar da nu

1 Coresma 2021 B

Tempo de conversión, tempo de revisión, tempo para preparar e sementar Cantos.-              Entrada.-   Camiñarei na presenza do Señor             Lecturas.-  Eu sei de quen me fiei             Ofertorio.-  Eiquí están, Señor             Comuñón.-  Quédate, Señor, connosco . Mirada de esperanza              No noso dia a día da fe, chegamos hoxe á páxina na que se nos invita a camiñar no tempo de conversión e da revisión de actitudes e comportamentos. O tempo da Coresma. E que desta volta chéganos no contexto de  tempo de pandemia, e todo canto iso está a supor nas nosas vidas: cambios na nosa maneira de tratarnos, cambios na mobilidade, cambios tamén na responsabilidade de coidarnos para non poñer en perigo a vida das demais persoas nin a nosa. É esta logo unha coresma especial que, este ano máis ca nunca, invítanos a sentir a necesidade de non construír a vida á marxe de Deus  nin da transcendencia. Porque somos fráxiles e a fraxilidade acompañaranos, inda que as veces non nos guste

6 Domingo T.O. B 2021

  CONTAXIA SOLIDARIEDADE PARA REMATAR COA FAME (CAMPAÑA LXII DE MANS UNIDAS) CANTO GOZOSO ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7) LECTURAS: Eu soñei (Nº 58) OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Na nosa sociedade son demasiadas as persoas que se atopan marxinadas e discriminadas: os anciáns e as anciás, que despois de dalo todo, constitúen un atranco e un estorbo para a familia; @s parad@s, sen posibilidade de ter unha vida digna mentres outras persoas nadan na abundancia; @s enferm@s, moitas veces abandonad@s pola súa familia nos centros hospitalarios e sen pinga de cariño; persoas ás que se lles negan os seus dereitos fundamentais polo seu xénero, pola súa ideoloxía, pola cor da súa pel, por rezar a un deus diferente.... Pois a todas esas persoas hoxe Xesús dilles: Quero limparte. Diante da exclusión, diante da marxinación, Xesús e o Evanxeo chámannos a traballar pola xustiza. Que saibamos ter oídos e ollos atentos e abe

5 Domingo T O B 2021

RECOÑECER A NOSA FRAXILIDADE É COMEZAR O CAMIÑO DA NOSA FORTALEZA Cantos. -          Entrada.-   Camiñando pola vida (   )          Lecturas.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (   )          Ofertorio.- Recibe Señor (   )          Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas ( )   MIRADA DE ESPERANZA Como nos custa asumir que somos persoas fráxiles!, Que fallamos en moitas cousas, que por moito que queiramos nin o sabemos todo nin acadamos a perfección. Pero inda que o sabemos, e ben seguro que nolo repetimos unha manchea de veces –apesares de que cando falamos digamos o contrario– volvemos caer no mesmo erro: crer que nada nos supera nin nos vence. E xa vemos. Por moito que digamos e volvamos dicir, a realidade móstranos que as cousas son doutro xeito. E aí si que non podemos enganala nin facer como que non fora verdade. E este duro e dramático momento no que agora vivimos, móstranos como por moito que tecnifiquemos a vida e a queiramos “vivir a tope ”, a nosa fraxilid