XA NON SOMOS PERSOAS SOLITARIAS, SENÓN SOLIDARIAS PÓRTICO Bo día e bo Nadal para todos e todas vós!!!!!!!!!!!!. Non foron poucos os anos nos que a nosa mirada durante este tempo de Nadal se dirixiu cara fóra, cara ao superficial, cara a aparencia. Agora, coa que está caendo, resúltanos difícil comprender o Nadal sen moitas cousas materiais ás que, por mor da crise económica, temos que renunciar este ano: un agasallo custoso, unha boa comida ou unha decoración propia. Parece que o Nadal se volveu estraño para os nosos fogares e mesmo semella un pouco paradóxico falar de ledicia, de esperanza, de tenrura. Porén, como lle ocorreu á Igrexa coa graza do Concilio Vaticano II, este tempo de crise obrígannos a mirar cara dentro de nós, abrir a ventá do noso corazón e deixar que entre a luz e o sol de Deus...para nacer unha vez máis con aquel que nace pobre, indefenso, desprezado. Aínda que ás veces parece que vivimos nunha noite escura, e pensamos que nunca pasará, que no
Para orar e celebrar a fe na nosa terra