ACOLLER CON LEDICIA O EVANXEO ESÍXENOS ESTAR ESPERTOS E ATENTOS A CANTO PASA AO NOSO REDOR Descarga o ficheiro SINAL DE ADVENTO O mesmo que outros anos, e buscando axudarnos a vivir e comprender o significado deste tempo litúrxico, temos escollido un sinal: unha folla de carballo debuxada e posta sobre un panel. Segundo vaiamos avanzando nas semanas de Advento , iremos engadindo novas follas; deste xeito o primeiro domingo será unha, o segundo dúas... a así ata o cuarto. No medio de cada unha das follas, debuxamos tamén unha chama prendida para significar que a forza do Esp írito aléntanos a camiñar cara ao Nadal desde o respecto á casa na que vivimos -o mundo, o - e o empeño en non calar diante c anto destrúe e arrasa todo o que Deus puxo nas nosas mans para coidar. ESCOITA ACTIVA Volvemos hoxe comezar un novo ciclo litúrxico. Desde este primeiro domingo e ata a festa de Cristo R ei, reunirémonos para celebrar, c ompartir e agradecer a fe e
Para orar e celebrar a fe na nosa terra