POLA VIDA REGALADA NOS IRMÁNS E NAS IRMÁS QUE NOS DERON
TESTEMUÑO DE AMOR: GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS!
Descarga o ficheiro
ESCOITA ACTIVA
Os
cristiáns celebramos hoxe, dun cabo a outro do mudo, a festa da esperanza. Nin
trucos nin tratos, senón o amor de Deus acompañándonos e mostrándonos que o
final do camiño non é a morte, senón a vida...e unha vida en plenitude. A
plenitude para quen soubo poñer vida e confianza nun proxecto e nun estilo de
facer as cousas marcados polo amor. Fagamos, logo, memoria leda de xustiza
agradecendo a Deus o testemuño de tantas persoas que dando o mellor de si,
deixáronos o testemuño de que a felicidade non está nin no ter nin no sentirse
ben prescindindo dos demais, senón no camiño compartido de pasar, coma Xesús,
facendo o ben e poñendo sorrisos de cercanía e mans de solidariedade nos labios
e nas vidas de quen os necesiten. Grazas, Señor, polo testemuño de tantos homes
e mulleres que foron para nós agasallos de fidelidade ao Evanxeo!.
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
·
Por non
saber poñer ollos de esperanza nas vidas dos que están ao noso redor, SEÑOR,
TÉNDENOS A TÚA MAN.
·
Por
esquecer que a fe é un camiño de encontro comunitario e non de soidade
individualista, CRISTO, TÉNDENOS A TÚA MAN.
·
Por
esquecernos de que a felicidade, para que sexa plena, ha ser compartida e
ofrecida a quen a necesita, SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN.
PALABRA ENRAIZADA
·
“Pola vida que regalan os teus dedos”, cantamos moitas veces
nas celebracións comunitarias. Esa vida que vai facendo que tomemos conciencia
de que non a facemos solos nin ao noso aire; esa vida na que imos descubrindo a
capacidade que temos de transmitir aos demais ilusións que nos animan, e de
compartir dificultades que nos entristecen. Por toda esa vida, nós, damos
grazas a Deus. Pero podemos facelo porque outras moitas persoas, desde hai
séculos, foron tamén regalando coas súas vidas testemuños de confianza e
entrega para cos que estaban ao seu redor, o que fixo que moveran corazóns e
axudaran a superar a tentación do egoísmo individualista. E agradecid@s, nós,
vimos hoxe celebralo. Si, celebralo porque o seu esforzo non foi en van, senón
que serviu para abrir camiños de renovación, de superación de dificultades e de
ánimo para non abandonar proxectos cando os problemas ían aparecendo. E neste
día reunímonos agradecidos para recoñecer estes testemuños que tanto teñen
suposto para as nosas vidas,e para as vidas de tantos outros que non coñecemos,
pero que, coma nós, tamén hoxe se reúnen agradecidos porque necesitamos
recoñecer que paga a pena facer cousas para que os que veñan detrás as gocen e
lles axuden a ser máis felices. Neles ábrensenos a todos un ceo e unha terra
novos que non se esgotan nin en nós nin nos que pensan coma nós, senón que se
abren a todos, a unha multitude inabarcable que dun cabo ao outro do mundo vai
sementando para que o froito da bondade, a solidariedade, a fraternidade, o
acompañamento... non se esgote nunca.
·
“Benaventurados os que saben amar” nos dicía o evanxeo e que
tantas veces cantamos ao rezar xuntos. Unha benaventuranza que non é teórica,
que non queda en palabras, que non se esgota nun feito, senón que se vai
desenvolvendo e mostrándose no quefacer cotián de todo canto compón a vida
dunha persoa. Ser benaventurado é ser feliz, sentirse a gusto co que un fai,
saberse agradecido porque descubre que a vida non se pecha co sentirse a gusto
de xeito individual prescindindo dos demais. A benaventuranza vainos facendo
tomar conciencia de que non todo está no final, a modo de xuízo polo que
teñamos ou non teñamos feito; senón que a benaventuranza supón ir enchendo a
vida de sentido, de comportamentos de achega a quen se sente necesitado, de
tarefa, sempre inacabada, por unir esforzos e traballar para que o ben, a
dignidade, o respecto das persoas, comezando polas máis débiles, non sexan
palabras, senón actitudes que se viven e desenvolven facendo felices a outros,e
dando sentido á vida de quen as leva a cabo. Hoxe, a todos e todas os
benavenurad@s que xa non están, e que moitos deles foron familiares, veciños e
amigos, nós queremos agradecérllelo lembrándonos deles e recuperando o mellor
das súas vidas para que, seguindo o seu testemuño, tamén nós vaimos deixando regueiros
de benaventuranza alí por onde pasemos. Por iso paga moitas veces a pena
chorar, para que as bágoas se acaben convertendo en sorrisos de solidariedade,
misericordia e paz. A esta mansedume, que non domesticación, é a que os chama a
celebración que esta mañá estamos compartindo, e desde a que logo rezaremos e
lembraremos a todos os benaventurados que repousan nos nosos camposantos
parroquiais.
FRATERNIDADE ORANTE
“Felices os de limpos ollos”, cantamos
moitas veces nas celebracións. Desde esa limpeza de ollos e corazón á que Deus
non invita sempre, compartamos a nosa oración
comunitaria dicindo:
SEÑOR,
GRAZAS POLO TESTEMUÑO E SINXELEZA DOS SANTOS
* Que nunca deixemos de valorar, en toda a
Igrexa e en tódalas igrexas, o testemuño gozoso e cheo de ilusión, proxectos e
esperanzas das persoas que foron deixando en nós pegada de amor, xustiza e
liberdade, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POLO TESTEMUÑO E SINXELEZA DOS SANTOS
* Que cada día saibamos prezar nas nosas
comunidades o exemplo calado, coherente e servizal de tantas persoas que saben
poñer o seu corazón e as súas capacidades aos servizo de canto nos fai felices
e mellores persoas, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POLO TESTEMUÑO E SINXELEZA DOS SANTOS
* Que poñamos sempre o noso corazón ao
servizo de canto fai que na vida de quen sofre, está só ou se sente esquecido
agrome a esperanza de que non sempre os que mandan, os que teñen poder ou
enganan son os que van saír vencedores, humillando a quen traballa sen buscar
recoñecemento, senón fidelidade e compromiso coa causa de Xesús, a causa dos
pobres, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POLO TESTEMUÑO E SINXELEZA DOS SANTOS
Grazas,
Señor, por abrirnos o corazón á esperanza que nos invita a non deixarnos vencer
polas dificultades, senón a loitar para poder chegar un día aos teus brazos
agarimosos e gozar da felicidade plena. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE
ESPERANZA
FELICES:
Os que poñen a súa alegría en alegrar a
outros,
porque eles experimentarán a alegría de Deus
Os que se fan dignos de que os seus amigos lles confíen os seus segredos,
porque deles é o reino dos corazóns.
Os que loan, os que colaboran, os que dan, os que entregan,
porque coa mesma medida que mediran serán medidos.
Os que fan favores aos seus amigos, aforrándolles a molestia de pedilos;
porque eles coñecerán que o gozo de dar é maior que o de recibir.
Os que seguen amando aos seus amigos cando os ven caídos en desgraza,
máis aínda os que aportan o seu diñeiro,
o seu tempo e a súa bondade para que non caian,
porque eles serán levantados nos seus días.
Os que aman a Xesús Cristo que amou incluso aos descoñecidos,
porque eles experimentarán a alegría de Deus
Os que se fan dignos de que os seus amigos lles confíen os seus segredos,
porque deles é o reino dos corazóns.
Os que loan, os que colaboran, os que dan, os que entregan,
porque coa mesma medida que mediran serán medidos.
Os que fan favores aos seus amigos, aforrándolles a molestia de pedilos;
porque eles coñecerán que o gozo de dar é maior que o de recibir.
Os que seguen amando aos seus amigos cando os ven caídos en desgraza,
máis aínda os que aportan o seu diñeiro,
o seu tempo e a súa bondade para que non caian,
porque eles serán levantados nos seus días.
Os que aman a Xesús Cristo que amou incluso aos descoñecidos,
aos ingratos, aos molestos,
porque eles cumpren o mandato novo do Amor.
Os que teñen fame e sede de amor como quere Cristo,
porque eles serán saciados coa amizade da familia de Deus.
Os que aman con corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
porque eles cumpren o mandato novo do Amor.
Os que teñen fame e sede de amor como quere Cristo,
porque eles serán saciados coa amizade da familia de Deus.
Os que aman con corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Benaventurados
LECTURAS: O amor é o meirande
OFERTORIO: Na nosa terra
COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas
Comentarios