A MEMORIA MISERICORDIOSA DE DEUS NON ESQUECE NUNCA A SÚA TENRURA PARA CON NÓS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Eu sei de quen me fiei (Nº 103) OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Deus é memoria; memoria sempre agradecida. A súa é unha memoria que lembra e acompaña, unha memoria que esperanza, unha memoria que non condena senón que acolle e camiña a noso lado. A memoria de Deus é unha memoria para mostrarnos a beleza e a alegría da súa gran noticia: quérenos, para El somos alguén! E non pode facer outra cousa máis que querernos. Non será nunca un Deus xusticeiro, que condena, que berra, que castiga ou que non é capaz de poñer o corazón e a mirada humanizadora en nós. Gocemos, entón, da celebración que imos comezar participando da alegría de reunirnos no nome dun Deus que só, e sempre, ten o amor como guieiro. Que afortunados somos! ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra