Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2011

REMOL ASCENSIÓN 2011

A confianza na presenza de quen está sen importarlle ser visto. Grazas, Señor! Pórtico Como lle pasou aos discípulos, tamén a nós o Señor nos ten ido dando oportunidades para poder velo levantarse: na solidariedade que move o corazón de tantas persoas hoxe en día, no traballo de quen é capaz de poñer o seu tempo para que alguén poida sentirse acompañado, na renuncia á comodidade e a unha boa conta corrente por parte de quen non dubida en poñerse á fronte de iniciativas que van facendo a vida moito máis humana ás persoas. Si, as presenzas a través das que o Señor se vai erguendo diante de nós son e seguirán a ser múltiples, o que ocorre é que nós non estamos sempre en disposición de levantar os ollos e descubrilas. Que a festa de hoxe nos axude a tomar conciencia que non son as paredes do templo, senón o latexo do corazón de tantas persoas ao noso redor, as que nos levan a poder ver que o Señor se ergue cada día a través das mans abertas de quen, porque confía nel, sabe tendelas a q...

6 Domingo Pascua 2011

Mans para enviar e servir, non para matar, extorsionar e silenciar: a forza do Espírito. O gozo da saúde   PÓRTICO Hoxe celebramos o día do enfermo. Este día, situado no tempo de Pascua, é dicir tempo de esperanza, de superación de solidariedade, de… quérenos invitar a todas as persoas que formamos parte das comunidades cristiás a que non esquezamos que a fe e mais a vida van xuntas, e polo tanto non se poden separar. De aí que o que creo, celebro, pido, agradezo… ten que ir sempre acompañado co que fago, vivo e digo: SIRVO . A fe sen obras é morta, e as obras sen fe, son compromiso ético, filantropía pero non expresión do amor entregado e igualitario de Xesús. E se fe e vida van unidas, a preocupación polas persoas doentes non é nin unha foto electoral nin un día ao ano con cartel e peticións, senón unha preocupación constante por parte nosa, os crentes. Saber visitar, acompañar, achegarse, superar medos e fobias, que non só non axudan senón que nos afastan do amor testemuñado por Xes...

5 domingo Pascua 2011

GRAZAS, SEÑOR, POR NON TERES RESERVADO O DEREITO DE ADMISIÓN PÓRTICO Moitas veces na nosa vida crémonos cristiáns “con denominación de orixe”, é dicir, cristiáns auténticos, con privilexios, porque desde sempre cumprimos cunhas prácticas relixiosas, aínda que as máis das veces, é certo, non comprometemos nelas a nosa vida. E desde ese sermos “cristiáns con pedriguí”, crémonos co dereito a xulgar, criticar ou condenar aos que se senten chamados por Deus máis tarde, aos que inculturan a súa mensaxe dun xeito diferente ao noso ou a aqueles que, poñendo a persoa coma orixe, centro e meta das súas accións, traen novas ideas, e abren novas fiestras para que se renove o aire. Coma os de Emaús: Que torpes somos en comprender!!!!!!!!!!!!!!!!!!. Hoxe Xesús no evanxeo volveranos dicir que na súa casa hai un cuarto para cada persoa: máis soleados e con cheminea para os que teñen frío, máis fresquiño para os calorosos, con moito colorido para os creativos, máis sobrios para os serios, empapel...

4 domingo pascua 2011

Servidores ou vividores? PÓRTICO Cando falamos de pastor e de ovellas, quizá nos veña a imaxe de sumisión, de obediencia cega, de "borreguismos"; porque se cadra e sen que nos deamos conta, ao noso mundo gustaríalle que fosemos así, que non tivésemos criterio propio. Así, os medios de comunicación crean opinión; a moda crea tendencias; os políticos deciden por nós; os pastores da nosa Igrexa falan no nome de todos os crentes.... Pero que lonxe está isto do que escoitamos na Palabra. Xesús, o Bo Pastor, chámanos polo noso nome, individualiza, coñece, respecta a nosa liberdade e as nosas decisións. El invita, non impón. Que desde esta decisión persoal non teñamos medo a responderlle afirmativamente ao que nos propón, sabedores de que é a nosa felicidade. O PERDÓN Porque en demasiadas ocasións vivimos dos demais, en lugar de vivirmos para os demais, SEÑOR, ESPERTA O NOSO OÍDO. Porque moitas veces nos deixamos levar polo que outros din, sen darnos conta de que unha cousa, in...

3 Pascua 2011

Deixando pegadas no camiño, sempre chegamos á meta Pórtico      Coma os discípulos de Emaús , tamén nós hoxe te recoñecemos ao partir o pan. Un pan que moitas veces está duro porque a vida non sempre é doada. Pero alí estás Ti. Un pan que noutras ocasións está aínda sen facer e se converte en pequenos que non son queridos e cuxa vida non lles vale nada aos maiores que por eles deciden. Pero alí tamén estás Ti. Un pan que noutras ocasións está tan queimado pola dureza da vida, polo abandono ao ser maiores, pola tristura de estar solos, pola falta de traballo, polo fracaso de todos os proxectos, pola desilusión que nos causan persoas ás que criamos amigas, un pan… demasiado torrado. Pero alí segues estando Ti.     Por iso nesta mañá, non sómente te recoñecemos no pan que se fai presente no medio da comunidade, senón que estamos decididos a levarte dentro de nós para que sigas a ser o alimento que nunca nos falte e sempre nos ama. Participemos xuntos deste pan. Perdón Por deixar endurecer...