Non só se trata de migrantes... medos, caridade, persoa, humanidade, non exclusión, acollida. Porque os últimos serán os primeiros. Cantos Entrada.- Camiñarei na presenza do Señor ( 12 ) Lecturas.- Ide e pregoade ( 55 ) Ofertorio.- Con tódalas criaturas ( 22 ) Comuñón.- Non vou so ( 60 ) Oídos atentos Celebra hoxe toda a Igrexa, e en tódalas igrexas, a Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado. O lema que propuxo Francisco para esta xornada de 2019 é: “Non se trata só de migrantes”. Con el quérenos facer reflexionar sobre o feito de que que estamos a falar de persoas non en abstracto, senón no concreto e duro do día a día da vida. Persoas que teñen familia, país, cultura, lingua, relixión, amizades, estudos e experiencia laboral... coma calquera de nós...pero que teñen que saír porque alí non poden vivir. E como comunidade que tanto ten migrado, sabemos o difícil que é saír e deixar; o difícil que é saír e non saber se volverás; o difícil que é saír a vivir coa morriña permanen
Para orar e celebrar a fe na nosa terra