ATOPAR O TESOURO DA FE..... ISO NON TEN PREZO!!!!!!!! PÓRTICO Probablemente unha das maiores desgrazas do noso tempo sexa que a escala de valores que rexe na nosa sociedade e á que se agarran moitas persoas, non serve para facernos felices nin para realizarnos, senón que nos domina e nos manipula, quitándonos a paz. Cal é senón, a orixe da profunda crise económica que estamos a vivir?, por que a xente nova busca o éxito rápido e fácil, desterrando do seu vocabulario palabras como esforzo, renuncia e compromiso?, cal é o porqué de tanta violencia e tanta corrupción?. Si, podemos dicir sen medo a equivocarnos que os tesouros nos que poñemos o noso corazón non liberan, senón que escravizan máis e máis. Hoxe, de novo, a Palabra que proclamaremos pon diante de nós a realidade de que non todo dá o mesmo; pois a fe dinos que hai valores e VALORES, tesouros e TESOUROS. Oxalá sempre saibamos ver no Señor, que nos convoca nesta mañá de domingo, o TESOURO e así adiquemos a nosa vida á súa causa,
Para orar e celebrar a fe na nosa terra