Que as nosas decisións estean asentadas na capacidade de pensar, de xeito que non nos deixemos levar dos arroutos Canto gozoso Entrada.- Unha parroquia ( ) Lecturas.- Eu louvarei ( ) Ofertorio.- Recibe Señor ( ) Comuñón.- Quédate, Señor, connosco ( ) Ollos abertos Escoitemos hoxe na primeira lectura do libro do Eclesiástico toda unha invitación que non deberiamos deixar de lado no noso día a día: Non loes a ninguén antes de que razoe. Que importante isto que se nos di! Para que non nos deixemos levar das aparencias, do que nos dixeron, da imaxe que as persoas damos. Non teñamos présa, valoremos a importancia da paciencia, aprendamos a escoitar, e ben seguro que despois a nosa comprensión das situacións e as nosas reflexións e opinións, serán moito máis profundas, sensatas e válidas para poder nós e para quen as escoite. Non lle regateemos tempo a pensar as cousas, e así, acabaremos agradecendo non ternos precipitado. Para que a nosa opinión conte
Para orar e celebrar a fe na nosa terra